Cincuenta sombras de Grey

Había que facelo. E eu non son de seguir masas, pero cando todo o mundo fala dalgo e ese algo entra polos ollos e os ouvidos cun video como este… eu compro!

Cando a estudante de Literatura Anastasia Steele recibe o encargo de entrevistar ao exitoso mozo empresario Christian Grey, queda impresionada ao atoparse ante un home atractivo, seductor e tamén moi intimidante. A inexperta e inocente Ana tenta olvidalo, pero pronto comprende canto o desexa. Cando a parella por fin inicia unha apaixoada relación, Ana sorpréndese polas peculiares prácticas eróticas de Grey, ao tempo que descobre os límites dos seus propios e máis escuros desexos

Non ten sentido contar máis do libro. De Cincuenta sombras de Grey (Grijalbo), primeiro dunha triloxía e que está a ser un éxito rotundo entre o público, nomeadamente o feminino, xa se dixo todo ou máis. A autora, E.L. James, xa foi nomeada pola revista Time como unha das cen persoas máis influintes do ano. Podo falar, no entanto, de impresións persoais, lubricacións literarias e sorprendentes descubrimentos de autodesexo e activación libidinosa. Romper tabúes é bo. E se non o é, polo menos vende, iso é seguro. Cando todo o mundo fala de Cincuenta sombras de Grey, por algo é. E se ten oco na Fervenza é porque dá moitos praceres, deses que te deixan baleiro o caixón da roupa interior: a braga por capítulo aprox.

Ben sabido é que a Fervenza é amiga de respectar, non sempre de compartir, todo tipo de preferencias sexuais. Cada quen se corre como e con quen quere. Dime como te corres e direite ‘noraboa’. É así. En concreto, o tema da submisión e o sado non é algo común nas miñas prácticas cotiás aínda que sempre me funcionaron ben algúns xestos de dominación rasa. Pero mentres aló polo meu sur a tendencia é a deixarme ir, acolá polo norte a miña cabeciña non deixa de teorizar ao respecto…

Pracenteira dor. Ese aparente oxímoron tan real para moitos. Semella non achar oco no entendemento común a relación dun concepto negativo como a dor cun algo tan positivo como o pracer, e existe esa tendencia a buscar a explicación en supostas desviacións ou pegadas de traumas. A humillación: é humillación en si? A protagonista do libro interpreta e sinte como humillante ser azoutada no cu, como unha nena pequena, pero ao tempo confesa o pracer que lle produce. Así é que: é humillante o aceno en si mesmo ou é que estamos ensinados para entendelo así? Aí queda a pregunta.

Hai, no entanto, ese trasfondo de violencia sexual que nos produce, e así debe ser, un rexeitamento. Pero existe unha diferencia importante entre a deleznable agresión e a dominación consensuada: un documento, o contrato entre amo e sumisa, todo medido, todo acordado, cos límites infranqueables, segundo o que ceda cada un.

Filosofías a un lado, hai unha inmensa carga de erotismo neste libro, que recomendo a fervenceiros tamén, e que me enganchou e activou desde os primeiros encontros sexuais de Anastasia e Grey (AG).

“… empúrrame contra a parede do ascensor. Antes de que me decate, suxéitame os pulsos cunha man, levántamos por riba da cabeza e inmobilízame contra a parede coas cadeiras. Miña nai. Coa outra man agárrame do pelo, tira cara a abaixo para levantarme a cara e pega os seus beizos aos meus…”

E así. Un non parar. Sempre dixen que hai relacións que se constrúen e outras que veñen dadas. A de AG ten que ser unha destas segundas. Cada movemento de Grey toca o botón dunha Anastasia desfeita de pracer coa soa visión do seu desexado e amado Christian. Este actúa e acerta. Son unha combinación perfecta de amor e paixón, funcionan xuntos como unha engranaxe, o un para o outro e o outro para o un, un puzzle de dúas pezas, un círculo perfecto.

“Percorre co nariz o meu pescozo descuberto, inhalando todo o tempo, e logo ascende de novo á miña orella. Os músculos do meu ventre contráense, impulsados polo desexo. Maldita sexa, apenas me tocou e xa o desexo…”

“Nin sequera está aquí e xa estou a cen. Non pode ser só sexo, verdade?”

Para aqueles que caíchedes no vicio, hoxe, catro de xullo, sae á venda o segundo dos libros: Cincuenta sombras máis escuras. Teño curiosidade polas experiencias de fervenceiros e fervenceiras que xa se deixasen levar ao ‘cuarto vermello’ de Grey. Comentade, que a Fervenza en compañía é máis Fervenza.

Bicos con lingua desde o balcón…

Anuncios

  1. A violencia por natureza, e unha forma máis de excitación e que pode producir na mente de quen a xera un gozo, dise que a xente que é violenta a maioría o fai por o gozo que sinte, uns o fan dun xeito abusivo con maltratos (violencia de xénero, maltrato infantil, discriminación, pertenza a grupos ultras ou violentos, pandillas, etc.).

    A violencia xera pracer, hai estudos que demostran que ante unhas imaxes de homes espidos, a excitación é maior en homes cun perfil homófobo que en homosexuais.

    Como todo a solución radica en saber controlar esa violencia, en que a violencia non xere dano á persoa que a recibe, neste caso, nas prácticas bdsm, a violencia faise consensuada, cunhas normas aceptadas por ambas partes, porque esa violencia non só busca o pracer dun mesmo, senón que tamén o busca e o comparte coa sua “victima” para gozar ambalas duas partes.

    A violencia, como moitas outras cousas da vida, se poden manifestar de moitos xeitos, e se é dun xeito consensuado e no que ambas partes obteñán beneficio dela, como neste caso o gozo, pois benvido sexa todo o que sexa gozar do noso corpo, da nosa parella, e como non, en definitiva da vida mesma.

  2. E a min,
    que vivín un verán da adolescencia completamente entregada ás vellas novelas de Corín Tellado, con aquel cheiro a balor do fondo dos baúles dunha modista da miña aldea… e as “fotonovelas”…
    que me recordaches aquelas ensoñacións que ían moito máis alá do bastante inducido e pouco expresado na novela…
    entranme ganas de repetir, pero o que non apetece tanto e a entrega ao onanismo de entón, e dado que non teño parella agora, e que é moi cansino ligar por desespero,
    que me aconsellas?
    mellor o deixo estar? :-)

    non falas se “literariamente” paga a pena…

    e que estes días “as sombras de grey” parece que se colan por todas as rendixas das miñas ventanas de internet…

  3. Meu fervenceiro Anxo,

    pouco máis poido dicir, moitas gracias, un gran comentario, tan ben como sempre :)

    Bicos desde o balcón

  4. Zeltia, nova fervenceira…

    Mil gracias por achegarte ao balcón da Fervenza, un auténtico pracer verte por aquí.

    Se consello me pides, consello che dou: non o deixes estar. Se non apetece aquel onanismo desmedido tal vez é bo facer fame. Isto é, penso que na actividade do autopracer, como en todo, e disculpa os tópicazos, a cousa está en poñerse. Unhas veces deixamos abandonada esa nosa faceta de “ter sexo coa persoa que un máis quere”, que diría Woody, e entramos no perigoso bucle de ‘canto menos fago, menos apetece’. Non te deixes levar pola preguiza e si pola apetencia. Hai uns días proclamaba en Twitter: “Fervenceiras, exaculade como se non houbese un mañán!” Velaí o meu consello :)

    O libro pode axudar a abrir camiño…

    Respecto do valor literario de Cincuenta sombras de Grey, non vou mentir: non considero que teña unha prosa digna de mención, é bastante básico. Pero como novela erótica funciona, non hai dúbida. E tal vez nesa simpleza expresiva está a clave.

    Mil gracias polo comentario. Lembra que a Fervenza non pecha, síntete libre de pasar sempre que queiras.

    Bicos desde o balcón

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: