Rúa Pracer | Ollada Fervenceira

Unha Fervenza, e máis esta nosa do Sur, suponse enchida. Pero seica nada poden facer chuzos de punta como os que mollaron -e seguen a mollar- Galicia estas últimas dúas semanas, contra os caprichos tecnolóxicos. De certo foi un problema técnico, que non meteorolóxico, o que alongou esta breve pero lamentable seca fervenceira de máis de dez días. Solventable. E disculpable, agardo.

Se hai algo que me namora deste noso espazo é que se vai facendo non coas dúas mans desta que escribe senón con outras moitas. Unha Fervenza 2.0 colectiva que colleita maravillosas inspiracións, testemuños, retratos, sorrisos e talentos varios de musos e musas do Sexual Media (SM) e do reality que é, ao fin e ao cabo, a vida.

Das vosas olladas tamén se alimenta este espazo. E a de hoxe é tan simple como fermosa na súa captura porque inmortaliza o intre no que unha fervenceira ergue a ollada cara a un cartel e se lembra da Nela. E iso gusta, senta ben, e enriquece o noso maxín. A terriña está ben chea de praceres… e estes agóchanse ata nas paredes.

De: GoGo

De: GoGo

O mundo a ollos da Fervenza e A Fervenza a ollos do mundo, aquí

Anuncios

  1. Anónimo

    ¿a orixinalidade pode ser unha rutina?

  2. Considero que algo orixinal, na perspectiva de sorprendente ou diferente, é un concepto que se contrapón ao de rutineiro.

    Con todo, tamén penso que un/unha se pode acostumar á orixinalidade, converténdose esta en rutina, aínda que sen necesidade de perder ese punto de diferencia ou mesmo sorpresa.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: