Copa menstrual

copa_menstrual

[regresa a la versión en castellano]

copa menstrual. O seu nome é abondo descriptivo. É precisamente iso: unha ferramenta en forma de copa usada para os días de menstruación. Fabricada maioritariamente en silicona e con varios tamaños, ten un funcionamento tan sinxelo como complicado. Recoller o fluxo menstrual, baleiralo, limpar a copa e reutilizar. Así, de entrada, semella doado, mesmo rutineiro. Pero, hai que recoñecelo, require unha práctica naquelas que non somos usuarias. Eu non o son, confeso. Pero teño na miña lista a curto prazo de things to do, probala. E contárvolo, fervenceiras, por suposto.

Ata agora gadget moi minoritario e mesmo descoñecido, parece estar facéndose oco aproveitando o tirón do aforro e a filosofía do verde. Do aforro porque, malia ser máis cara que os tampóns ou as compresas, só require pagar unha vez por un produto que dura ao redor de dez anos. Do verde porque non leva químicos na súa composición e é reutilizable. Ademais, é un sistema seguro porque evita o risco da coñecida como Síndrome de Shock Tóxico (SST) aparellado aos tampóns. 

As mulleres menstruamos, de media, durante 41 años. Chegamos a usar un promedio de 10.000 compresas e tampóns durante toda a vida, mentres que cada ano se botan ao lixo no mundo uns 45.000 millóns de compresas e tampóns, segundo datos que recolle a web Crianza Natural. Unha copa menstrual, no entanto, dá servizo para unha década completa. Con evidencias como esta, non parece haber razóns para que siga sendo un gadget discriminado. De feito, cada vez é máis doado adquirila a través de internet ou en redes de comercio ecolóxico, cun prezo que rolda os 30 euros.

FABRICADAS E NO MERCADO DESDE OS ANOS 30

Dacordo con Wikipedia, a primeira patente dunha copa menstrual ou vaxinal está datada do ano 1932, aínda que ao parecer xa existen copas máis rudimentarias en circulación desde 1867, dacordo con informacións do Museo da Menstruación e Saúde da Muller. Ao remate da Segunda Guerra Mundial, interrompeuse a súa fabricación en Estados Unidos por non ser rendible, por escaseza de latex e polos prexuizos femininos na manipulación dos xenitais e as secrecións vaxinais. Máis recentemente, cambiouse o látex pola silicona médica, máis segura e a proba de alerxias.

Por se quedan dúbidas, déixovos un vídeo explicativo bastante gráfico que vos pode aclarar as ideas.

Que opinades, fervenceiras? Parécevos unha boa alternativa? Contareivos máis da copa menstrual cando faga uso dela.

Agárdovos por aquí, xa sabedes.

Bicos desde o balcón…

foto | pasionporvivir

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s