Praia de sal e empanada de millo

[regresa a la versión en castellano]

 

'Y la luz dorada sobre tu piel' (Julia Antonio, 2009)

Na mesa, xerras e dedais de licor café a medio beber, restos dunha empanada de millo e incontables cabichas consumidas. Na miña cabeza, a xusta medida de consciencia para ver a escea, pero nada máis: nin pensar, nin falar, nin tan sequera mover o corpo. Si a cabeza, pesada como o ferro, para decatarme dunha outra presenza. Durmindo no mesmo sofá, en sentido oposto a min, coma se me ollase nun espello. O pelo acibache esvarándolle cara ao chan; os beizos vermellos, acendidos, separados; os restos de salitre tatuándolle as fazulas por baixo dos ollos e trocando de forma coa respiración que, intensificada por momentos, lle abría a blusa –aberta, como descoidada- a cada golpe de aire. De súpeto desexei limparlla coa lingua. Incorporeime, posuída polo instinto. Conformeime, porén, con poñerlle unha man no xeonllo. Estaba quente, pero non menos o estaba eu, que xa podía notar unha marea febril fervendo aló polo sur e avermellándome o rostro. O sol da praia daquela tarde abrira o camiño. O licor café e os manxares da terra fixeran o resto. Loitaba por non estourar en lapas pero non atopaba outra vía de apagalas que non fose achegarme a ela e deixarme ir aonde os meus instintos me empurraban cunha forza descontrolada. Decidín facelo. Pero paseniño…

Nunha acción a cámara lenta, a miña man ascendeu por aquel muslo de seda, esvarando ela e recreándome eu en cada recuncho, en cada peca, no doce e apetecible que se me amosaban as pretas carnes da miña musa, o meu súpeto e en parte descoñecido obxecto de desexo. Acadei o prego das nádegas coas pernas e pechei os ollos. De non facelo, tería perdido a consciencia entre golpes de sufocos e latexos desbocados. Tomei aire e a miña man continuou o camiño cara ao salvaxe, perfilándolle o corpo, sinuosas cadeiras bailando ao ritmo dos pulmóns e reducida cinturiña, a braga do bikini fuxindo do raído pantalón de praia e restos de area naquel embigo perfecto. O meu paso polos seus brazos non foi máis que un trámite para acadar os botóns da camisa, que se abriron sen protestar ás miñas ordes, un tras outro, ata amosarme os peitos da musa no seu perfecto contexto. Máis tatuaxes de salitre, máis calor e pecas, máis desexo e quentura, máis seda esvaradiza chamando pola miña man xa perdida entre as redondeces dos peitos e resistindo os golpes respiratorios… Para seguir ascendendo , non sen antes recrearme naqueles mamilos que case perforaban, por efecto do destape, as teas dun minimalista traxe de baño que xa estaba de máis. Queimada polo sol da Costa da Morte e con sabor a mar, aquela pel era o lenzo perfecto para debullar tan inéditos como soñados desexos meus que por fin loitaban por sair daquela prisión onírica.

Unha faísca espertoume do meu momentáneo letargo ao contacto dos meus dedos cos seus beizos. Estaban húmidos como a habitación e latexaban, ou latexaba eu, co pulso derretido. Co extremo do meu anular, e cun roce case invisible, percorrín a boca da miña amiga debullando unha apertura que descubrín perfecta para encaixar a miña lingua. Visualiceino con gusto e de seguido o pracer me invadiu. Que non sentiría de facelo real? A miña fervenza estaba viva como nunca e a miña boca, sedenta, suplicaba continuar o camiño iniciado, achegarse cara a eses outros beizos durmidos e liberar tanta excitación amoreada. Así o fixen, fóra de min, sufocada e cun delicioso tremor de pernas. Sóubome a sal, a empanada de millo, a unha tarde na praia, a dedais de licor café, a anos de confidencias e segredos, a crema de moras…

Abrín os ollos e peguei un chimpo. Fronte a min, e cortando como coitelos, queimando como dous mistos acesos, os ollos da miña musa, cravados nos meus, facendo dano, cunha tinguidura de sorpresa e incerteza… Collín medo… Ela non: achegou a man á miña cara nun segundo que me pareceron mil, co seu rostro tamén avermellado: ardía co enfado ou de excitación fervenceira? Tiven que agardar a que me tocase para sabelo…

'Deslízate' (Julia Antonio, 2009)

[parte II]

… pero sóubeno de seguido. Nos dous segundos que se demorou en botar a man tras a miña caluga, atar os seus dedos ao meu cabelo e agasallarme cun suave e exquisito bico. Foi como imaxinaba. Húmido, quente e salgado. Sóubome ao mar no que horas antes nos estiveramos deleitando entre inocentes xogos. Aquelas mans que me untaran en crema xogaban agora no meu pescozo. Aqueles beizos cos que compartira segredos mollaban os meus ao contacto coas linguas. Aquel traxe de baño que compraramos xuntas nas rebaixas empezaba xa a desaparecer, os seus peitos ao descuberto e nada baixo a cintura, os pantalóns no chan e a braga nos xeonllos, abríndolle paso ás miñas mans cara á súa fervenza, amigable e receptiva, ardendo coma min. Percorrín de novo aquel camiño muslo arriba para desta vez desviarme cara ao centro, cara ao corredor do pracer, cara á súa ardorosa vaxina que estaba desfeita de fervor. Na miña cociñábase un caldo de pracer, notábaa eu quente e anegada, e movíaa ao ritmo que me marcaba o meu acelerado peito. Con ese mesmo compás acariciaba docemente o seu sexo, aberto como unha flor, a piques de reventar, e os meus dedos escorregábanse por el abaixo, empurrados polo fluxo da excitación. E pola forza dos seus peitos bailaba a miña lingua, que daquela xa debullaba círculos nos seus mamilos, rosados, fermosos, exquisitos e saborosos. O seu corpo xa non lle pertencía pero, nun esforzo por controlalo, dobrou a cintura e achegou a súa boca cara a min e susurroume algo ao ouvido, non sen dificultade. Para pronuncialo ela, para entendelo eu, entre tanta respiración e bafaradas de excitación astronómica.

‘Picarona’… puiden entenderlle…

Ela gostaba das miñas acompasadas entradas na fervenza, e así o demostraba retorcendo as pernas, mordendo os beizos, tocando os seus peitos como querendo arrincalos daquel corpo xa fóra de si, berrando de pracer…

Eu ollaba aquelas pernas abertas coa maior excitación do mundo e un chisco de curiosidade. O seu sexo era fermoso, estaba vivo e abríase nunha deliciosa erección. Amosóuseme apetecible e non esperei para probalo. Lonxe dos meus prexuizos ou medos, foi unha acción que se me antollou perfecta na súa total normalidade. E así como a miña fervenza, feita caldo, me deu a orde, respondín acelerada e botei a lingua naquela lambetada rosa, saboreeina desde onde xuntaba coas nádegas ata onde se debullaba unha mínima vexetación púvica. Paseniña ao principio, por albiscar unha reacción. Máis pernas retorcidas, a boca mordida e os berros de pracer rompendo o silencio da noite foron suficientes para que elevase o ritmo da miña comida, afundindo o nariz por entre todos os beizos daquel maná, daquel paraíso do pracer, empapándome do seu doce licor, que lonxe de apagar a sede na miña gorxa acendía o meu desexo, a miña excitación, o esforzo e o ritmo dos meus pulmóns.

Ela berraba, eu embestía e cando notei que aquilo estouraba erguín a ollada para verlle a cara, aquel rostro roto de pracer, aínda máis fermoso mentres o pescozo se contorsionaba cara a atrás. Quixen bicala naqueles intres nos que se achegaba ao final do traxecto. Cunha man rebuscaba eu entre as súas pernas a chave que abrise as portas a aquela imparable marea. Un dedo para estimulala e ata catro para penetrala. Coa outra, amarreina ben do pescozo e cominlle a boca. Literalmente. E ela buscaba facer o mesmo, pero nin a lingua nin os beizos eran xa seus. Guiábanse por algunha forza que, desde dentro, facíana boneca de cera, derretida aos poucos, retorcida en cada golpe da miña man dentro dela, e fóra, e dentro, e a miña lingua loitando coa súa e mollando, como mollando a súa fervenza, aberta, viva, rota, erecta, anegada co seu licor, grande, máis grande, inmensa, estourando… Estoupoume nas mans. E o seu orgasmo foi enxordecedor, unha bomba de delicia pola que a miña amante chorou. Chorou mentres daba as gracias. E ao mesmo tempo soltaba gargalladas que me encheron de ledicia, pero que non conseguiron facerme esquecer o caldo que fervía entre as miñas pernas e que suplicaba por fuxir de min. Algo había que facer. E ela sabíao. E fíxomo saber. Acomodeime no sofá e separei as pernas. Era o meu momento…

'Pensarte' (Julia Antonio, 2009)

[parte III]

Para sorpresa e delicia do meu desexo, puiden ver como a miña picarona voltaba en si ao tempo que deixaba de ser eu para deixarme levar aonde ela quixese. Así que pechei os ollos e cando todo o que podía ver era xa escuridade, descubrín que non había máis ruido que o da miña pel respirando suor e as miñas nádegas refregándose contra as teas dun sofá que non me daba acougo. E os berros de auxilio que fuxían dos meus beizos fervenceiros, os do sur, pedindo lingua allea que bebese todo aquel zume que se escorregaba pola miña acendida vaxina. Precisaba ser penetrada de urxencia, aínda mantiña o ritmo das embestidas prendido no meu corpo e movía as nádegas en leves círculos refregándome á procura de fricción…

Cando abrín os ollos, descubrinme soa. Tiven que pestanexar e penso que o fixen ao compás dos meus latexos acelerados golpeando no peito, retumbando na cona. Non había máis rastro da miña amante que a molladura no sofá e o cheiro a sexo. Dubidei por un intre de falsas ilusións inducidas polo traizoeiro licor café e vinme incapaz de erguer a cabeza por medo a non poder recuperar o soño xusto onde o deixara. Así que voltei á escuridade por dous segundos. Agardei. Agardei un pouco máis, e cando me decidín a espertar e erguerme xa as mans da miña amante empezaban a traballarme desde o embigo. Non había suavidade, nin delicadeza, nin romanticismo. Aquelo era salvaxe, e tal como viña recibíao eu con alivio da realidade e desexo. Había química. Todo entre nós era química. Un exitoso experimento de resultados excepcionais. Baixou ao chan, os xeonllos contra a madeira, e achegoume cara a si amarrándome das nádegas. Ela tiña fame e eu precisaba ser comida.

Ela quixo comer, eu quixen xogar. Mentras se acomodaba, fixen un rápido movemento coas miñas pernas para xuntalas e ela reaccionou rápido, tentando abrir á forza as portas do meu pracer. Resistinme e elevei a miña excitación ao teito mentras a miña amante me afundía os dedos nos meus xeonllos cunha forza á que me tiven que render pronto. Tirou de min e de seguido me vin no chan, tendida, e xa non puiden facer máis que deixarme.

Deixei que me arrincase a roupa, que me abrise as pernas, que metese a cabeza entre elas, que tocase o meu clítore coa súa lingua que me daba descargas en cada toque. Levaba eu xa rato arquexando con dificultade e para cando me quixen decatar comezara a soltar berros de pracer que non eran meus senón do lume que me queimaba dentro. Deixei que comese, que lambese, que separase os pregos da miña cona para chegar máis profunda, afundir a súa cara en min, os seus beizos contra os meus beizos xa a piques de estourar. Pero aínda non. Gardárame algunha sorpesa máis antes de que a miña corrente finalmente desembocase no mar de pracer.

Cando pensei que non podía berrar máis, levantoume unha perna mentres se encaixaba ela no meu corpo unindo a súa vaxina contra a miña para refregarse, e entón puiden vela cabalgándome, fermosa, forte, cun acelerado movemento de cadeiras e os seus peitos, espidos, desbocados a cada golpe. Tiven que escoller entre berrar ou respirar e crin afogar entre espasmos corporais, descontrolados, morrendo de gusto, derreténdome do gusto, rabuñando a madeira do chan e loitando por manterme dentro de min. Gustábame vela entregada, traballando ao tempo que controlando cada movemento, cada fase do noso encontro. Gustábame que me fodese dun xeito tan salvaxe e delicioso, debullando coa súa vaxina as formas da miña…

Comprobou que estaba preto de desembocar e entón saltou de sobre min para coller algo que deixara na mesa. Doume a volta sobre o chan e eu púxenme a catro patas amosándolle todo o meu sexo desde atrás, invitándoa a pasar cando desexase. A que pasase, pero xa. Pasou o brazo pola miña cintura case obrigándome a incorporarme e entón decidimos a postura coa que o mundo finalmente estouraría. De xeonllos as dúas pero erguidas, ela tras de min, as súas dúas mans no meu embigo. De súpeto, só unha. E coa mesma rapidez, algo duro e frío me penetrou como unha cura de pracer. E saiu, e novamente adentro friccionando coa miña erección. A miña amante manexou o xoguete con esa man desaparecida. Os dedos cos que vixiaba o meu embigo baixounos ata onde remataba o meu matoxo para seguir estimulando. Cunha man por diante, outra por detrás, eu erguida notándoa ás miñas costas, o vibrador facendo o seu traballo e eu mordendo os beizos de pura excitación, a fervenza non tardou nada en abrirse e fuxir polo camiño natural, o do orgasmo, desde dentro e esvarando pernas abaixo, mentres o meu corpo, ben amarrado, actuaba por espasmos.

A forza que me empurraba abandonoume e fíxome caer sobre as miñas mans. De novo a catro patas, para finalmente deixarme xacer no chan, case sen sentido, entre sorrindo e esforzándome por vivir. Chegara. Eu. Tamén ela. Xa nada máis importaba.

Cando me voltou o sentido ollei cara ao salón. Na mesa, xerras e dedais de licor café a medio beber, restos dunha empanada de millo e incontables cabichas consumidas… Ao meu carón, ela, a miña amante, a picarona, coa ollada queda e agochada tras cabelos salgados. Os debullos do mar que tatuaran o seu corpo horas atrás foran xa borrados, pero comprobei que os seus beizos aínda sabían a mar. E a empanada de millo.

[FIN]

fotos | Julia Antonio

  1. Pingback: Praia de sal … [parte II] « a fervenza do sur

  2. muy bonito tu relato, Nela, quedo sorprendida de tu faceta como escritora! Buena mezcla de sensualidad con paisajes gallegos y en gallego! la verdad es que apenas leo en gallego y me ha gustado mucho la experiencia….

  3. Alédome moito. Gracias polas túas palabras, e agardo seguir sorprendéndote :)

  4. Nela, recorda que isto estaba “a continuar”… ;)

  5. Certo, fervenceira Julia. A terceira e derradeira parte está na neveira, outras temáticas dominicais foron deixándoa no camiño. Pero tes toda a razón, e agardo que este domingo sen falla se peche a triloxía. Moitas gracias, fermosa :-)

  6. Pingback: Praia de sal e empanada de millo (e III) « a fervenza do sur

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s