Abre. Cuspe. Mátame xa.

[regresa a la versión en castellano]

– Abre.

E abro. Automaticamente. Non eu senón esa parte de min que el controla. Un corpo nas súas mans e unha mente ás súas ordes. Namentres separo os beizos e lle amoso, sumisa, a miña suplicante lingua, podo sentir como as portas da miña fervenza, o meu outro xogo de beizos, erectos, como dous coitelos, pulsan contra o tapizado do coche. Separo os xeonllos nun movemento instintivo deixando que a miña estreita saia dea de si co empurre dos muslos e invitando ao meu amo e señor a pasar.

Non me toca, pero está preto dabondo como para inhalar as súas bafaradas quentes a través da miña boca xa aberta, tal como el ordenara. Pecho os ollos segura do precipicio cara ao que me dirixo sen control. Se cadra xa comecei a caer. Non sei. Do que si estou segura é do lume que, acendido aló embaixo do embigo, me queima ata as fazulas. O seu bafo é para min unha lenta tortura que non fai senón excitarme máis a cada golpe de respiración. Ao compás do meu acelerado corazón, latéxame entre as pernas un clítore vivo e crecido. Sedento coma eu, que sinto a lingua pegada ás paredes da miña boca mentres manteño os beizos separados. Así mo ordenou el.

Non tarda en agasallarme un alivio. No intre en que os meus ollos se topan cos seus, escuros e viciosos, acendidos e fermosos, os ruidos da rúa calan e o tempo para. Penso que deixei de respirar. Non o sei, síntome fóra de control, non son máis que unha boneca nas mans do meu amo e señor. Abre a boca e de seguido vexo como traballa coa lingua, buscando ese prezado maná polo que eu suplico en silencio. Apreta os beizos e entón sei que o vai facer. Remexo un pouco máis as pernas, lembrándolle a invitación e acéptaa xusto no intre no que me cuspe na boca e estoupamos. A súa saliva nas nosas linguas xa unidas nun bico húmido e sublime. A súa man esquerda na miña caluga, apertándome contra el, nunha gaiola de pracer da que non quero fuxir nunca. A dereita, traballando con eficacia entre as pernas, sen rastro do tanga que acertadamente decidira gardar no bolso horas antes. Dous dedos empurrando con eficacia o meu dilatado punto G e o resto da man agasallándome violentas caricias nos beizos vaxinais, no meu crecido clítore, na miña agora aberta fervenza…

Empurro o teito coas miñas mans segura de que estouparei mentres o coche, encollido, se fai máis e máis pequeno. Lingua contra lingua, dedos contra vaxina, mans contra o teito e eu que morro… de calor… de desexo… do exquisito que é o meu amo e señor… mentres me retorzo e berro, despreocupada das olladas alleas que convertimos en aliadas da nosa excitación… berro… berro… podo sentir o sangue correndo polo meu corpo abaixo, cara á miña fervenza aberta, xelatinosa, desexosa de romper… o pracer é insoportable e a suor faise fume mentres baixa polo pescozo buscando os meus peitos tamén desbocados… e morro. Morro cando sinto un chorrazo de vida marchar por entre as pernas, nun orgasmo que me mata, que nos mata, mentres apreto a miña lingua contra a súa en espasmos incontrolados e choro de ledicia, coa consciencia a medias, cos ollos pechados e co corpo alleo… Con el. Por el. Súa por sempre…

foto | Carlos Adampol
Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s