Finando o verán | Ollada Fervenceira

Finando o verán

[regresa a la versión en castellano]

Seica finaba o verán, e ela ollaba ao ceo gon gran temor. Xa tiña claro que tardaría en ver de novo ese sol que lle quentaba a cara e só pensaba en embebedarse del unha vez máis e gardar para o frío inverno. Con mágoa, viuno agocharse por tras do mar como nunha agonizante despedida. Laranxa, grande e potente, deixoulle que cuspise sobre ela os últimos golpes dun estío perfecto. Sentiuno nos pulmóns, enchidos como nunca. Sentiuno no corazón, e polo mesmo corazón respiraba. Sentiuno entre as pernas, lubricándolle a vida, acendéndoa e partíndolle o corpo por baixo do embigo cun lóstrego carnal e de puro sexo. Cunha enerxía animal xamais sentida, allea a este mundo…

Logo viu como se alonxaba por tras do mar. Seica o verán, irremediablemente, finaba. Pero entendeu que o outono chegaría de seguido. E soubo que ese sol do verán que lle daba a vida e que a mataba (de pracer) non marcharía máis. Tardaría en sentilo de novo queimándolle a pel, cuspíndolle calor… Agochado, afastado ou alleo… Pero sempre aí, dándolle luz. Sempre aí, dándolle vida…

 O mundo a ollos da Fervenza e a Fervenza a ollos do mundo, aquí

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s