A nova A Fervenza do Sur: un balcón ao pracer literario

[regresa a la versión en castellano]

Ola. Son Nela Bernal e preséntovos a nova A Fervenza do Sur. Aos que aínda non a coñecedes, douvos a benvida e invítovos a saber algo máis de min e deste espazo a través da pestana ‘nela’. Aos que xa recaedes, sirva a páxina que ledes como explicación dos cambios que experimentou, que non son poucos:

  • espazo | A Fervenza do Sur xa non é un blog, senón un ‘balcón ao pracer literario’. Co tempo, foi evolucionando ata converterse en espazo de inspiración alén de novas e curiosidades. Por iso, o que aquí vos presento hoxe é un escaparate de literatura, co mesmo fío temático de sempre: o sexo lexítimo e legal en todas as súas perspectivas, sen tabúes e de forma natural.
  • deseño | a renovación do deseño é máis que obvia. Nese enfoque de escaparate entendín que se impoñía unha imaxe máis visual, accesible e ordeada. Escollín a plantilla Imbalance 2 de WordPress. Ao mesmo tempo, limpei o balcón de todos aqueles obxectos e mesmo contidos que supoñían ruido. O resultado é unha páxina dividida en tres espazos (cabeceira, área de contidos e pé) moi claramente diferenciados. Na cabeceira atoparás un menú reducido á máxima expresión e con tres epígrafes:
    1.- **NEW** pestana de novidades, na que te atopas agora mesmo
    2.- menú_ ofrece, en lista desplegable, as pestanas básicas do menú: nela (o porqué de A Fervenza); filosofía (o ‘follar as mentes’ que sempre nos acompañou); galería (as xa clásicas ‘olladas’); media (difusión noutros medios) e contacta.
    3. contidos_ poderedes acceder aos relatos, as entrevistas, as ‘olladas’ (‘miradas) e o blog.
  • idioma | foi o cambio máis difícil e máis arriscado de todos, teño que dicilo. Tampouco me gusta consideralo como un cambio senón máis como unha evolución e demanda naturais que me levaron a ampliar as opcións lingüísticas do contido. Sei que a algúns lles dará igual, outros agradeceranmo e unha parte dos xa lectores fervenceiros non o entenderá. Son consciente. A decisión non foi doada e ocasionoume algún que outro insomnio nestes intensos días de reformas. Finalmente, a opción escollida é a que vedes: relatos accesibles en castelán e en galego, e contidos do blog presentados aleatoriamente nunha ou outra versión. Co avance do tempo, disporedes das dúas opcións en absolutamente todos os contidos. Nin é traballo dun día nin me podería permitir manter A Fervenza do Sur pechada moito máis tempo. Agardo que o entendades. En todo caso, hai determinados conceptos como o propio nome da web, as ‘Olladas’ (‘Miradas’) ou o título de ‘fervenceiro’ e ‘fervenceira’ que permanecerán inamovibles. Non pode ser doutra forma.

Ata aquí as novidades que veño a contarvos. Esta e a nova A Fervenza do Sur, un espazio remodelado pero coa mesma esencia de sempre. Un escaparate de inspiración. Un balcón ao pracer literario ao que estades tod@s invitados. Aquí vos agardo.

Nela Bernal
(31.marzo.2013)

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s