O zulo de metal

[regresa a la versión en castellano]

Tentei, sen éxito, atopar unha miga de vida naquel zulo de plástico e metal. Unha pinga de auga que poidese borrar a sede que me queimaba a gorxa. Unha fenda de aire por entre as paredes daquela prisión que se me amosaba hermética, fechada, un todo. Podía sentir como os pulmóns se encollían en cada golpe de respiración que eu tentaba arrincar en balde. Nada. Non había nada máis que claustrofobia. Os meus ollos querían ver pero a miña cabeza dicía que non e afanábase en convertir en distorsión a pouca realidade que aínda podía distinguir…

Por un momento sentín estourar toda eu enchendo cos meus restos aquel abafante espazo, pero entón os brazos deron en moverse, sen control, tolos, desesperados, golpeando as paredes, danando sen sentir xa dor… ata que a man –dereita, esquerda, non sei, non era eu, estaba fóra de min- atopou a chave da liberdade. Xirou, empurrou aquela porta artificial e ofreceume un descanso… Pechei os ollos…

Cando os abrín, puiden verme a min mesma naquel espello, o do zulo plastificado. Non fuxira. Ao contrario, atopábame ben atada, os brazos en alto pintando con vapor a parede de cristal, as pernas abertas e inmóbiles.

Non fuxira, nin do zulo nin da quentura, pero unha sensación agradable dicíame que aquelo era bo. Unha sensación e tamén aquela voz masculina que, tras de min, me impedía baixar as mans, pechar as pernas. Eu cara ao espello e el tras de min, rompiamos o silencio cunha respiración entrecortada e esaxerada de máis. Buscaba no espello algunha proba de que aquela figura que sentía ás miñas costas existía, autoconvencíame da miña propia cordura, tentando albiscar un anaco de cabelo, un torso, unha sombra sequera… Pero nada. Rendinme a aquela excitación no momento xusto para que el se achegase cara a min, o seu paquete nas miñas nádegas. Sentíao quente, próximo, vivo e escuro. Queimábame a pel, proba dabondo de que, como xa adiviñara un anaco antes, o meu corpo estaba espido por baixo da cintura, saia enrugada baixo os peitos, bragas nos nocellos, sobre os meus zapatos negros de tacón intactos. Pechei os ollos…

Adentrouse na Fervenza buscando auga, e para cando puido chegar ao fondo eu xa me estaba movendo, ben pola excitación ben pola imparable marcha do tren, desbocado el desbocada eu, e a cada embestida no meu corpo daquela bestia acendida, eu incidía cos pezóns contra o espello, desfeita en suores e segura de morrer de pracer. Todo era calor naquel zulo do que xa non quería fuxir. Buscaba ollar cara a atrás, pero os beizos daquel home mordían unha das miñas orellas e apertábanme contra o espello ao tempo que escoitaba os xemidos do esforzado amante a cada embestida na miña fervenza, unha e outra vez, os pezóns contra o espello, o suor por entre os meus peitos, a súa verga dentro, a súa verga fóra, fervíame o sexo, a súa verga a embestir e eu a berrar e esvarar as fazulas por sobre o espello, xa feito auga, e outra embestida, e xa non podía máis, e as unllas nas paredes suadas… e un berro afogado cando as portas da miña fervenza do sur se abriron como nunca antes… e entón si, desta vez si, estoupei de pracer e caín sen sentido cando as mans da besta liberaron as miñas…

Voltei ao meu lugar, aínda febril e con dificultade. A auga daquel lavabo de tren, aquel zulo de plástico, lonxe de limparme do sexo, convertérase en vapor ao roce das miñas fazulas. Enchín os pulmóns, pechei os ollos xa sentada e escoitei os latexos do meu aínda acelerado corazón. Para cando acadaron o seu ritmo natural, un sinal acústico avisou do final do traxecto. Despreocupeime. Eu xa chegara ao final minutos antes. E fixérao polo mellor dos camiños. Cun descoñecido do que xa non me acordaba…

Nela.

Anuncios