Nela Bernal e A Fervenza do Sur | Por que?

[regresa a la versión en castellano]

afervenzadosur

Gastemos un intre en coñecernos porque, quede claro, isto non vai ser chegar e encher. Non nesta ocasión.

A este lado da cama, a que vos escribe, que pouco máis ten que facer que introducirvos ao que pretende ser un GPS do pracer a través das coordenadas das sexperiencias -que mellor fonte de coñecemento?-, as reflexións, as anécdotas, as inspiracións literarias e as novidades científicas na materia, que habelas, hailas. E o que veña…

Na outra beira, os que, presupoño, se asoman ao balcón de Nela para escrutar tras as teas que filtran as miñas fiestras. O pracer é voso. Invitados quedades a disfrutar e compartir neste blog de sexo, que non de xénero. Facédeo a través da sección CONTACTA

Con estes tres parágrafos presentaba A Fervenza do Sur nos seus primeiros días de vida, aló por xuño de 2010. Entre aquel intre e este que me ocupa (marzo-2013) pasaron non só case tres anos senón unha morea de cousas novas por este balcón. La principal, o enfoque do que nun principio foi un blog de sexo cara ao que hoxe é un escaparate cara ao pracer máis enfocado na  inspiración literaria que na actualidade. Segue vixente, en todo caso, o porqué deste espazo:

Comparto a teoría de que as redes sociais e internet en xeral democratizaron o acceso ao sexo como produto na medida en que xa non acudimos ás seccións máis escuras do videoclube ou ás películas codificadas do plus, senón que podemos acceder a grandes buscadores de porno, blogs sobre sexo ou páxinas de información (que non falten) en calquer momento e desde calquera localización. As redes sociais pornográficas xa se atopan entre as máis visitadas tras experimentar un incrible auxe.

É máis: pasamos de ser voyeurs ou miróns agochados a verdadeiros exhibicionistas que colgamos as nosas cintas caseiras ou fotografías eróticas na rede. Sempre nun contexto de sexo lexítimo.

Os deportes gústannos, fannos vibrar, comentámolos, debatímolos, expresamos as nosas posturas claramente. A economía preocúpanos, porque nos toca de preto, e ao mesmo tempo enrabéchanos e frústranos. O sexo, sen dúbida, tamén nos gusta, fainos vibrar, e mesmo nos enrabecha e frustra, pero non comentamos tan abertamente as nosas posturas, desta vez sexuais, nin debatimos ou nin tan sequera nos expresamos coas nosas parellas sexuais. E iso é o que hai que solucionar. Non defendo un exhibicionismo nin un todo vale, pero si  atopar un punto intermedio no que o sexo sexa, por fin, algo natural.

A Fervenza do Sur segue esta filosofía e ten oco para todo: anécdotas, sexperiencias, novas, relatos… cun único fío temático que é o sexo, lexítimo e legal, por suposto, en todos os seus sentidos e sen tabúes, prexuizos nin distinción de xéneros.

O blog naceu en xuño do 2010 e sufriu unha reforma completa de forma, non de fondo, un ano despois con motivo do triste peche do xornal GALICIA HOXE.

A idea de base non se modificou: o sexo vai con nós toda a vida, desde que nacemos e ata que morremos, todos temos contacto con el nalgún momento. Os que o practican, os que lle temen, os que o rexeitan… todos, canda menos, pensamos nel.

Non me obsesionan as cifras. Con que me lea unha persoa a función comunicativa está cumprida: deixo de masturbarme, literariamente, para ter sexo compartido, que sempre se agradece.

Nela Bernal
(extracto da presentación do blog
no Compostweets | febreiro-2012)