No mar | Ollada fervenceira

En la orilla del mar

En la orilla del mar

Chegado ese punto de incerteza insoportable, sentei á beira do mar a agardar que a vida seguise o camiño debullado. Farta de preguntas alleas ao meu sentido e respostas aínda inexistentes, decidín adoptar a actitude pasiva de quen prefire que os acontecementos lle veñan dados. Cavilaba en que, quizais, non sei, as ondas subirían polas miñas pernas rebaixando a calor que me afogaba por aqueles días. Confiaba en recibir mensaxes en botellas de cristal para ir colocando as pezas daquel puzzle que non daba en rematar. Precisaba un acougo a aquela dobre marea que golpeaba cabeza e fervenza por igual e que non daba tregua nin á noite…

Sentei á beira do mar, pois, e vin unha morea de xente pasar, algunha lanchiña navegar e o tempo avanzar sen que eu, afundida aos poucos naquela húmida area, puidese facer nada. Movía as pernas en asincronía procurando un alivio á quentura uterina que non rebaixaba nin coa pingueira de bágoas dos meus ollos. As lapas ían facendo cinzas as miñas entrañas e ameazaban con subir ao máis alto de min para empurrarme a unha irremediable e definitiva tolemia. Acendidas elas, apagándome eu…

Agardaba, xa case allea, a que a vida seguise o camiño debullado. Pero espertei de súpeto, cando xa expiraba, coa embestida dunha onda grande, elegante, maxestuosa, brillante, fermosa e poderosa como nunca vira no incontable tempo que gastara afundíndome na area. Aquel golpe de mar ergueuse enérxico, dominante e espertou en min unha forza coa que xa non contaba, arrincándome do meu letargo mentres subía por min, lambéndome os pés, debullando os meus xeonllos, acariñando os meus muslos con esa perfecta mestura de dozura e embestida animal. Irremediablemente separei as pernas e permitín que aquela marea limpase as cinzas do meu inferno particular para avivar novas lapas de insaciable desexo…

Feliz, deixeime arrastrar pola marea e perdín o control, mentres a escuma me facía deliciosas cóxegas nos mamilos e a miña fervenza se convertía en ardente xeo ao paso daquela lingua de sal, en rítmicas pasadas desde o clítore e ata ben chegado o centro das miñas nádegas… Cedinlle paso, sen alternativa, e aquel grande, elegante e maxestuoso golpe de sal entrou en min, cargándome de enerxía, para non sair xa máis… Non sendo en forma de potente marea desde ben dentro e pernas abaixo… E entou sucedeu. Punto de non retorno. Xa. Fíxenme agua para desembocar nel. Para pertencerlle. Polo resto das nosas vidas.

Fervenceirxs que me ledes, deixádevos mollar polas ondas este verán. Recargade as vosas líbidos co sol e alimentade a paixón dos corpos queimados polo estío… Se o tempo o permite, xa sabedes como vai. E se captades olladas fervenceiras, deixádemas no buzón, que para setembro iniciamos nova tempada…

O mundo a ollos da Fervenza e a Fervenza a ollos do mundo, aquí

Anuncios

  1. Anónimo

    para cando un libro???

  2. Encántanme estas olladas dos luns. E cada vez máis. Así hai esperanza de que a semana sexa mellor que a anterior. Grazas.

  3. Para cando un libro? Esa mesma pregunta me fago eu día si e día tamén :-)
    Gracias e bicos desde o balcón

  4. Miña fervenceira Julia,

    escoitaba meses atrás, e ti tamén foches testemuña, que non importa tanto o número de seguidores que unha teña como si a calidade dos mesmos. Con fervenceiras coma ti non podo estar máis convencida desa máxima. Mil grazas por alimentar o blogue con olladas e palabras sempre fermosas.

    Bicos desde o balcón

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: