A ditadura do 69 | Ollada Fervenceira

La dictadura del 69

La dictadura del 69

Pasei o verán ollando fervenceiramente e atopei que non me teño que esforzar por ver a sexualidade nas cousas cotiás: o sexo ven a min. Nunca fun moi de matemáticas, alén de buscar complicadas operacións que lle dean sentido ás cifras dunha matrícula ou de repetir mentalmente números dun código de barras, por exemplo. Xa vedes, nada de matemáticas. Tampouco de facer caso dos sinais extrasensoriais que nos pasan ante os ollos. Pero estou mudando de parecer.

Pasei o verán sentindo o acoso do 69: na porcentaxe de batería do iPhone, no número de entradas deste meu blogue fervenceiro, nos prezos dos artigos do puntualísimo e ineludible GroupOn ou no número de caracteres que restan para completar un tuit. Ou ata no contaquilómetros do coche, Ollada Fervenceira (OF) deste luns, por certo. Sempre o mesmo 69, que fai aparición avisando como o timbre da recepción dun hotel: ‘Clin! 69!’

Cando buscas uns zapatos, camiñas pola rúa analizando pés alleos. Se estás pensando en cambiar de coche, non tes ollos máis que para calquera invento con motor e catro rodas. Se che invade o instinto materno, quedas mirando, ás veces con descaro de máis, para as barrigas empreñadas… Que has facer cando son os zapatos, os coches ou as barrigolas as que tocan o teu timbre? Que hei facer, fervenceirxs, con esta ditadura do 69? :-)

O mundo a ollos da Fervenza e a Fervenza a ollos do mundo, aquí

Anuncios

Un Comentario

  1. Pingback: Fidelidade (II): algúns estudos « a fervenza do sur

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: