Bolas chinesas

geisha_twin_balls

Supoño que xa saberedes, e senón aquí veño a informar, que nin son sexóloga, nin experta xinecóloga, nin representante de tuppersex. Así que cando manexo calqueira destes paus, fágoo desde a perspectiva máis práctica e testemuñal que profesional, vaia por diante. Iso si, tamén vos digo, que aplico o meu filtro máis estricto á hora de investigar e escribir de calqueira destes temas. Cousa da formación xornalística, supoño.

Aclarado isto, como vos vai/foi o verán? Voltei estes días a limpar o po do balcón fervenceiro con ganas de botarme as plumas ao lombo e ocupar o meu lugar na baranda. Que ben se ve o mundo desde aquí arriba! Non pensedes que collín vacacións, non, que unha ten que empregar o tempo libre en investigar do seu, destas cousas do sexo. Ardua tarefa, seino. Xa que me ledes, que menos que sacrificarme por vós! ;-)

Pois ben, aproveitando que despeguei o cu da baranda por unhas semanas, un día de xullo dirixinme, toda ledicia eu, cara ao meu sexshop favorito, aló no que chaman centro de Compostela. Durou pouco a ilusión: nin rastro daquel local de tan, agradecidamente, bo gusto. No seu lugar, un bazar chinés. Que non dubido de que venda toda clase de bolas. E moito menos de que sexan asiáticas, mesmo de orixe. Pero non era o que eu andaba a buscar.

Bolas chinesas, si. Ese era o meu obxectivo unha vez me decidín por fin a introducir (que ven traído o verbo) algo de ximnasia vaxinal asistida na miña xa de por si inqueda rutina. Tiña dúas opcións máis e finalmente acabei nese típico local cuxo cartel levas vendo con curiosidade e risotadiñas nas galerías do cine ao que ías de pequena. Desa xeración de sexshops agochados tras inexistentes escaparates e portas negras, como con ese toque clandestino e ilegal. Son máis partidaria destes outros que hoxe abren as súas portas á rúa, que acenden as luces e mesmo camiñan pola sustentabilidade. Pero ás sete da tarde, a piques de chover en Compostela, e coas ganas que eu tiña de bolas, non parei a pensar máis e aló fun. A primeira opción: dúas pelotas de ping-pong atadas cunha corda de fío por 10€. Tentador, si, pero téñolle demasiado amor á miña fervenza, xa son anos xuntas como para facerlle pasar por iso. Antes diso, a abstinencia. Vidas low cost vale, pero para os meus puntos vitais non escatimo en gastos. A segunda opción: esta, que foi, por claro descarte, a que trouxen para a casa. Nunha bolsa, por certo, que acabou servindo de transporte para os tupper de lentellas da miña nai. Cousas!

geisha_twin_balls_1

Tras un ben escaso asesoramento (‘si, son de silicona, creo’) e un prezo que espertou as miñas desconfianzas (‘son de 30 euros, pero déixochas en 25’) trouxen para casa as ‘bolas xemelgas Geisha’, esas da foto. Sonche ben bonitas. Sei dalgunha fervenceira que saberá apreciar a cor escollida…

Non son de silicona, en internet pódelas atopar por 16€ e asegúrovos que vía web hai moita máis variedade alén das pelotas de ping pong de dez euros. Cometín os meus erros de principiante, pero é que me pode a paixón e esa ilusión de nena pequena que nunca perdín. Así que á fervenza o que é da fervenza. Tardei o que unha potiña de auga en ferver (hixiene ante todo) en probar a miña nova adquisición. Levaba a lección ben aprendida: posicionamento, lubricación e inserción. E non sei se polas ganas que tiñamos as dúas, fervenza e máis eu, ou por esa ilusión adolescente… pero as ‘bolas Geisha’ #rules. Aquí tedes algunhas das claves:

  • posicionamento. Has atopar a postura que mellor axude a relaxar os músculos da vaxina. A idea é facilitar que entren as bolas, non pecharlles as portas. É algo similar, técnicamente, que non formalmente, á colocación do tampón. A miña recomendación, un clásico: un pé no chan, o outro sobre o WC
  • lubricación. Importantísima. Hai que preparar o camiño, ben con axuda dalgún produto, ben cunha autolubricación. A miña recomendación, a vía natural: móllate!
  • inserción. Se cumpres os dous pasos anteriores, este terceiro está feito! Relaxada e lubricada, introduce unha das bolas. A segunda virá soa e en nada só terás na man o cordón plastificado –siliconizado– que usarás para quitalas.

Seguín a teoría case mecanicamente, e antes de que poidese pestanexar xa me atopaba eu ben enchida. Esa é a sensación que me producen as bolas chinas dentro de min. De estar chea, plena. Non me molestan, non vexo perigo de que caian, non noto un sobreesforzo dos meus músculos fervenceiros nin sinto as balls como un corpo alleo. Naturalicei ben todo o proceso, e as miñas amigas xemelgas síntense como na casa. Disculpade o ego, pero vexo que estou en forma!

Verifiquei tamén que é lenda esa afirmación de que levar as bolas postas garante unha masturbación permanente. Botei a andar pola casa, por iso de probar a vibración que producen as bolas máis pequenas que levan no interior, pero nada. Subín as escaleiras, baixei, bailei unha muiñeira, peguei algúns saltos e mesmo fixen trote… e nada. Tiven un intre de leve decepción. Para que quero eu levalas se non vou morrendo de pracer mentras merco laranxas? Pois por moitas outras razóns, que si me convencen:

  • o morbo de pasearse por aí coas bolas agochadas
  • reforzar os músculos vaxinais, o que favorece orgasmos máis intensos e pracenteiros
  • recuperar a forma física fervenceira tras o parto
  • evitar os futuros problemas de pérdida de ouriños
  • os xogos en parella coas bolas, morbo compartido altamente recomendable!

Que opinades, fervenceiras? Adiante! Se vos convence e aínda non sodes usuarias, aprendede dos meus erros de novata. Informádevos ben, comparade modelos e prezos online e buscade os materiais de maior calidade, priorizando sempre a silicona. Non teredes orgasmos polo simple feito de poñelas, pero probade coa forza centrífuga facendo rotondas co coche, ou a coller as estradas en obras, con boas fochas -non será difícil- que fagan saltar a amortiguación. Teño moito que aprender, así que xa me contaredes que tal coas vosas bolas chinesas, que son, por certo, un invento orixinario de Xapón.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: