MexilOnseTuits: pracer morracense

MexilOnseTuits

Mexilóns, tuits, as Rías Baixas e mentes brillantes, moitas delas fervenceiras. Un evento que reúna estas catro cousas ha ter un efecto viagra automático. Tantos praceres xuntos son un éxito asegurado. É doado deixar voar a imaxinación e visualizalo… Ou vivilo. Onte, sábado, baixei do balcón, puxen unha chaqueta -pola previsión meteorolóxica, non pensedes- e pranteime no MexilOnseTuits pintada dun azul que resultou corporativo, con moitas ganas, as Chenchiñas ben gardadas para non arrefriárense, o meu mellor sorriso e a tranquilidade que dá acudir como voyeur a un Sarao Media (SM) desa categoría. Subir ao escenario produce un empurrón de líbido. É certo. Pero sentar pasivamente a agardar que agasallen a unha con tan sublime espectáculo mexiloeiro en Bueu é pracenteiro, e moito.

Perdín a miña virxindade blogueira aló polo mes de febreiro e a experiencia foi todo un pracer. Confeseino daquela e hoxe sei que o Compostweets 2012 supuxo un punto de inflexión na miña curta, mais intensa, vida fervenceira. Nesta liña comprobei onte que, se ben o primeiro, non foi nin será o único, pois cada unha destas citas suma moito en todos os aspectos. A de onte, a mexiloeira, executada á perfección e coa mellor compañía, culminouse moi satisfactoriamente.

Voltei a casa a media tarde, aínda co sabor a empanada e salsa tomateira dos mexilóns. Subín con coidado de non entrar no campo de visión do axexadoiro da porta da Chencha e co meu silencio máis traballado. Foi un alivio chegar ao meu piso, un nivel por enriba, sen pasar polo control de alfándegas… ‘- Algo que declarar? -Por onde empezo?’ A Chencha montara en cólera cando foi do Compostweets porque non a levei. Que non faría desta, coa boa comida que puidemos desfrutar na lonxa buenense? Mudaría nalgunha forma de bestia de cor verde, e de aí para arriba…

Metín a chave, confiada eu, e cando mirei á porta xa estaban os ollos da miña benquerida veciña atravesando a madeira como dous canóns de láser. En cor vermella, por certo. Estaba sentada sobre a mesa da cociña, en bragas, como non! Apagou os raios visuais, quedou en modo pétreo ante a pegatina do MexilOnseTuits e puxo ollos de ‘QUE?!?!’ Eu púxenos en plan ‘MERDA!!!’

MexilOnseTuits_identificación

– Díxenche que as chaves son para emerxencias! -tentei gañar tempo

– Tiña unha urxencia de…

– Cala! Non preciso máis información…

– Cheiras a empanada, a viño e a a tuits. Sarao Media ou é que te estás tirando a un blogger gastronómico?

Atrapada outra vez. Co paso dos días desde que a Chencha se instalou embaixo de min, no piso de abaixo digo, fun aprendendo que con ela todos os camiños levan á lea. Resignación, miña Nela…

– Fun a Bueu a…

MexilOnseTuits! -interrumpiume ela- Seino. Outro sarao con cargo á vida e obra da miña perrecha? Non agardaba isto de ti. Estou verdadeiramente doída…

Sentín por un intre que me impuña respecto. A sentimental era unha versión da Chencha que descoñecía por completo. Asusteime e busquei unha excusa, pero seguiu ela…

– Pensei que eramos amigas, pero isto…

Aquilo empezaba a semellar un conto de Halloween. Estaba aterrorizada… Quixen falar, pero seguiu ela…

– Xa che perdonei o do Compostweets e entendino… Pero un evento cuxo presentador se chama ‘José-come-lefa’… A ese non podía faltar eu…

Espertei do pesadelo… e metinme noutro novo…

-CHENCHA!!! ‘Josecomeefala’!! ‘@Josecomeefala‘!!

– Ah! O do programa da Radio Galega? Vale, vale… Pois estábache ben guapo o presentador!

– Tarde chegas!

Non fun quen de botala, así que acabei por contarlle cousiñas do MexilOnseTuits. Non moitas porque xa ela estaba moi enteradiña, que ao final conseguín, non sei se acertadamente, que se pasara ao Smartphone e anda moito polo Twitter. Segue botando en falta o Snake e non abriu perfil, pero polo menos xa usa Whatsapp…

Unha laboriosa preparación, a mellor compañía, unha coidada e brillante execución e un clímax dos que non se esquecen. Unha gala ao máis puro estilo ‘and the winner is…’ maxistralmente levada por José Manuel García, que suma fans aló onde va e con razón. Os organizadores @rodeiramar2a e @xosebangueses souberon ben como facer e onde tocar para ternos a todos conteniños e cun bo rollo que se notou desde primeira hora. Subiron ao escenario a mentes brillantes. Rubén Bastón, director de Elogia, abriu boca e púxonos a tono cunha xenial ponencia sobre Medios Sociais. E David Serantes acabou de matarnos de pracer levándonos de viaxe ás tendencias de futuro e manexando os nosos fluxos co condensador de Regreso ao futuro. Orgasmo asegurado con estes grandes.

– Nada de sexo, Nela…? Sen prexuizo dos mexilóns…

– Cousiñas houbo. A destacar a mente fervenceira de Marcus Fernández, capaz de visualizar o Playboy en braille co Tactus. Visión de mercado! E non sei que te parecerá este concepto presentado por Gafa Vintage

pornoptics

Pornoptics! Gafas Vintage para olladas suxas…? Interesante…

– A túa xa é suxa de máis…

–  Só cando te miro a ti… E os premiados?

– Moi bos todos, premiados e finalistas. Botalle un ollo á páxina do MexilOnseTuits, ou aos blogues de Serantes, Fidel Martín, Naranjalimon, Briefing Galego, Matibascorner, Comunisfera, Siempre en la nube, Vagón de cola, Itrynottothink, Soñando bajo el arcoiris, De todo se aprende, Vive o Morrazo, Código Cero… Calquera deles o conta moi ben. Quedei abraiada coa calidade dos proxectos. Hai moi boa cousa 2.0 por Galicia e foi un verdadeiro pracer comprobalo, e desvirtualizar. Por certo, saúdos de Rodri, o teu fan fervenceiro número un…

– A Rodri xa o teño nas miñas oracións do domingo, Nela…

– Fareillo saber. Veña, Chencha, que é hora de baixar…

– Ben! Tócame mexilón de Nela por fin?

– Que baixes ao teu piso, pesada…

– Veña, putiña, que nos coñecemos…

Ao clímax total chegamos en masa e coa mellor compañía ao redor das mesas na lonxa, degustando verdadeiros manxares propios da terriña morracense… dos praceres que máis gustan na Fervenza, confeso.

mexilóns_en_salsa

De novo a todxs cos que falei, aqueles aos que desvirtualicei, aos que acompañei no photocall, novxs fervenceirxs (un pracer), organizadorxs, fotógrafxs, presentador -pero que guapo-, nominados, premiados… Noraboa, MexilOnseTuits! Non quero esquecerme de ninguén! A todxs, un verdadeiro gustazo. Con envexa (sana) da simpatiquísima Elvira (naranjalimon) que marchou co meu benquerido Stabri na mochila. O pracer será reencontrármonos. E, no entanto, vérmonos na Fervenza. Aquí, no balcón, vos agardo!

Photocall (foto: MexilOnseTuits)

Photocall (foto: MexilOnseTuits)

Fondo fotográfico

flickr MexilOnseTuits (fotos de @AlgarabiaKunst)

flickr de rechupete

flickr AidaRocks

Anuncios

  1. Muchas gracias por la mención :) En realidad Pornoptics es la cara b de GafaVintage, la más gamberra….y es que el sector óptico no ha sido siempre tan mojigato: http://gafasvintage.com/2012/05/22/eroptical/ pero en realidad somos unos flojos y de los 250 posts, sólo 2 hacen honor al nombre :P

  2. Muchas gracias por la mención. Ya sabéis la Chencha y tú que soy un Fervenceiro de Pro. Nome pierdo un artículo, así que mucha fuerza y adelante.
    Un placer compartir el MexilOnseTuits.
    Bicos
    David Serantes

  3. Moitas gracias por botarnos unha ollada fervenceira.

  4. MexilOnseTuits…
    Moitas grazas a vós, sodes realmente inspiradores e fixéchedes un traballo excepcional. Parabéns, mexiloeiros
    :-)

  5. Serantes…
    Agradecementos a ti por ser fervenceiro (VIF), pola boa compañía e pola enerxía e sabiduría que compartes. Verdadeiramente inspirador para este meu humilde balcón da Fervenza :-)

  6. GafaVintage,
    grazas pola aclaración. Quedei agradablemente sorprendida polo voso negocio, adoro todo o retro e se leva unha fermosa historia detrás, como no voso caso, é digno de admiración. Moi ben feito. Son fan vosa! Un pracer vernos pola Fervenza :-)

  7. Noe

    Ey! Graciñas pola mención. Non coñecía o teu blog, pero así do que vin, interésame :P
    Botareille unha ollada con calma…

    Apertas!

  8. Ola Noe :)
    Benvida ao balcón da Fervenza. Certo, son contidos que se prestan a ser lidos con calma, tempo e un bo contexto.
    Seguiremos léndonos. Apertiñas fervenceiras :-)

  9. Pingback: Agradecementos do Director do #MexilOnseTuits » Festival Social Media de Galicia | Festival Social Media de Galicia

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: