O xogo de non coñecerse

[regresa a la versión en castellano]

Aquela noite decidiramos actuar por separado. Ceamos xuntos, esta vez na miña casa, para establecer as regras do xogo. O que eu faría, o que el me deixaría facer, o que fariamos xuntos unha vez a partida culminase. A primeira norma cumprímola durante a cea: nada de roces, nin olladas, nin sequiera respirarnos. A prohibición explícita e a visión do que logo viría dificultaban a miña parte de responsabilidade. Xa estaba excitada no primeiro prato. Tamén a súa: érame imposible non detectar o vulto nos seus pantalóns cada vez que, estratexicamente, lle pedía que me achegase o queixo relado da cociña, ou enchese a cesta do pan. Damián mostrábase moi servizal aquela noite. Imaxinábao igual de servizal aos pés da miña cama e entón o vulto dos seus pantalóns quedaba en nada ao lado da miña erección, que me obrigaba a removerme na cadeira e cambiar o cruzamento de pernas a dereita e esquerda. Dubidaba da miña propia capacidade para cumprir as normas que, entre tostas e pratos de pasta, iamos facendo oficiais.

– Que roupa vas poñer, Nela?

– É que agora me tutea, señor Moreno? Crin que non eramos máis que uns auténticos descoñecidos… -espeteille, rozando a ilegalidade en relación á norma do coqueteo.

– Certo, señorita Bernal. Descúlpeme a falta de educación. Preguntáballe polo seu atavío para esta noite.

– É curiosidade ou un ítem a consensuar?

– Un pouco de todo – o veto ao coqueteo xa case prescribía.

– Pode deixalo na miña man. Non o defraudarei.

Co xogo visiblemente comezado, seguimos a cea consensuando normas e estratexias. Era excitante poder visualizar o que, con aparente frialdade, iamos poñendo sobre a mesa. Eu chegaría á unha e media. El faríao 30 minutos máis tarde, cando todo estivese encamiñado. Así que a media noite, como con síndrome de Cincenta temerosa das cabazas, Damián se despediu cortesmente, ofrecéndome un apertón de mans que puiden notar nas miñas pernas, e desapareceu en canto pechei a porta. Volvín a vista ao fondo do corredor. O meu cuarto. Hora de disfrazarse.

Unha ducha rápida serviume para meterme no guión. Pechei os ollos e convertín en mil mans a auga quente que golpeaba os meus peitos e cadeiras, debuxando a miña silueta suavemente, caendo polas miñas longas pernas ata perderse. Esquivei a tentación de levar as miñas á miña entreperna e conformeime co rozamento da esponxa enxaboada na zona interior das coxas, sen chegar a tocarme sequera. Debuxaba as inguas con coidado de non traspasar a fronteira. Se o facía, remataría por buscar o orgasmo, e estaba segura de que o atoparía sen dificultade. Pero non. Aquela noite non. Ese non era o obxectivo.

Volvín ao cuarto, xa seca, e parei un instante ante o espello. Gustábame o que vía e gozaba coa idea de excitar a Damián. Pensei que non incorría en ilegalidade se me regalaba unha breve caricia na miña zona púbica. Fíxeno moi suavemente, temerosa de perder o control, e verifiquei que, efectivamente, non había perigo. Así que me sometín á Nela xoguetona e, mentres coa man esquerda suxeitaba a miña longa melena no alto da cabeza, levei dous dedos da miña dereita á boca para humedecelos levemente coa lingua e volver abaixo. Fíxeno deixándoa caer, aberta, dende o embigo, e cando o anular rozou o comezo do clítore pechei os ollos con satisfacción e sorrín. A excitación golpeoume inmediatamente. “Unha pequena carga non me virá mal para o xogo desta noite”, pensei. Agasalleime cun rápido paso polos meus beizos vaxinais e dispúxenme a prepararme. As doce e media. Imos.

Un suxeitador push-up con encaixe negro. Os meus peitos rebordaban nas copas. Un mínimo tanga a xogo debuxando as redondeces das miñas nádegas. Unha blusa granate, sedosa, máis transparente que tupida, que caía con graza ata o comezo das miñas cadeiras. Uns leggins escuros, imitando coiro, resaltando a lonxitude infinita das miñas pernas axudados polos meus zapatos fetiche, os meus corte salón de agulla fina sobre os que me paseara na miña primeira visita á casa de Damián a noite do viño e a cea para tres.

Verifiquei o meu atavío no espello. Correcto. Un aspecto descoidado pero estudado ao milímetro. Asegureime de que cos tres primeiros botóns liberados se alcanzase a ver ben a unión dos meus peitos, que parecían querer saír da camisa, redondos e ben erguidos. Estaba segura de que non defraudaría ao señor Moreno. Cola de cabalo para a miña longuísima melena e pinturas de guerra. Un par de olladas máis. A unha en punto. Chaqueta de coiro e chaves. Hora de saír…

PARTE 2

Cheguei á discoteca á hora acordada. Malia as restricións impostas, a cea na casa de Nela quentárame o suficiente como para ter que cambiar de roupa interior. Non había ningún tipo de norma en canto á vestimenta, pero ela prometeu non me defraudar, así que eu fixen o propio. Escollín os bóxer CK en cor negra, axustados, marcando ben o vulto do meu paquete, os vaqueiros que mellor traseiro me fan, en azul escuro, un polo negro e as miñas Le Coq favoritas. Discreto, ben. Non era eu quen debía chamar a atención aquela noite.

Pasei toda a cea empalmado. Ter a Nela en fronte e non a poder tocar era demasiado para min. Esforzábame por mirala aos ollos, e facíao, pero o que vía non era a súa cara senón a súa caluga, a súa melena anoada na miña man, o seu corpo a catro patas e eu detrás, castigándoa de pracer. De cando en vez sorríalle e asentía, ou repetía algunha das súas palabras, ben atento a calquera pregunta trampa que puidese vir, e ela parecía satisfeita do seu interlocutor, mentres a miña polla golpeaba a cremalleira do pantalón pasando da ameaza ao ultimato. Nin quixen esconder a erección nin me importaba que ela ma notase cada vez que me pedía que me erguese a buscar máis pan ou para achegarlle o queixo relado. Parecía moi interesada en facerme sacar o cu da cadeira, pero máis interesado estaba eu ao pillala coméndome cos ollos o vulto dos meus vaqueiros, crecido cos pouco discretos coqueteos de Nela, da miña Nela.

Sen romanticismos nin pasteladas, fomos repasando as fases do plan e as normas do xogo. Decidín que non chegariamos ao mesmo tempo, prefería aparecer cando xa estivese o ambiente preparado, e ela aceptou sen chiar. Non foi tan submisa cando lle quixen preguntar pola roupa. Ao contrario, fun eu o que cedín ás súas intencións. Ao fin e ao cabo, e malia o estructurada que tiñamos a noite, o factor sorpresa podía ser moi interesante. Despedímonos na porta Nela, a miña erección e eu cun cortés e profesional apertón. Aínda que non era ás súas mans aonde en verdade quería levar as miñas. Mireina de novo aos ollos e vina pegada á parede, cabalgando sobre a miña cintura e rota polas miñas acometidas. E esa foi a imaxe coa que saín do seu portal, coa que arranquei o motor do meu Volvo e coa que finalmente me masturbei no baño, unha vez chegado á casa.

Así que cando, á hora acordada, cheguei á discoteca, o vulto dos meus pantalóns era o que eu levaba de serie. Cero ereccións. O porteiro saudoume cun ‘Boas noites, Sr. Moreno’ que me empachou o ego e ofreceuse a gardarme a cazadora de coiro. Accedín con satisfacción, consciente das miradas asasinas da interminable cola que desembocaba na porta do local e que por suposto pasara por alto.

– Sabes se Nela está dentro, Max? – pregunteille.

– Si, señor Moreno, chegou hai como media hora. Díxome que vostede viría máis tarde. Permítame que lle diga que esta noite está impoñente- espetoume.

Mireino inmediatamente, xa sen cortesías.

– Refírome a Nela, señor Moreno – aclaroume.

E, malia a escuridade do vestíbulo, case puiden velo ruborizado. Non lle puxen pegas á súa apreciación. O plan transcorría sobre a marcha. Deille as grazas a Max e baixei as escaleiras, dirixido pola música e as luces que viñan do fondo.

Mirei o reloxo. Un minuto para as dúas da madrugada. Decidín facer unha parada técnica na primeira barra, a da entrada. Nos escasos segundos que o camareiro tardou en decatarse da miña presenza, tiven tempo de detectar a ollada fixa da morena que, á miña dereita, axitaba un gin tonic de forma un tanto esaxerada. Sorriume. Mireina ben. Follable. Nada máis.

– Vodka, señor Moreno?

– Si. Grazas, Javier.

– Se está a buscar a Nela, tena na pista, abaixo. E déixeme que lle diga que esta noite está impresionante.

Sen necesidade de aclaracións, Javier gañou a propina e eu gañei o meu primeiro impulso instintivo. Intentei manter a calma. Collín o meu vodka, sabendo da aínda fixa mirada da morena follable, e, pasando descaradamente, vireille as costas para asomarme á varanda. O local estaba cheo, pero non me custou encontrala. Morena, alta e sexy, increiblemente sexy. Leggings negros, blusa granate de seda e aqueles zapatos da nosa cea con Lucas. Espectacular. Efectivamente, sen defraudar. Bailando coa copa na man. E convertida non só no meu obxectivo, senón no doutros moitos instintos animais apiñados ao seu arredor, hipnotizados polas súas cadeiras, ignorados por Nela. Mirou o reloxo e dirixiu a mirada cara a min. Dende arriba, levantei a miña copa invitándoa a seguir. Ou a empezar. Discretamente, chiscou un ollo e mollou os beizos. Arrincaba o xogo. E eu volvía estar empalmado.

PARTE 3

Á unha e media da madrugada xa estaba a pasear os meus infinitos tacóns cara á entrada. Temín por un segundo que a interminable cola na porta da discoteca botase por terra todo o perfecto plan urdido sobre a mesa do meu comedor, pero un sempre atento Max apresurouse a facerme un sinal para abrirme paso. Respondinlle cun sorriso e sentín o rubor ascendendo polo meu rostro a medida que avanzaba de forma paralela a un cóctel de miradas de sorpresa e ira. Axitadas non mesturadas. Incomodábame sobremaneira aquela mostra pública de privilexios ou esaxerada solemnidade, e calquera outro día tería esperado. Polo menos uns instantes, procurando algunha forma de discreción. Pero non aquela noite na que xa me movía tres minutos sobre a hora acordada.

Discreción non foi precisamente o que Max manexou ao saudarme. Correcto, como sempre. Pero os seus ollos, á altura dos meus peitos por efecto dos tacóns, non souberon ver alén da liña horizontal que proxectaban sobre min, así que cando rematei de quitar a chaqueta de coiro, houben de carraspear para facerlle espertar do transo e entregarlla. Recolleuna moi educadamente pero temeroso, estou seguro, de que a súa cabeza, agora acendida máis alá dos meus rubores, estalase. Sorrinlle e toqueille o brazo de forma familiar, para tranquilizalo.

– Grazas, Max.

– Boas noites, Nela. Ehmm… O señor Moreno non veu…

– Seino. Espero velo nun anaco.

Asentiu coa cabeza, ou agachouna nun intento por ocultar a súa visible incomodidade coa situación, roubándome un sorriso e un novo toque de brazo a xeito de despedida, tras a que avancei cara ao interior do local. Cos meus dous primeiros pasos, xa puiden distinguir a David Guetta e Snoop Dog invitándome a suar. Sabía que dun xeito ou outra acabaría facéndolles caso, e de feito xa empezaba a notar que a electricidade me percorría o corpo e me movía con ritmo inconsciente cara á barra da entrada, facendo caso omiso das miradas do corredor. Malia os nervios, ou talvez emoción, daquela noite, conseguín sentirme sexy, axudada pola miña acertada decisión de non descargar baixo a auga da ducha.

O sorriso de Javier tras o mostrador devolveume á terra e recordoume que o plan seguía en marcha e que, segundo o meu reloxo, Damián chegaría en pouco máis dun cuarto de hora, o que me deixaba unha axustada marxe para poñerme en situación e lanzarme á pista. Sen mediar palabra, cun simple xogo de cellas, preguntoume que tomaría. Acorde co seu minimalismo expresivo, indiqueille cun leve asentimento de cabeza que tomaría o de sempre. Veloz e efectivo, plantoume unha copa cun anaco de lima e, mentres mesturaba a dúas mans aquel prodixioso cóctel, repasou o que asomaba do meu corpo sobre a barra.

 -Espectacular- díxome, xa mirándome aos ollos.

Sorrinlle. Dende había tempo, Javier mantiña un estrano coqueteo comigo que eu adoitaba bloquear co mellor dos meus sorrisos, pero preguntábame a min mesma se sería capaz de manter aquilo baixo control eternamente ou se, pola contra, debía empezar a pensar en cambiar de local. Difícil plan B, e non só polo moito que a Damián lle gustaba aquel sitio, senón por encontrar unha escusa o suficientemente boa como para convencelo. E dende logo que o tentador coqueteo de Javier non era unha opción.

Conseguín, por aquela noite, manter activo o bloqueo. Así que puxen o mellor dos meus sorrisos, e mantíveno con especial dificultade cando me fixo saber, suxeitándome de súpeto a man, que o meu diñeiro non era ben recibido. Cun esforzo por permanecer dereita e facer caso omiso aos sinais dos meus instintos máis irracionais, din media volta e dispúxenme a baixar á pista, non sen antes darlle un bo trago á copa e activarme ao sentir o alcohol esvarando pola miña gorxa.

Unha nova ollada ao reloxo para comprobar que Damián asomaría en poucos minutos foi suficiente para levar as miñas pernas ao centro da pista e empezar o xogo, comezando por un repaso dos que serían figurantes e parte implicada no noso teatriño, que estaba a punto de izar o pano. Mestureime entre a multitude e deseguida me sentín cómoda malia as indiscretas miradas que me repasaban en vertical unha e outra vez mentres as miñas cadeiras iniciaban o seu acostumado ritual. Pechei os ollos por un instante. Cando os abrín, un agradable calafrío percorreu as miñas costas. Sorrín ante a certeza de que el se encontraba preto, e levei os meus ollos onde minutos antes me fixera coa miña copa. Non necesitei enfocar a barra. Uns pasos por diante dela, estaba Damián, espectacular co seu polo negro e o seu calculado pelo despeiteado. Salvei a tentación de correr escaleiras arriba e cinguinme ao guión. Levantou a súa copa, supuxen que abrindo o primeiro acto, e eu resposteille chiscándolle un ollo. Pasei a lingua polos meus beizos recreándome no sabor da lima e din media volta para buscar a primeira das miñas compañeiras de reparto. Non tardei en atopala e arrincar coa representación.

(continuará…)

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s