Premio Liebster

Liebster Awards

A Fervenza recibiu esta semana un agasallo de máxima viralidade. Non, non falo de procesos gripais e si da concesión dun Premio Liebster Blog con dobre valor: o do propio galardón, que se agradece e moito, e o de formar parte desta cadea blogueira que non ten fin e á que lle poñemos un acento galego.

Chegoume da man de Laura Ruiz, xornalista, activista das letras, fervenceira e autora do blogue Una realidad (in)visible, no que recolle a actualidade desde ese punto de vista tan esquecido por moitos medios. Con categorías como ‘Igualdade’, ‘Dereitos Humanos’ ou ‘Discapacidade’, sobran os argumentos polos que colocar a Laura no saco de bitácoras necesarias, de mensaxes imprescindibles. Agradézolle desde o máis profundo da Fervenza que pensase en min, neste espazo, xunto cos outro catro premiados para repartir os seus cinco Liebster. “Porque en tempos escuros é bo subir a temperatura e seguir sentindo. E se é en galego, mellor”, argumentou ela. Mandaríalle de volta, e con razón, un dos meus cinco, pero a ‘lei’ non mo permite…

Os Liebster (favorito, en alemán) son premios simbólicos outorgados por autores de bitácoras baixo as seguintes normas:

  1. Copiar e pegar o premio no blog e enlazalo ao blogueiro que o otorgou.
  2. Sinalar os cinco blogs preferidos con menos de 200 seguidores e realizar  comentarios nos seus blogues para que saiban que recibiron o premio.
  3. Por último, agardar a que esas bitácoras continúen coa cadea e elixan os seus cinco blogues preferidos.

Pois ben, chega a parte difícil. Velaquí os meus #AndTheWinnerIs…

  • Pensa no medio | Rebeca Fernández. A Raíña Midas do ecoloxismo: todo o que toca o convirte en verde. Unha xornalista desnuclearizada, fervenceira, con firmes principios, concienciada co medio, estricta no seu traballo e veraz. Reúne todas as características de calidade na forma e no fondo. E contáxianos a todos. Eu xa son verde. E vós?
  • Rosomil | Vanesa Oliveira. Ten unha escritura doce e pracenteira e un espírito crítico dos que tanto escasean. Xornalismo, cine e literatura son os temas que toca nas súas landras, fermosas na prosa e enchidas de cultura.
  • Un país en lata | Fran P. Lorenzo. Porque para xornalismo de calidade o seu. Porque para mentes preparadas a súa. Porque para blogs imprescindibles o de Fran. Pouco máis hai que dicir dun blogue que fala por si so e xa conta cunha traxectoria máis que firme.
  • No es país para viej@s? | Trinidad Viña. Dálle a visibilidade necesaria a ese concepto tan idem que é o envellecemento activo. Coa súa visión enriquece tamén a Fervenza, porque dentro dese chegar á ‘maioría de idade’ adulta con corpo e mente activas tamén está o sexo. Practicalo en idades avanzadas non só non é alleo ou estraño, senón que é admirable. Non esquezamos aos nosos maiores, eles teñen a sabiduría e experiencia de toda unha vida. Gracias, Trini, por lembralo post tras post.
  • O Divino Ferrete. Aínda a risco de incurrir en legalidade -estou segura de que a carteira de seguidores ferreteiros é ben ampla- non podo deixar de mentar nun post como este ao meu blogue de cabeceira.  E o voso, supoño.

Dito isto, que rulen os Liebster…

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. Moitas grazas, Laura e parabéns polo premio! Agradezo que te lembres dos que intentamos dar a nosa visión do mundo só porque seguimos crendo que outro xornalismo é máis que posible, necesario e saudable. Elexirei no meu blogue aos meus favoritos que se parecen moito aos teus… ;) Bicosss

  2. Hola Nela y compañer@s,
    ante todo enhorabuena a Laura por su iniciativa viral, y Nela, ¡que te voy a decir a tí! ¡¡ no tengo palabras para describir la hemorragia de placer que me ha supuesto ver el nombre de mi blog en el tuyo y como galardonada!! Yo que soy una novata y que no llevo ni dos meses con mi blog. Pero debo pensar con calma si sigo esta cadena y os explico mis razones: mi blog es un blog profesional sobre temas de envejecimiento activo, con el que pretendo dar visibilidad a esta situación y hacer reflexionar a todas las personas, por lo menos, digamos mayores de 20 años….tod@s estamos inmersos en nuestro propio proceso con el pasar de los años…como trabajadora social actualmente me encuentro en búsqueda de empleo y para mí el blog está siendo una herramienta fundamental como instrumento y tarjeta de presentación ante entidades y empresas, si alguna vez has estado en desempleo durante mas de 1 año entenderás como me siento…Si bien a nivel personal sigo a los blogs que me sale del moño seguir, a la hora de enlazarlos en mi blog creo que debo ser mas cuidadosa y relacionarlo con contenidos que tengan que ver de alguna manera con los objetivos que me marqué, por eso vereis que los enlaces a mis blogs de interés son relacionados con el trabajo social y personas mas mayores. Podría nombrar alguno de ellos como premiados, pero me niego a no hacer una mención expresa de Nela u otros blogs de diferente contenido,prefiero silenciarlo en él y tratarlo a nivel personal y privado.
    Ay, Neliña, a lo mejor me hago demasiado lío, quizás influye mi novatez todavía en este mundo bloguero, pero nada mas lejos de mi intención que ser desagradecida o no querer formar parte de iniciativas tan atractivas y necesarias ayudándonos entre tod@s a la difusión de nuestras bitácoras, pero en estos momentos mis circunstancias y blog me obligan a obrar así….
    Me has dado a conocer el blog de Laura y de los premiados, he entrado y leído algunos de los posts de tod@s los blogs citados, no conocía ninguno, y me he hecho seguidora de algunos que me han gustado mas…¡y no digo cuales!
    Nela, de novo unha aperta grande por sentirme tan recoñecida e que te lembraras de mín, ¡graciñas de novo! e pido desculpas por si non é o normal a miña forma de proceder entre a comunidade blogueira, pero intento que comprendades as miñas razóns…
    Un saudiño a tod@s, leémonos!!

  3. Pingback: Paréntese | pensanomedio

  4. Ola Trini e déixame darche as grazas polas túas palabras e o tempo investido en tan traballado comentario. Es unha fervenceira moi activa e iso é, por descontado, algo moi de agradecer.
    Sei que o teu blog, como o meu en realidade, está nacendo. E se o incluín nesta lista foi porque me interesa moito a temática do envellecemento activo e gústame que poñas en valor aos nosos maiores para os que, de paso, defendo unha sexualidade igualmente activa.
    Segue por ese camiño e non perdas ese carácter fervenceiro. Aprendo, aprendemos de ti, Trini.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: