Compostweets 2013 | Non hai dous sen tres

compostweets_2012_foto_de_manu_dibuja

[regresa a la versión en castellano]

Vai facer xa un ano que perdín a virxindade. Pero síntoo vivo como se fose onte. Como para calquera, foi unha experiencia que me marcou a vida. Hai un antes e un despois daquelo. Lembro nervios, excitación, pánico escénico, moito ensaio na casa e charlas pedindo consello a expertos e expertas. Sería breve, uns poucos minutos, pero estaría moi exposta e quería que todo saíse ben. Non foi traumático senón todo o contrario. Houbo risos, complicidade, apoio e moito agarimo. E moita, moita satisfacción. Perdín a miña virxindade, a blogueira no Compostweets 2012, aquel sábado 25 de febreiro, e nada volvería ser igual.

Porque non hai dous sen tres, acábase de anunciar para o 22 de marzo o III Encontro Anual do Social Media en Galicia. O Compostweets 2013 , para entendérmonos. E é por iso que me acompaña no balcón unha ledicia salpicada de nostalxia do que vivimos un ano atrás, isto é, na segunda edición. Botando un ollo á xenial galería de Manu Dibuja revivín hoxe grandes momentos, sublimes encontros e inesquecibles intres que forman parte xa da historia vital deste blog. Aquel día naceu a verdadeira comunidade fervenceira.

Nostalxias fóra, o fío condutor da edición deste ano do Compostweets serán os negocios, pensados ou postos en práctica, en internet. Da man de Rodolfo Carpintier como poñente estrela, coñeceremos as vías de éxito e fracaso do emprendemento online. Haberá, ademais, un espazo aberto a propostas que serán analizadas e seleccionadas por expertos en Social Media e Business Web, tal como avanzaron esta semana os organizadores do evento. Hai un formulario específico na web do Compostweets, na que irán informando de todas as novidades da edición deste ano [ver programa]

Como bos amantes da 2.0 e porque xa hai ganas de Sarao Media, o 22 de Marzo temos unha cita. Non a penso perder. E ti?

Bicos desde o balcón…

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s