Axeonllada

[regresa a la versión en castellano]

arrodillada

Nin sequera me decatara de que as miñas pernas, no seu límite de flexión, decidiran non seren máis miñas. Nin sequera me importaba que xa non as sentise porque tiña corazón, cabeza e fervenza concentrados noutro corpo. Nin sequera lembraba quen era eu ou quen era el porque estabamos nun estrano e pracenteiro estado de unidade. Onde acababa o seu pene e onde comezaba a miña boca… Ningún o sabía xa…

Malia a submisión voluntaria que me levara a axeonllarme ante el e o esforzo incansable por satisfacer os seus desexos, unha sensación de absoluto poder dominaba o meu corpo suoroso e empurraba a miña lingua contra aquel anaco de carne crecido, firme e latexante. Miñas mans nas súas pernas, duras e fortes. Meus ollos nos seus, acendidos de pracer. Súas mans acariñándome a cabeza, marcando delicadamente o ritmo da miña succión. En pe el, naquela habitación, ollábao eu con total desexo e admiración. Desde o chan, víao grande e forte, e aquela visión non facía senón alimentar a miña fame. Saboreábao en cada lambida desde ben abaixo e debullaba coa lingua as veas que percorrían o seu pene ameazando con estouparen.

Gustábame xogar a facelo chegar ben atrás, ben ao fondo, ata a porta de entrada da miña gorxa, retándome a controlar as arcadas mentres os meus beizos se felicitaban, coa boca xa enchida, por poder tocar o seu corpo sentindo as cóxegas daquel camiño de pelo que baixaba desde o embigo. Unhas veces rozaba a campaíña con ela. Outras, deixaba que premese desde dentro a carne das miñas fazulas e comprobaba con cada xemido que el gostaba tamén daquel xogo.

Cos xeonllos loitando contra o chan, miña fervenza empezara tamén a debullar movementos no aire como recibindo o empurre que eu sentía na boca. Non sabía se pola suor ou a propia excitación, polas miñas pernas, separadas e tensas, corría a humidade en forma de pingas, marcando un camiño muslo abaixo e, lentamente, morrendo ao contacto coa madeira. Era un reloxo que daba os segundos, lembrándome que o tempo pasaba e nalgún intre recibiría por fin ese prezado maná.

Sentíame poderosa vendo aquel fermoso corpo tan grande e forte tremer de excitación por min. Unha súa man na parede á procura do equilibrio. A outra ben amarrada á trenza do meu pelo, marcando o ritmo de succión. Gústabame comer nel coa forza suficiente como para facerlle crer que me follaba a boca, cos beizos rozando aquel anaco de carne e a lingua xogando libremente e dando saliva. Poderosa malia a submisión. Poderosa malia a dominación.

Xa empezaba a notar o seu sabor. Esas primeiras entregas preseminais que a miña lingua degustaba con máis paixón que duzura e con toda a sede da que a miña gorxa alertaba. Demandaba beber, e por iso me afanaba eu na succión. Empezaba a ver certos espasmos no corpo do meu amo e señor, que se combinaban cos meus acompasados movementos de cabeza. Os deliciosos ruídos que escapaban da súa boca pouco tiñan que ver co nome que pronunciaba entre afirmacións intres antes. Dicía o meu nome con desexo recreándose en cada unha das consoantes e vogais sabendo ben da excitación que me imprimía. ‘Nela’. E as miñas pernas se tensaban. ‘Nela’. E eu lambía con máis afán. ‘Nela’. E a miña fervenza se dilataba e humedecía ameazando con deixar fuxir a pouca consciencia que me restaba. ‘Nela’. E morría de pracer.

Cando souben que por fin bebería, subín os ollos para poñelos nos seus e comunicarlle toda a miña submisión. Correspondeume informándome da inminente explosión sexual. Deixei que collese as rendas do seu desbocado membro mentras as miñas mans abandoaban os seus muslos para camiñar cara á miña entreperna. O meu clítore suplicaba por estoupar e os meus beizos vaxinais abrían paso ao movemento dos meus dous dedos centrais, xa dentro, xa xogando co meu dilatado punto G, xa buscando una liberación que viña de camiño. Pulsei con ganas e de xeito automatizado, pois a pouca consciencia da que dispoñía estaba centrada agora na miña sedenta gorxa, na miña boca aberta, nos meus ollos submisos agardando que o traballo manual do meu amo e señor sobre o seu pene, ao límite da excitación, exprimise todo aquel zume vital e o deixase escorregarse polos meus beizos, polas miñas fazulas. Os ollos arriba, a lingua fóra, as pernas abertas, a miña vaxina a punto, o meu amo en pé, eu axeonllada, as súas mans traballando e a habitación suando, cheirando a sexo, a paixón, a unidade, a ganas, a felación, a lume e a seme… O que recibín cos beizos, o que sentín percorrer a gorxa, o que saboreei coa lingua e sentín na cara mentres pola miña fervenza se me escorregaba aquel derradeiro anaco de consciencia, rendida ao orgasmo…

Morta de pracer, deixei caer o peso da miña cabeza ata atopar apoio na perna do meu amo e señor, que me acariñaba o pelo dando as gracias, aprobando que me rendese á súa dominación. E eu alí, aos seus pés. Xeonllos no chan. Submisa. Axeonllada, mais chea de poder.

Nela.

foto | r2hox (vía Flickr)

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s