Cea a tres. Rendida a Baco.

[regresa a la versión en castellano]

Rendida_A_Baco

 pracer da cociña a catro mans
a complicidade entre dúas persoas
ao redor dunha mesa …
as olladas nunha cea para dous
(ou para tres)
cociñar como método de seducción,
comer cas mans, intercambiar fluidos,
o post postre…
un final feliz …

Avanzaba polo empedrado co medo de perder un tacón ou a cabeza e apurada polo autoritario son da Berenguela, que me informaba puntual. Chegaba tarde, para variar, e o desacougo crecía en min ao mesmo ritmo que o meu corazón se desbocaba. Por fin aquela noite, por fin a cea que levaba meses agardando…

Accedín a aquela angosta ruela escoitando xa só as miñas pegadas no chan. Era unha desas noites de primavera que sabían a verán en Compostela e os veciños da cidade lanzáranse á rúa a probar esa sensación de camiñar baixo a lúa cos brazos nus. Pero quedaban xa lonxe, contemplando a beleza nocturna da Catedral e enchendo as xa abarrotadas terrazas da Quintana.

O termómetro decidira aliarse comigo aquela noite para que poidese descubrir os ombreiros e a espalda. Un vaporoso vestido negro amarrado a min só polo pescozo e os finos tacóns eran os meus únicos acompañantes naquela carreira a través da zona vella. Os únicos. Sentía unha leve brisa en cada cruce de pernas e os meus peitos celebraban con ledicia os seus intres de liberdade baixo a roupa. Fun baixando o ritmo e entón voltaron aos seus postos, ben colocados invitando a pasar por entre eles. Parei. Unha porta de madeira. Unha casa con encanto. Número 20. Xa chegara.

Gastei un anaco en respirar. Pasei a man pola miña longa melena, recollida aquela noite cun pau dorado que facía as veces de picaxeos de urxencia. Coloquei o vestido. Abrín a carteira. Comprobei o iPhone, un pouco por rutina, un pouco porque aínda albergaba o temor dunha anulación de última hora que me obrigase a desfacer o camiño andado. Dúas notificacións de Twitter, algún novo follow e unha chamada de miña nai. Nada que non poidese agardar, así que pulsei o interruptor do ‘modo avión’ para logo facer o propio co do timbre. Puiden botar unha ollada rápida á muller que se reflectía no escaparate ás miñas costas e reaccionei con aprobación. Víame ben, víame guapa, aquela noite conseguira estar radiante.

Un ruído fíxome voltar á porta de madeira, que xa desaparecera para amosarme unha sombra por entre as luces, uns ollos na escuridade. Era el. Enchín de aire os peitos, erguín a cabeza e cun sorriso distraído entrei na casa con paso firme. Pechou a porta tras de min. Eu non apurei o paso porque quería relamberme con cada segundo preto del. Aquela noite el cociñaba para min. E aquela noite eu sería o postre…

O recibidor estaba a escuras, pero polo oco da escaleira viña un tentador resplandor chegado desde o primeiro piso. Ordeeille ao meu traseiro que deixase de contonearse para voltar a cabeza cara a el e botarlle unha ollada con interrogación. Extendeu a man invitándome a subir e obedecín. Non tiña intención de poñerme submisa aquela noite, pero buscaba desesperada unha luz que me deixase verlle o rostro, eses ollos que me queimaban, eses beizos que tantas veces antes me mollaran. Así que obedecín asegurándome de que me seguía moi de preto para ser capaz de notar baixo o meu vestido negro unhas nádegas que eu me afanaba en facer bailar a cada avance dos meus pes escaleiras arriba. Xa arrecendía ao primeiro prato…

Chegada ao primeiro piso, houben de pechar os ollos un intre ata asegurarme de ter cómodas as pupilas. Fíxeno e quedei paralizada. O que alí había non parecía certo, semellaba máis salido dalgún soño. Cociña e comedor compartían un espazo diáfano e branco salpicado polo sofá morado que, estratexicamente situado, deixaba controlar a vista da televisión e máis a que se abría tras unha ventana de dimensións infinitas que debullaba a paisaxe de Santiago coma nun cadro a tamaño real.

Pechei a boca e decateime de que estaba seca, así que instintivamente levei a lingua a acariñar os meus beizos.

– Unha copa?

Esquecera que non estaba soa, polo que a voz de Damián me arrincou do meu ensoñamento cun pequeno salto que acelerou o meu corazón. Ou quizais xa viña acelerado de casa, e esa voz non me axudaba a calmalo. Respirei cos dous pulmóns, un terceiro se o houbese, e ollei cara a el. Non lembro como me puiden manter en pe, nin sequera fun capaz de dicir un ‘si’, e limiteime a facerlle un aceno coa cabeza, pensando que esa copa que me ofrecía sería a miña salvación.

Coa ollada seguín a súa traxectoria cara á cociña. Un pantalón negro de pinzas baixaba polas súas pernas ata caer sobre uns zapatos italianos da mesma cor, elegantes e con moita clase. Como el. Todo en el era elegancia e clase. Exquisito ata no descolocamento estudado da camisa blanca por fóra do pantalón e engurrada nos cóbados. Axustábase no corpo e debullaba a súa boa figura. Notábaselle o ximnasio. Despeiteado e cunha barba de dous días, o seu pelo castaño escuro brillaba especialmente. Era todo o que eu desexaba e aquela noite era para min. Ía saber que agochaba baixo a camisa, ía coñecer o sabor da súa pel e por fin calmaría aquel ardente desexo que me queimaba a fervenza e que xa non podía conter. Non o faría máis.

– Que tal, Nela?

Fíxoo de novo. Espertoume do soño e decateime de que o meu plan de control non estaba saíndo todo o ben que agardaba. Chegara radiante e segura de min, pero naquel intre xa me fixera algo máis pequena. A súa voz encollíame e facíame cravar os meus altos tacóns ben profundos no chan. Esa mesma voz que me estremecía ao pronunciar o meu nome. A mesma que oira por primeira vez meses antes naquela cata de viño á que, por casualidade e por acompañamento solidario, acudira sen interese. Aquel día, perdida entre conversas alleas a min, aos meus ouvidos chegara de súpeto a voz de Damián. “Sempre hai un dúo clásico na maridaxe entre mariscos e viños brancos. Partindo de aí, un Albariño corte clásico, máis ben seco… sen dúbida un Rías Baixas do Salnés ou un Condado, farían unha maridaxe máis que correcta, onde a salinidade do marisco mistura perfectamente ca do viño…” Estaba na sala contigua, impartindo unha especie de master class do viño, e non puiden evitar mesturarme por entre o público arrastrada por un instinto primixenio de atracción. Algo pasou por min aquel día. “Existe unha entelequia no mundo do viño que di ‘si’ á proximidade dos viñedos co mar, e fai que este último traslade a salinidade á uva, e da uva ao viño, e do viño á boca… dos beizos a… e así unha roda e voltar a empezar…” Aínda que pasaran meses, e xa perdera a conta, era capaz de lembrar, e escoitar, cada unha das palabras que lle escoitara dicir aquel día. Fixérame co video en Youtube e pasara días e días estudando os xestos, as verbas e os pestanexos de Damián. Magnético, sexy e arrebatador, co tempo inculcoume a súa paixón pola cociña e os viños. E aquel día, por fin na súa casa e por primeira vez, ía agasallarme con paixón fóra da cociña. Voltei á terra.

– Si, moi ben. Gracias. Tes unha casa espectacular.

Entregoume a copa e xuraría que notei e vin a electricidade cando o seu dedo índice rozou a miña man. Xa estaba totalmente excitada e non tiña a seguridade de poder aguantar toda unha protocolaria comida antes do postre. Sobre todo cando, unha vez o viño branco estaba xa comigo, se achegou á miña cara para bicarme moi preto da comisura dos beizos. Apretei os xeonllos con intención de non caer e conseguinno, non sen esforzo. Vin como voltaba á cociña, co mesmo paso elegante e sexy, mentras a miña fervenza se congratulaba coa idea de telo aquela noite só para min. Encontros ás agochadas e disimulos ata a fatiga acabaran por desgastar a miña paciencia, así que cando as nosas vidas estaban por fin ordenadas e Damián me convidou a cear, un anhelado alivio veu para quedar comigo. Por fin alí. Por fin sós. Ou iso pensaba eu.

Aproveitando a súa ocupación na zona dos fogóns, achegueime á mesa e deixei a carteira para centrarme no viño. Mantel negro, vaixela branca e utensilios para marisco. Semellaba perfecto, pero algo non encaixaba naquel bodegón. Ollei por un intre agardando atopar o erro e deseguido me decatei. O seu prato. O meu. E un terceiro. ‘Que…?’

– Como van as centolas?

Unha voz descoñecida pegou nos meus ouvidos con dor. Quen era aquel home e quen o invitara ao meu soño? Desencaixeime eu e penso que o meu rostro, porque o descoñecido calou de súpeto e Damián non tardou en reaccionar.

– Nela, este é Lucas, o meu socio no restaurante. Ceará con nós esta noite.

Quedei de pedra, incapaz de clasificar o meu estado de ánimo. Unha mestura de ira e decepción sacaba a cabeza por entre as ganas que eu tiña de fuxir de aló. A risco de botar unha bágoa de rabia, non puiden dicir nada máis que un ‘hola’ claramente violento. Falárame daquel Lucas nalgunha ocasión, e de feito nos últimos días insistía bastante en contar cousas del. Non alcanzaba a comprender que significaba aquelo, estaba incómoda, sentíame fóra de lugar, espida e exposta, e por primeira vez na noite botei en falta a miña roupa interior.

Convertinme en espectadora accidental dunha escea que, con todo, se desenvolvía con naturalidade. Damián na cociña, Lucas con el, botándolle unha man e rindo con complicidade. Pensei que se ao final resultaba estar desinteresado non só en min senón no xénero feminino en xeral e que se o caldo que mellor maridaba con el era o de Lucas e non o meu, de seguro sería máis sinxelo contarmo igual que tantas outras intimidades compartiramos nas nosas longas conversas. Que se a forma que escollera para deixar claro que nunca me bebería, era aquel extraño teatriño que tanto me incomodaba, perdía entón toda a elegancia que parecía ter. Non sabía que pensar. E alí estaba, en pe ao carón da mesa como parte dun mobiliario saído dalgún catálogo. Sentía as meixelas arder e non era polo viño que bebía xa de forma compulsiva, agardando atopar na copa algo de lucidez.

– Sentamos?

Interveu Lucas para espertarme do coma e eu obedecín case de forma automatizada, mentres ollaba para o terceiro prato da mesa, sobre o que debullaba miles e miles de signos de interrogación sen resposta mentres vía diluirse a imaxe das mans de Damián subindo polas miñas pernas ata perdérense por entre os meus beizos fervenceiros desfeitos en auga; xa non alcanzaba a visualizar o seu peito espido por baixo de min mentres o cabalgaba; nin a imaxinar a súa suor pingando nos meus pezóns duros, firmes e castigados de pracer… Todas esas fantasías tornábanse invisibles pero as ganas alí estaban, e cando vin que se achegaba á mesa coa bandexa de marisco houben de cruzar as pernas para controlar os latexos da miña entreperna xa húmida. Desexaba a aquel home máis que a nada e vía que finalmente tería que ser eu mesma quen baixase as miñas propias pulsacións. Estaba furiosa con el, e furiosa comigo polas horas de preparación aquela tarde, por escoller con tanto esforzo a vestimenta e por ter levantado o vestido para acariñar o meu pube ante o espello imaxinando o sexo que tería aquela noite.

Cando me quixen decatar, xa tiña algunhas pezas de moluscos no prato e Damián e Lucas comentaban divertidos, enfronte de min, algo relacionado co marisco, ou co mar, ou co restaurante ou eu que sei. Non me interesaba nada a súa conversa, estaba centrada no meu desexo de desaparecer a través daquela fiestra infinita e darme de fronte coa Berenguela da Catedral. Sería un bo desenlace. Ao fin e ao cabo o golpe non suporía nada en comparación coa laparada que recibira esa noite. Tentada a botar a correr cara ao baño para procurar algún tipo de alivio masturbatorio que me permitise recuperar a cabeza, tomei a milagreira determinación de rematar a noite con dignidade. Se Damián non tiña a suficiente elegancia como para evitar aquela película, claramente incómoda para min, non me ía poñer eu á súa altura. Sería a Nela que decidira ser, segura e radiante e, sobre todo, elegante. Daríalle unha lección.

– Así que tes un blogue.

As boas intencións de Lucas por abrir conversa foron un bo movemento para arrincar a partida. Aquela noite xogaba con todas as miñas pezas e non tiña pensado perder. Pasei a man polo pelo, instalei o meu mellor sorriso e acheguei os brazos a ambos lados dos meus peitos, apretándoos baixo o vestido. Aproveitei a distribución na mesa para amosarlle a Damián, xusto enfronte de min, que tiña un par de boas razóns nas que nunca chegaría a profundar. Ou iso pensaba eu…

PARTE II

– Si, un blogue de sexo. Escribo nel desde hai un par de anos, aínda que ultimamente o teño bastante abandonado. Penso que me está faltando inspiración- En canto pronunciei a sílaba acentuada da última palabra, agasallei a Damián cunha das miñas olladas máis velenosas.

– É estupendo. Eu sempre quixen escribir, teño moitas ideas pero ao final nunca atopo un intre para facelo. O restaurante sácame moito tempo…

Si. O restaurante e máis o chef. Decateime de que estaba fixando no estómago un estado de celos que non me agradaba nada. Esquiveino e continuei co meu brillante papel.

– Se algunha vez te animas,  leereite seguro- díxenlle cunha finxida sinceridade que ata me enxordeceu a min. E cando aínda non acabara de dicir ‘seguro’, algo me sobresaltou por baixo da mesa. Un zapato xogaba por entre os meus tacóns, sen chegar eu a distinguir quen era o seu dono. Que significaba aquelo? Deixei pasar un par de segundos para verificar que efectivamente non se trataba dun erro. Algún daqueles dous homes, daquela presunta parella, estaba mantendo unha conversa cos meus pes en segundo plano. Tentei ordenar as miñas ideas aproveitando que voltaban entrar nunha charla sobre non sei que proveedores, para fixar os ollos na mesa, atravesar o mantel coa ollada e destapar a identidade do dono daquel pe. Tiven que conformarme con facer memoria e visualizar o calzado dos meus acompañantes. Damián: zapato negro, pel, italiano. Podería ser, sentía un tacto suave sobre os meus nocellos. Lucas. Lucas? Non sabía. A súa sorprendente e triunfal saída do baño despistárame dabondo como para sequera fixarme nel. Seguían eles coa interesantísima e profunda conversa de pedidos e albaráns, así que puiden botar unha ollada ao invitado sorpresa. Ou ao que amosaba por riba da mesa. Tentada de deixar caer a servilleta e perderme baixo o mantel, conformeime coa metade superior. Polo branco sobre pel pintada polo sol, pelo castano claro caendo sobre uns fermosos ollos verdes. De súpeto amosóuseme apetecible, incapaz eu de discernir entre a necesaria obxectividade e a excitación que me fervía entre as pernas.

Atopábame concentrada no exame visual cando o propio examinado se decatou do meu interese e abandonou aos proveedores para voltar a min. Dedicoume un sorriso e rescatoume da miña parálise non sen antes agasallarme cunha vergoña que avermellou a miñas xa acendidas meixelas.

– Perdoa, Nela. O monotema do restaurante, xa sabes…

–  Claro, non te preocupes –respostei cunha caída de ollos. Pero que fas, Nela?, pregunteime de seguido. Trasladei os ollos aos do meu noutro tempo case amante, buscando unha interacción. Os seus pes, segundo a conclusión á que puiden chegar, seguían traballando nos meus e iniciaban un interesante ascenso pernas arriba. Aplaudinme pola agora xenial idea de non levar bragas. Se a partida continuaba por esa dirección, acabaría por gañar canda menos algún roce xenital. Gustábame a idea de ter a Damián entre as pernas, fose a lingua ou algunha extremidade súa, e a excitación dese pensamento mesmo conseguía apartar da miña mente a confusión que me creaba aquel extrano teatriño. Seguía sen saber que pasaba, pero sentir a aquel home que tanto desexaba camiñando polos meus muslos, xa sen zapato, anulábame a vontade de preocupación. Así que decidín disfrutar de Damián. Quizais Lucas non era máis que un peón naquel taboleiro de xogo. Quizais un secundario que faría mute polo foro nalgún intre da noite, tras o café, para deixarnos sós en escea, sen público xa, nin apuntador, nin director nin nada, porque aquilo era obra nosa, dos dous, e seriamos nós os encargados de baixar o pano.

Coñecía ben o gusto de Damián por saberme sen roupa interior. E non era a primeira vez na que quedaba sen ela por vontade directa ou indirecta súa. Movín as pernas e sentín friccionar a miña propia pel, quente e suorosa, humedecida por efecto da natural lubricación do meu centro de gravidade. Pechei os ollos para respirar e lembrei aquela outra ocasión. Algunhas semanas despois do primeiro encontro con Damián, xa establecida unha estratéxica conversa 2.0 con el e convencidos ambos os dous de compartir unha conexión especial nunca antes experimentada, decidimos atoparnos casualmente nunhas xornadas sobre A pegada de Baco na arte, en Santiago. Eu acompañaba de novo a Isa, esa amiga miña realmente interesada no mundo do viño. A primeira vez fora obrigada. Desta, voluntaria e case por iniciativa propia. Chegamos ben cedo ao edificio da Fundación Caixa Galicia, na rúa do Vilar, así que tivemos tempo de botar un ollo á exposición temporal, unha mostra de cartelería cinematográfica ben interesante pero á que só atendín protocolariamente. Levaba o iPhone na man e consultaba de xeito autómata e case obsesivo a lista de Mensaxes Directas do Twitter. A última de Damián, da noite anterior, dicía ‘Doces e húmidos soños’. Non sabería nada del ata velo aparecer pola porta, e xa me tardaba o momento. Preparárame a conciencia aquela mañá. Preto de dúas horas foron necesarias para por fin decidirme por unha falda lixeira que remataba nos xeonllos e unha camiseta que verdadeiramente invitaba a mirar. Era consciente, pero aferrárame ao argumento da canícula de calor que varría Compostela naqueles días do mes de xuño.

Chegada a hora, achegámonos á sala da conferencia seguindo a aquela pequena marea de xente e sentamos nas últimas filas. Precisaba unha boa vista da porta de entrada e a Isa non lle pareceu importar a miña preferencia. Procurei entre as cabezas os ollos de Damián, pero sen resultado. Non estaba alí, e empezaba a pensar que eu tampouco debía. Non era lugar para min e estaba a piques de aturar catro horas dun discurso que non me interesaba. Acomodeime na cadeira e prestei atención, non sen antes botar un ollo ao Twitter. Pero sen resultado.

Pasada non máis de media hora, o tempo xusto para as verbas inugurais da charla e a presentación do primeiro poñente, e con intención de agochar un inevitable bosquexo, estaba convencida de que sería o primeiro de moitos, presteille atención á porta e por un intre deixei de notar o corazón. Alí estaba, en pe, mans nos petos do pantalón, con ese aire informal pero preparado que me volvía tola. A min e a unhas poucas máis que, desde os seus sitios, retorcían o pescozo á búsqueda dun mellor ángulo de Damián. Era verdadeiramente atractivo e apetecible. E o meu corazón semellaba sabelo, porque de seguido voltou para golpearme o peito con forza, cun estrondo que se podía escoitar desde fóra e que pensaba que acabaría por interromper a conferencia. Cambiei o xogo de ollos para atender ao presentador unha vez que Isa se revolveu no asento. Buscaba discreción, e desde logo que dirixir a cabeza noventa graos ao leste da mesa de poñentes non era o máis discreto. Atendín á conferencia, ou fixen como que tal, dous ou tres segundos para buscar de novo a Damián. Temía que nun deses movementos desaparecese deixando un rastro de fume. Seguía alí, agora apoiado na porta, cos seus jeans e un polo negro, e escribindo algo no iPhone. Consultei o meu. Entrei no perfil de Twitter. Unha mensaxe directa. E moi clara: “As bragas. Agora”.

– Vou ao baño- Disculpeime ante Isa, agardando que non fixese preguntas. E non as fixo. Así que me dirixín á saída silenciando os meus tacóns no aire e tentando non molestar ao atento público de Baco. Exitosamente, cheguei á porta sen espertar interese algún. Tan só o de Damián cando pasei ao seu carón lentamente e cravando os meus ollos nos seus. Respostoume cun sorriso que descargou electricidade na miña fervenza, que xa palmeaba de excitación. Puiden ver un anaco de lingua asomando por aqueles fermosos beizos e non tardei en imaxinala traballando en min e para min.

Entrei ao baño co único propósito de desfacerme da miña roupa interior. Gustábame aquel xogo tanto como a el, pero botaba en falta dúas mans que me axudasen. Parei un segundo para respirar e verificar o meu estado. Sentíame chea de poder e sedenta dos beizos de Damián, ao que de súpeto vin no espello, tras de min. Seica non pechara a porta, e feliciteime por elo. Tampouco o fixo el, alimentando a miña excitación ao tempo que se achegaba para poñer as mans nas miñas cadeiras enrugando a saia nelas. A tea subía lenta espindo os meus muslos ao seu paso mentras sentía a súa respiración no pescozo, nos ouvidos, … sen poder eu case moverme. Estaba xa contra a parede, brazos en alto e  pernas separadas. Cando toda a saia estivo na miña cintura, as mans de Damián acariñaron o mínimo e anegado tanga de encaixe azul que puxera aquela mañá sen intención de perdelo. Agora xa me sobraba. Separou a tea das miñas carnes con coidado, cun único dedo en cada cadeira, deslizando o minúsculo tanga pernas abaixo. Notei como se despegaba dos meus beizos vaxinais, enchidos e erectos, cun movemento silenciado pola palpitación do clítore, que loitaba por fuxir de min. A excitación era tal que chegaba a un punto insoportable. Precisaba descargar aquela dolorosa erección que crecía ao roce dos dedos de Damián debullando as miñas pernas. Chegado ao nocello, separou o meu pé dereito do chan para liberar o tanga do meu corpo e fixo o propio co esquerdo. Supliqueille, non sei como, que me axudase ou que me matase xa. Non había recuncho do meu corpo que non suase ou lubricase, e o risco de que algún alleo abrise a porta imprimía presa e ganas ao involuntario movemento da miña fervenza chamando aos dedos de Damián.

Cos xeonllos no chan e as mans de volta nas miñas cadeiras, de xeito case imperceptible deixou viaxar o seu nariz paseniño muslo arriba para bicarme as nádegas e acariñarmas cun sublime roce que me fixo soltar un ‘por favor’ tras outro, pedindo clemencia, suplicando que me condenase xa, nunha rendición voluntaria á que respostou erguéndose e entrando en min con dous dedos que soubo mover cun ritmo e unha destreza exquisitos e que me levaron a un orgasmo case instantáneo, a pechar os ollos tentando non perder o sentido. Tremíanme as pernas e estaba suxeita nel. Un brazo seu desde os meus peitos e ata a miña boca, apretándome contra el. O outro, manexando a miña fervenza en embestidas e xogos de dedos que me levaron a desfacerme mentres mordía a súa man nun intento por afogar os meus berros. Levoume a ese outro nivel de consciencia fóra de min. Unida a el polo peito, morrín de pracer como nunca antes. “Adórote”, susurroume finalmente.

Volvín ao meu asento, con Isa. Damián perdérase por entre o público. Retomamos o xogo dos dous descoñecidos. Aquela mañán non recuperei de todo o sentido. Tampouco o meu tanga, que Damián gardou no peto esquerdo do pantalón para acariñar disimuladamente entre conversa e conversa, entre viño e viño. Entre olladas de complicidade que eu recollía con discreción.

Voltei ás centolas no intre xusto para que Lucas me preguntase se quería máis viño. Aceptei cun aceno, pensando na oportunidade de quedar sós na mesa, pero Damián se adiantou amablemente botando por terra o plan. Ergueuse da mesa e seguino coa ollada camiño da cociña. Pero non botei en falta o xogo de pés. Alí seguía, muslo arriba, camiñando por min… Lucas! Que…? A miña cara de sorpresa non pareceu afectarlle o máis mínimo. Chiscoume un ollo. Sentinme vendida. Non me movín. Ollei un pouco máis lonxe. Damián descorchando o viño. Lucas acendéndome baixo a mesa. E eu, perdida. Moi perdida. Pero excitada como nunca…

PARTE III

Non era capaz de distinguir entre o efecto daquel delicioso viño e a falta de rego, e non sei se por unha ou outra razón a vontade e a razón decidiron abandonarme a un tempo. Así que deixei que Lucas manexase as cordas dos meus instintos, sen pensar en consecuencias, pretensións ou correccións protocolarias de ceas con marisco. Gustábame o que aquel home me facía e non sería eu quen lle ordease parar. Nin me vía capaz. A miña cabeza, ou a mínima parte racional que dela me quedaba, pedía viño ao mesmo tempo que me lanzaba pequenos sinais de alarma que eu esquivaba con gran destreza.

Ollei a Damián observándome no seu camiño de volta á mesa. Víaselle feliz e satisfeito. Pensei se tal vez Lucas me deixaría un sobre con cartos na almofada despois daquela noite, e calculei rapidamente que comisión levaría o meu amante orixinario. O meu presunto amante orixinario. E proxeneta, polo visto. Seguía sen entender, pero xa non me importaba. Borrara todo vestixio de ira lambendo as patas da centola e deixando ao viño escorregarse pola miña gorxa.

Tivo o tempo xusto de pousar a botella descorchada sobre a mesa antes de que o timbre da porta nos golpease os ouvidos. Damián ollou cara as escaleiras, sorprendido. Eu puiden notar como as nádegas se despegaban da cadeira nun movemento ultrarrápido. Lucas afastou de min o seu pé de forma instintiva. Esa alteración nos meus compañeiros de mesa provocou en mi, porén, un alivio instantáneo, ao verificar que non se trataba dun cuarto comensal programado.

– Vou ver – dixo Damián, e por primeira vez tiven a impresión de que se saltaba o guión. Dirixiuse cara ao oco das escaleiras e desapareceu por entre esa escuridade que un tempo antes, xa non sabía canto, me cegaran por completo. A Nela que subira radiante ao primeiro piso nada tiña xa que ver con esta Nela que se deixaba facer por baixo da mesa, pensei. E por un intre pareceume recuperar algo de cordura, crin espertar dos efectos daquel delicioso veleno de uva fermentada e accedín á idea de afastarme da mesa. Tarde.

Cando voltei a cabeza, Lucas xa non ocupaba o seu espazo no bodegón que se estivera pintando co avance daquela noite. Ben lonxe daquela disposición, ocupara a cadeira ao meu carón e decidira facer un troco entre pé e man para traballar agora o meu muslo esquerdo. Deixou caer os dedos preto do meu xeonllo nun movemento moi delicado, moi precavido, co que evitou queimar a pel coa miña, en risco de combustión inminente. A voz de Damián falando aló embaixo con alguén que parecía ser unha veciña, quedou silenciada de seguido.

– Fálame do blog. Onde atopas a inspiración?- preguntoume Lucas, obviando o feito de que me estaba metendo man por baixo da mesa. “Nisto mesmo”, quixen respostarlle. Porén, tentaba non alimentar esa desatada fixación súa por ascender por min. Ao mesmo tempo, non quería freala.

– Diría que é unha mistura de inspiración espontánea e moita imaxinación. Teño facilidade para visualizar situacións, nunhas ocasións lembranzas e noutras fantasías. Non é algo que teña ordeado ou esquematizado. As máis das veces é coller o portátil, escribir o primeiro parágrafo e todo o demais xa me ven dado. Traballo nos relatos segundo mo indican os meus desexos… – Acabei a frase cun leve avance das miñas nádegas sobre a cadeira, case imperceptible pero suficiente para obrigar á man de Lucas a subir cara á miña espida fervenza.

Respostou con satisfacción. Tan preto, cunha man na miña perna e a outra suxeitando a cabeza servíndolle de aopio ao mentón, non podía discernir se o arrecendo que me embriagaba era o seu perfume ou o traballo hormonal. Provocaba en min un efecto inmediato, e nos meus pezóns un endurecemento que ameazaba con rasgar as teas do vestido, movido ao tempo polo acelerado ritmo do meu corazón. Sentíame a piques de estoupar.

Pero lonxe de estoupar, espertei da éxtase coas explicacións de Damián, xa de volta ao primeiro piso. Unha veciña que tal. Unhas humidades que non sei que… Erguinme da cadeira como un resorte, disculpeime torpemente e sain á carreira cara ao baño. Sentíame como unha nena collida roubando doces na tenda do barrio. A vergoña subía por min e arrubiábame a cara. Puiden comprobalo xa ante o espello. Non tardei en abrir a billa do lavabo para procurar unha salvación. A auga fresca sobre as miñas mans e mollando a caluga proporcionoume un alivio instantáneo mais non absoluto. Precisaba parar. Baixar do tren no medio do camiño, co apeadoiro ben lonxe, para facer visión de conxunto. Achegueime á bañeira de hidromasaxe e apoiei as nádegas nas frías baldosas que debullaban o seu contorno. Superei a tentación de enchela e perderme baixo o xeo, ou camiñar ata a ducha e deixar esvarar as miñas costas pola parede ata o chan co rociador, de proporcións excesivas e pendurado do teito, lavando docemente a quentura do meu corpo. Superei, non sen esforzo, a tentación de levar a man á miña entreperna e concluir o traballo iniciado no salón. Non me masturbei, non. Pero si me permitín un breve acceso para determinar os niveis de humidade baixo o vestido, incapaz de discernir entre a lubricación ou unha presunta exaculación precoz.

Verificado o meu estado vaxinal, neural e neuronal, tomei a determinación de poñer fin a aquela tolemia. Era prudente deixarme levar por unha corrente sexual cuxa desembocadura me era totalmente descoñecida? Sobreviviría a miña dignidade a aquel anárquico e imprevisible laissez-faire sobre o meu corpo, espido de vontade? Pagaba a pena poñer en risco a miña relación con Damián esquecendo ese algo especial que nos unía?

A resposta non tardou en me chegar. Tan pronto como dirixín os meus tacóns fóra do baño, non puiden dar máis de dous pasos antes de quedar inmóbil. Fronte a min, a visión máis excitante, enlouquecedora e apetecible que xamais vira antes. Os meus dous compañeiros de mesa atopábanse agora en pé, xa descalzados e espindo os torsos. Lucas deixando caer o polo branco no chan de madeira. Damián liberando o último botón para facer o propio coa camisa. Ambos os dous amosándome aqueles fermosos e perfectos abdominais, os brazos debullados por exquisitos pinceis e amarrados aos seus irresistibles e esculpidos peitos. Percorrín aqueles corpos coa ollada facendo unha breve parada na cintura dos pantalóns, o negro de pinzas e os jeans, xa sen cinturóns, cos pés descalzos, apoiados nas cadeiras nunha armoniosa visión que alimentou a miña fame e me arrincou de novo todo resquicio de lucidez. Permanecían estáticos e sincronizados cos brazos caídos, como estatuas de museo de cera. Admiraba aquelas dúas obras de arte que ollaba con apetencia mentres me cravaban os ollos nunha clara invitación a derreternos. Dubidei. Un segundo. Quizais medio. E respostei.

Non foi necesario falar sequera. Nun acto reflexo e lento, levei a miña man dereita á zona alta da cabeza para desfacerme do picaxeos, deixando caer a miña longa, lisa e escura melena sobre os ombreiros axudada por un leve movemento do pescozo. Alí estaba a miña resposta. Decidida a unha rendición definitiva, aceptara a invitación a aquela inédita experiencia coa seguridade de que o que estaba por chegar non daría opción a arrepentimentos.

PARTE IV (FINAL)

Dei en buscar no meu arquivo memorístico sexual e, non atopando fondos propios máis que de ménages con clara maioría feminina, paseei a imaxinación polas moitas películas porno de delicadeza ausente que tantas veces pasara voluntariamente por alto nas miñas sesións particulares. Multipenetracións e felacións a dúas bandas non se achegaban ao que planeara para aquela noite, pero a curiosidade era moita e entendín que sería a peaxe a pagar nunha autoestrada sen saída.

Así que fun cara a eles. Pilotei os meus altos zapatos negros con toda a sensualidade da que fun capaz mentres a miña melena ía collendo forma e gravidade, ocultando a ausencia de tea das miñas costas. O camiño cara a aquelas dúas esculturas, por fermosas e quedas, enganárame en distancia e dificultade. Podía sentir o tremer das pernas por orde fervenceira mentres os meus pés non eran quen de atopar o equilibrio sobre a madeira. Pareceume que foron 50 ou 100 quilómetros e algo máis de dúas horas o que tardei en chegar ao meu destino, pero unha vez me rodearon aqueles dous corpos a medio espir, a confianza volveu en min e entón si, o tempo voou sen remedio.

Foi a Damián, á miña dereita, a quen lle agasallei unha ollada primeiro. Pura cortesía, supoño. Colocoume a melena coidadosamente a un lado da cara e arrincou o partido cun doce bico no pescozo. Pechei os ollos nun arrebato de pracer e alimentada polo efecto das mans de Lucas quen, desmarcándose pola banda, debullaba unha por unha as vértebras da miña de novo espida espalda ata aquel punto no que esta perdía o nome. A xogada desenvolvíase ralentizada e eu agradecía o lento pasar do tempo naquela efectiva estratexia de ataque.

Pasaran dous minutos, ou quizais dúas vidas, e xa verificara que o que alí estaba ocorrendo, que o que a noite me deparaba, nada tiña que ver co sexo multitarea que tanto temía. Lonxe diso, estaba sendo espectadora, e protagonista, dunha mestura perfecta entre delicadeza e paixón. Comprendín que o que esa noite me ofrecía eran catro mans e dúas bocas coas súas correspondentes linguas para traballarme, e cando esa idea me atravesou o corpo decretei o fin da racionalidade para entregarme sen condicións ao que quixese vir.

Nun movemento estudado e case imperceptible, Lucas desfixo o único nó que ataba o vestido a min, e este caeu polos meus peitos abaixo amosando a Damián a acertada ausencia de calquera outro resto textil. Levou os ollos desde os meus e ata a miña fervenza e puiden ver como enchía o peito nun intento por controlar a respiración. Ou recuperala. A visión encheume de poder. Por primeira vez fun capaz de albiscar o desexo no rostro de Damián, que ata aquel momento parecera amosar máis interese polo viño que pola súa convidada.

Procurei un anaco de espazo para saír do vestido, agora enrugado no chan, e aproveitei para achegarme á mesa animando ao meu corpo espido a pasearse en tacóns ao ritmo que marcaban as nádegas e deixando aos meus amantes tras de min. Aproveitei o breve paseo para coller unha copa de viño da mesa. Cando voltei a vista, avanzaban Damián e Lucas, e no intre no que me alcanzaron, como nun movemento coreografiado, xa estaban un á dereita e outro á esquerda, agardando pacientemente o meu seguinte movemento. Erguín a copa, coa maior sensación de poder que podía lembrar eu, e leveina ata os beizos cavilando en que, talvez e de paso, apagaría a sede. Unha pinga de auga na base da copa cedeu á gravidade e caeu sobre un dos meus peitos. Servicial el, Damián ofreceuse en silencio a limpala, mais non coa man e si coa lingua, que levou desde o mamilo ata a miña orella nun percorrido que bateu na miña fervenza cunha descarga eléctrica. Unha vez arriba, foi acompañado por Lucas e, seguindo a coreografía, iniciaron ambos os dous ao tempo un baile de bicos e linguas por min, repartidos a dereita e esquerda, simétricos. As mans seguiron aos beizos, a copa caeu ao chan e, entón si, empezou o sexo.

Excitada a niveis descoñecidos, houben de achegar as miñas nádegas ata a mesa para non caer cando aquelas dúas bocas descenderon alén da cintura. Naquel intre decidiron romper a simetría coreografiada para repartírense tarefas. E para ese punto do programa seica me tocaba mover o corpo. Fixérono eles por min, non sen antes desfacerse dos pantalóns que sobraban había un anaco. Manexáronme con coidado ata quedar eu cara a cara con Damián, que baixou unha man á miña entreperna anegada, aberta e dando paso. Pedindo guerra. Acariñoume os beizos, os dous xogos, e bicoume no terceiro, baixo o nariz. Sen agarimo, baleiro de romanticismos e libre de azucre, perfecto. Foi o máis sexual e húmido bico que recibira nunca. Sentinme penetrada con cada golpe de lingua. Contrastando coa forza bucal, a man que traballaba a miña fervenza nadaba suave desde o corazón latente do clítore e ata a entrada da vaxina en pasos cuxo ritmo non chegaba a distinguir. Para min aquelo era un todo. O sexo que me fervía desde abaixo e a lingua que me batía ben arriba formaban parte dunha mesma enerxía sincronizada que me desfacía de pracer. Tanto, que esquecera que había outras dúas mans naquela estancia que suaba tanto como o facía eu. Ás miñas costas, Lucas rematara xa de acariñarme o pescozo para entreterse coa zona anal. Co dedo corazón ben lubricado, debullaba círculos ao redor do apretado acceso traseiro co claro obxectivo de gañarlle a batalla ao meu instintivo mecanismo de defensa de tan delicada área corporal. Coa outra man, moldeaba o meu ventre derretido como unha figura de cera. Non había recuncho en min que non ardese en lapas, vivas como o meu desexo, quentes como a miña cona, avivadas polo xogo estratéxico de catro mans, dúas bocas…

Tiven o primeiro orgasmo alí, en pe, ao carón da mesa, entre aqueles dous corpos perfectos aos que botei man para non ir ao chan. Exaculei desfacéndome da enerxía amoreada en min entre espasmos, tremores de pernas, berros de pracer e bágoas de felicidade. Foi o primeiro.

O seguinte non tardou en vir. Recuperada xa, mais aínda con ganas, decidín nun arrebato de inspiración que sería eu a directora de orquestra para este segundo acto. Achegueime ao sofá camiñando aínda con dificultade e puiden verme minimamente reflectida naquela fiestra de dimensións infinitas que debullaba a vista de Santiago coma nun cadro a tamaño real. Gustoume o que vin. Sobre todo o que viña detrás: dous homes excitados por obra e gracia da miña sexualidade, camiñando tras de min como dous cadeliños.

Indiqueille a Damián que sentase. Malia as ricas centolas da cea e o moito que me afanei en aproveitarlle as patiñas, sentía fame, e era el, o meu amante orixinal, quen podía calmarme o apetito. Rapidamente soubo das miñas intencións, tan pronto como dirixín a ollada ao seu pene e deixei asomar a lingua. Puxen os xeonllos no chan e fixen o propio coas mans, adoptando eu agora o papel de cadeliña, o cu ben arriba, invitando a Lucas a traballar desde atrás.

Lambín con ganas aquel perfecto membro empurrada pola satisfacción crecida en cada xemido de Damián. Xemía el cada vez que eu deixaba que aquel perefecto pene perfectamente lubricado tocase o fondo da miña gorxa. Xemía eu cada vez que Lucas me embestía desde atrás. Xemía Lucas cada vez que empurraba o meu punto G, agarrado ás miñas cadeiras e marcando dalgunha forma o ritmo daquela nova danza. Quentes, suando, berrando, nun inferno de pracer, con tal perfecta sincronía que os tres acabamos a un tempo. Damián exaculou na miña boca e Lucas na miña fervenza. Eu exaculei sobre o chan cun orgasmo indescriptible, sublime, fóra de toda normalidade.

De novo sen consciencia, de novo tremendo e baleira de toda forza, subín ao sofá buscando un punto de apoio. Atopei os brazos de Damián, que me achegou cara a el en silencio, con agarimo. Pechamos os ollos con alivio, xa unidos, espidos e desfeitos. Tanto que nin sequera fun quen de decatarme da ausencia de Lucas, desaparecido nun mute imperceptible. Estabamos sós, por fin, meu amante orixinario e mais eu. Damián e Nela. Nós. Sós.

Ficamos inmóviles ata que o sol do mencer e o toque da Berenguela nos deron os bos días. Abrín os ollos, procurando a realidade e algunha que outra resposta ao que me parecera un soño. Atopei os de Damián, quen me agasallou cun bico húmido. Aproveitamos a desnudez para, por fin, culminar aquelo que me levara á súa casa. Pasaramos a noite fodendo e agora tocaba facer o amor. Foi sublime. O broche de ouro dunha cea a tres, dun post postre, dun final feliz…

FIN

foto | Sara Solomando