Squirting

Geiser-Chorrazo

A primeira vez que me corrín, que exaculei de verdade, foi un shock delicioso. Un impacto porque veu así, desta maneira, sen case avisar e pensei que mexara por min. Afeita eu a aqueles orgasmiños, que moi gostosos oiga!, non agardaba unha marea tal emanando da miña humilde fervenza.

Dicía o meu acupuntor, e que razón que tiña o Tino, que é bo pasar por todos os estados de ánimo ao longo do día. Que para sentir felicidade hai que estar tamén triste, por iso de ter unha referencia comparativa sobre a que evolucionar en positivo. Pois ben, naquel intre do meu desvirgamento exaculador sentín todos os estados posibles en cuestión de segundos. Sorpresa ante a sensación urinaria, medo a que así fose, ira porque así era -cría eu-, alivio ao descartalo, emoción de confirmar a realidade e bágoas de pura ledicia. Un exitoso debú, sen dúbida. Malia que tardío, hai que dicir, pero tamén moi propio de min que tamén padecín iso do acné post-adolescente. Enfín…

Co paso do tempo, aquel bosquexo de ameaza miccional foi camiñando cara a un perfeccionado squirting que, con todo, non me deixa de sorprender cada día. Cando unha acada a destreza de coñecer exactamente o botón a tocar para abrir ou pechar a billa exaculadora, a sensación de poder e control, é brutal. Decides intensidade, ritmos, adiamentos e formatos: versión fonte, rego por aspersión ou chorrazo por entregas. Chegas mesmo a sumar un tras outro nunha cadea de salpicaduras que, combinadas, ofrecen unha harmoniosa melodía en forma, case sempre, de orgasmos.

Velaquí un feixe de verdades, aínda faltas de confirmación, ao respecto da exaculación feminina. Ou squirting, que seica chamar ás cousas polo seu nome en inglés dá prestixio. Que sei eu!

  • Malia que si sensación, non hai risco urinario: non é posible mexar e correrse a un tempo, así que medos fóra
  • O fluxo ven impulsado desde a glándula de Skene . É un líquido transparente, insípido, menos denso
  • Non todas as mulleres chegan a experimentalo, pero nunca é tarde para traballalo
  • A mellor vía para o ‘chorrazo’ é a estimulación manual dobre: clitorial e vaxinal. Masturbación clásica
  • Fervenceiras: vós alucinaredes, e as vosas parellas tolearán tamén co squirting, por velo ou, aínda máis, por provocalo, así que non vos privedes do pracer
  • Non necesariamente vai acompañada de orgasmo, aínda que na gran maioría dos casos é así

Fervenceiras e grandes exaculadoras: preparade ben o entorno, unha toalla pode non ser suficiente para evitar a mancha no sofá. Facédevos cun bo impermeable, e deixade que o corpo, e os espasmos, fagan o resto. E vos, fervenceiros, non perdades detalle. É un verdadeiro espectáculo. Non si?

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: