Spam en Twitter: así me librei

spam_en_twitter

[regresa a la versión en castellano]

De sempre defendeu a Fervenza, e non é cousa nova, que se escriba de sexo con naturalidade, como natural é practicalo. Pero non se fai. Eu a maldicir os prexuizos sociais e a criticar os pudores varios cos corpos de cada un, e agora atopo unha razón ben poderosa para non querer comunicar abertamente no 2.0 as cousiñas dos praceres carnais: os ataques de spam.

Alucinados estaredes co título do post. Tecnoloxía na Fervenza? Cacharreirismo como novo foco fervencil? Non. Simplemente a miña -por sorte exitosa- experiencia desterrando o spam deste noso balcón. Un relato que agardo sexa útil para fervenceiros e as de cacharreirismo raso como o meu, pois as invasións spamísticas son tan comúns no Twitter como as fotos gatunas no Instagram. Ambas parecen molestar. Pero mentres que os mininos con filtro non quedan máis que nunha coña, os perfís de followers ‘pantasmas’ acadan o nivel de coñazo. Ninguén os quere, pero aí están. Sobre todo cando usas termos como squirting que foi, no meu caso, o detonante do problema. Pero, xa que me poño seria e sen sentar precedente, vaiamos por partes…

1. A invasión
Incremento inusual de followers spamísticos, cunha media de ata 20 ao día

2. Novata optimista
Decidín bloquear e reportar manualmente cada un deles, inocente de min!

3. Paciencia esgotada
A rutina de bloqueos acabou coa miña paciencia… Ofensiva xa!

4. Feche preventivo
Conta de Twitter bloqueada (candado) a novos seguidores. Queixas dos fervenceiros por non poder facer RT :-(

6. Help! I need somebody…
Acudín ao meu gurú de cabeceira e VIF (Very Important Fervenceiro) David Serantes. Accesible e efectivo, salvou a vida do perfil fervenceiro cos seus consellos.

CANDADO, KEYWORDS E CONTRASINAL

Estos son os pasos que din para librarme, exitosamente, da invasión spamística:

a. Mantiven o candado un par de semanas, activando o perfil privado. Desta forma, só os followers aprobados accederían ao contido de @afervenzadosur
[editar perfil –> cuenta –> proteger mis tweets]

b. Detectei as keywords das que gosta o spam: borrei toda alusión ao squirting do meu historial de tuits. Coincidiu a publicación do tema squirt coa invasión

c. Cambiei o contrasinal
[editar perfil –> contraseña]

d. Fíxenlle unfollow a un par de perfís xa vellos pero sospeitosos…

E así foi que me librei eu do spam. Non vos trouxen hoxe sexo, pero agardo que consideredes práctica a experiencia que vos conto. Xa vos darei pracer no próximo post, non me sexades vicios@s! ;-)

Por aquí nos vemos, fervenceiras e os.

Bicos desde o balcón…

foto | techonzo

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s