Semana Santa | Ollada Fervenceira

A Chencha non é devota, nin moito menos, pero cumpre a Semana Santa liña por liña. En versión propia, claro. Dálle a volta: para ela o ‘de Dolores’ é o sábado e por vir xusto despois dun gran venres ‘de Paixón’ sen freo.

A ollada fervenceira de Manu Dibuja

De: Manu Dibuja

Vive a súa propia (petit) Mort e Resurreción. Santos son os xoves, os venres e calquera outro día que lle agasalle un bo plan fervenceiro… por ese camiño si que é entregada fiel e asegura pode ver ata á Virxe. Agora ben, o da abstinencia da carne non hai quen llo meta. Quen lle meta a abstinencia porque ela nunca rexeita un bo cirio carnal.

Nin que falar dos nazarenos, que a Chencha é moito de botar a cabeza a pensar e imaxinar entre paso e paso o rostro de quen se agocha baixo aqueles caparuchos en punta cara ao ceo. Férvelle a imaxinación. E eu a dicirlle que non, que é cousa lendaria de terras escocesas o das gaitas ao aire, pero ela insiste e non hai quen a poña no chan, porque prefire pensar que hai moito morbo nas túnicas nazarenas cos seus propios capirotes apuntando baixo as saias.

De costaleira gustaríalle ir a ela, e agocharse baixo as imaxes para facerlle honra á paixón da que se fai gala nestes días. E de paso meterlle ritmo aos pasos…

Por cumprir, cumpre ata as previsións do tráfico… O da Chencha si que é unha auténtica Operación Saída!

A Fervenza deséxalles un fervoroso Domingo de Rabos e unhas prósperas Domingas de Ramos!

O mundo a ollos da Fervenza e A Fervenza a ollos do mundo, aquí

 

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: