Sexo verde e sustentable

Condóns VeganosEcoloxismo nos alimentos. Ecoloxismo nas enerxías. Ecoloxismo no vestir. Ecoloxismo no pensar… E ecoloxismo no sexo. Ser verdes na cama é cada vez máis doado. Se xa falabamos meses atrás da masturbación sustentable’, agora xa nos introducimos no seguinte dos estadios: o sex shop ecolóxico. Ou como disfrutar do sexo sen contaminar, respectando o medio e con produtos reciclados.

Other Nature (Outra Natureza) é o nome da primeira tenda de sexo sustentable aberta en Berlín baixo a filosofía vegana, de corrente feminista e coa mentalidade verde por bandeira. Copas vaxinais, látegos sado-maso fabricados con rodas de bicicleta, pasteis libres de ingredientes de orixe animal…

Sen escuridades, nin ás agochadas nin baixo topicazos. A tenda berlinesa amosa un novo concepto estético de sex shop: aberto, luminoso, con sofás que invitan ao relax e formalizan a venda do produto sexual verde nun espazo cómodo, naturalizado e normalizado, como na casa. As súas propietarias defenden que “o sexo debe ser sexi e sustentable. Queremos vivir nun mundo onde a xente pense como as súas accións poden afectar ao planeta e a todos os que o habitan”. De aí que todos os produtos que distribúen sexan fabricados con materiais “veganos e eco-friendly

“Cremos que os seres humanos son unha mistura de elementos ambiguos e frecuentemente contraditorios. Podemos ser anxo e demonio, virxe e puta, nai e ama dominatrix e moito moito máis. A idea de que unha cousa é máis natural ou normal que outra é resultado de imposicións históricas e políticas (na nosa humilde opinión)”

Sara Rodenhizer e Anne Bonnie Schindler recoñecen ter certo perfil de clientela, principalmente mulleres lesbianas, pero aseguran estar abertas a todo tipo de público e tendencias, nunha cidade como Berlín que, segundo consideran estas innovadoras empresarias verdes do sexo, é todo un exemplo de tolerancia. Admiten “xente de todos os xéneros e orientacións sexuais, extrovertidos e introvertidos, ricos e pobres, estudantes e pensionistas, virxes e putas…”

De entre os seus catálogos de produtos, unha filosofía a destacar: “A resposta á mala pornografía non é nada de pornografía, senón o esforzo por facer unha mellor”. Innovación, ecoloxismo e naturalidade. Un novo sexo de ‘Outra Natureza’.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. Pingback: Bolas chinesas « a fervenza do sur

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: