Fidelidade (I): protocolos

Sexo y amor (foto | Manu Dibuja)

Sexo y amor (foto | Manu Dibuja)

Non vos levedes a engano pola foto. Non vos vou falar de amor (non hoxe, algún día caerá) pero si introducirvos a esa cousa que chaman poliamoría, a “práctica, estado ou habilidade para ter máis dunha relación amorosa (vale, algo de amor si cae hoxe), sexual, simultánea, co pleno coñecemento e consentimento de todos os amores involucrados”.

Resúltame curioso, e acertado, o uso do termo ‘habilidade’, pois para calquera mente ‘culturizada’ (de mediatizada pola cultura) é complicado aceptar de entrada o concepto de amor/relación compartid@. Vai de fronte contra as determinacións establecidas pola fidelidade, que a RAE define como “lealtade, observancia da fe que alguén lle debe a outra persoa”. Frouxa a explicación.

Esta outra, máis wiki, xa di algo máis: “capacidade espiritual -o poder ou a virtude- de darlles cumprimento ás promesas”. Está “vinculado á lealtade (dunha persoa para un señor ou un rei) e a atención ao deber”. Procede, por certo, do latín ‘fidelitas’, que significa ‘servir a un Deus’. Ahá, aquí quería chegar, e agora explico por que…

Tuiteoume  un día a Chencha que “a fidelidade na parella a inventou alguén moi enfermo de celos”. Unha teoría feita á súa medida, pensei eu. E non lle din máis importancia que a dunha anécdota a sumar.  Pero logo cavilei…

Con tanta connotación de servidume, deber e obriga seica a fidelidade semella un algo máis unidireccional que consensuado. E así non é ao final máis que un acordo implícito entre un mínimo de dúas persoas que propoñen e dispoñen as súas propias normas ou protocolos nos que moverse. Implica, en casos moitas veces agochados, un sacrificar novos praceres ou un controlar a tentación de abrirlle a porta aos instintos primarios dados ou secundariamente impulsados. Non hai garantía, con todo, de que ese contrato sexa cumprido. Pero ocorre tamén que o desexo de que a outra parte sexa fiel produce a necesidade empática de non actuar á marxe da lei, isto é, de non facer o que a un ou unha non lle gustaría que lle fixesen. De manter o control, por entendérmonos.

Boto en falta, no entanto, unha matización e subcatalogación de concepto, dado que contemplo diversas vertentes da infidelidade, nomeadamente baseadas no ‘como’: de pensamento, de obra ou de ocultación. É infidelidade o sexo sen amor cunha terceira persoa, nun encontro descontrolado e ‘sen importancia’? É infidelidade o amor compartido con outra persoa, aínda sen chegar a ter ese contacto físico? Onde está a incorrección? Na obra, isto é en consumalo? Na ocultación ou na mentira?

Tampouco esquezamos que a monogamia non é un invento cultural senón unha revolución sexual impulsada polos primates. Pero diso falaremos nunha segunda parte. Ou terceira, porque con tantas normas e protocolos deixamos aos poliamori un tanto esquecidos. Haberemos de voltar a eles…

Non é intención da Fervenza criticar a práctica da fidelidade, nin moito menos. Pero si cómpre lembrar a importancia de poñer en cuestión e non dar por aceptados, sen reflexión, os conceptos que nos veñen dados por educación ou cultura, porque aí radican as diferenzas. Reflexionade, pois, fervenceiras e os. Cales son as vosas normas ou protocolos? Anímovos a comentar e compartir opinións, experiencias ou mesmo confesións neste voso balcón 2.0… Na forma na que veñan serán ben recibidos.

Bicos desde o balcón…

foto | Manu Dibuja
Anuncios

  1. Jacobo

    a fidelidade ou infidelidade é coma os cánones de beleza! son “normas” prestablecidas por unha sociedade que considera que iso é a maneira de comportarse ou de parecer. Se te saes de ahí eres un “rara avis”, un provocador… Cando falamos de instintos entramos na capacidade que ten cada un de controlalos. Cando falamos de sentimentos, hai que ter en conta sempre o de enfrente, se esa persoa asume o “poliamori” pois benvido será ese descubrimento de novas experiencias, se non, mellor pasar á seguinte persoa…

  2. Fervenceiro Jacobo,
    o teu comentario ben podería ser un parágrafo máis da entrada de hoxe. Falamos de ‘normas’ ao fin e ao cabo. Moi acertado, un pracer :-)

  3. Jesusfoz

    Eu creo que o problema da infidelidade é precisamente o engano, o incumprimento do contrato: calesquera que sexan as regras (non importa tanto o “normais” que sexan, dahí a importancia da liberdade), se se respectan (inclúe os poliamoríos, coñecidos e consentidos) non supoñen unha infidelidade, por moito que un terceiro á relación o considerase tal (que saberá este terceiro?).
    Entrar a valorar se unha fantasía pode constituir unha infidelidade xa me parece excesivo: non se pode controlar o subconsciente e o “pacto” considero que debe centrarse nos feitos, non nas vontades conscientes ou inconconscientes (dahí a importancia do autocontrol para manter a fidelidade, esa vontade de cumplir o pactado de forma expresa ou tácita).
    Como en calquera contrato, o mellor consello é falar e tratar tódalas incidencias na súa “execución” (e seguimos a falar de relacións persoais erótico-festivas) ;-)
    Comunicación, comunicación e comunicación, fundamental entre as persoas.

  4. Eu teño falado cos meus amig@s do tema das infidelidades, e entre o noso grupo de amizades os máis xovenes optan máis por ser fieis e non perdonar a infidelidade, e canta máis experiencia e mái anos, máis tolerante te volves nese tema.
    O que si queda sempre ben claro, é que se considera e non se perdoa a infidelidade na que se minte, ou si se fai por facer dano, pero se tes un casquete fora da parella, case que a maioría (sempre maiores de 40 anos) dicimos que a perdonaríamos ou non lle daríamos importancia sempre e cando nos a confesasen, pero non se perdonaría se non fose contada e si descuberta, xa que eso implicaría maldade e falta de confianza na parella.

  5. Consenso e comunicación, esas son as claves, meu fervenceiro Jesús. Un novo parágrafo máis para a entrada, moitas gracias :-)

    Fervenceiro Anxo, bo apuntamento, esa tolerancia semella ser produto da madurez, e é bo telo en conta. Completando o post, gracias :-)

  6. Las promesas son horribles ataduras. Y uno tiende a liberarse. Éso es fatal. M. Benedetti.

  7. Calidonia…
    Benvido ao balcón da Fervenza e mil grazas polos bos momentos. Unha aperta, novo fervenceiro :-)

  8. Pingback: Fidelidade (II): algúns estudos « a fervenza do sur

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: