O excitante punto C (#Compostweets2012)

Compostweets2012 (foto | Manu Dibuja)

Compostweets2012 (foto | Manu Dibuja)

Teño á Chencha enrabechada. De desherdarme para arriba. Chamou á miña porta hoxe, domingo, ben cedo tras arrastrar os fouciños polo corredor do edificio…

– Amósame unha patiña por baixo da porta para que saiba que eres ti -díxenlle

O dedo longo da man dereita foi o que recibín. Moi elegante, a Chencha sen dúbida. Abrín…

– Así que ao Compostweets, así que vas ao Compostweets e non me levas!! Tanto me ispes e falas da miña perrecha no teu blog para logo deixarme na casa. Por que? Por que? Eh? Eh? Por que?

Intre de reflexión-decisión. Excusa? Arriscado, cheira unha mentira máis rápido do que baixa as bragas cando bebe dous viños. Un argumento real? Pode ser. “Si, claro, para acabar coas bragas baixadas cos caldos do catering”… Opción pouco mercantilista, preciso ter contenta á miña proveedora -anda que non aprendín de marketing no #Compostweets2012!! -. O que, pois?

– É que só me invitaron a min…

‘É que na miña casa se xoga así’, ‘é que me doe a cabeza’, ‘é que mañán madrugo’, ‘é que cando cheguei xa estaba roto’, ‘é que era garrafón e isto non hai quen o levante’, ‘é que miña nai non me deixa deixalo’, ‘si que me gustou, é que non son moito de xemidos’… Botei man do excusario popular de referencia (o do ‘é que’ ou ‘ diccionario equeísta’) e pareceu non convencela de todo, pero foi abondo para devolver os fouciños da Chencha ao seu estado orixinal.

– E que tal foi? -soltou coa boca pequena, cunha apertura e volume ideal que en tantas situacións sociais lle boto en falta.

– Redondo!! Foi un encontro pleno, onde tod@s, grandes expert@s no asunto, souberon que dicir e onde tocar a cada intre para manter o interese acendido e quentar o ambiente, nunha demostración colectiva de boas intencións e mellor conexión, que culminou onde tiña que facelo: nunha satisfacción total.

– E que? Falaches rápido, quedaches sen aire ou botaches a correr?

– Mira que es zorra! Ningunha desas cousas. Superei o pánico escénico porque tiven as e os mellores amantes posibles para perder a miña virxindade blogueira…

– A blogueira, si, que a outra soltáchela cando Rosalía escribía poemas…

– Si, certo, e lémbroo ben porque por aquel tempo ti xa non podías pechar as pernas. Menudo resorte vaxinal que tes!!! Marcha pa casa, vai!

– Vale, vale, para…

– Ademais, que se che perdeu a ti no Compostweets? Que sabes ti de tecnoloxía alén do control remoto do teu dildo ‘Robocop’?

– Bua, pois… nada… que quería ir e iso…

Iso si que era raro…

– Querías buscar plan de sábado? Había algunha á que quixeses pervertir? Á Publiwoman? Querías presentarme ti, non é? Ou querías venderte no SpeakFree? Non me digas máis, era por Marimar… tamén mariscofilia, Chencha?

– Non, é que…

– Cuspe xa que marcho pro baño!

– É que quería unha foto con Stabri

Acabáramos!! #Claaaaaaaaro!!! Todos queriamos unha foto con Stabri (eu teño a miña) e grazas a Anna G. Reig, Community Manager e blogueira teatral, como orgullosa portadora de luxo, cumprimos o antollo. Máis riquiña…

A Chencha aparcou a rabecha e, por fin interesouse pola miña experiencia no Compostweets. Faleille dela con tanta emoción e ilusión infantil como quen lle conta á amiga no recreo que Pepiño lle deixou unha notiña no libro de Sociais -que non, que eu non cheguei a Coñecemento do Medio-

Empecei por Alfonso Freire, encantador fado madriño do meu bautismo blogueiro público, e dos collóns que tivo de sentarme na mesma cadeira que antes ca min ocuparon o gran gurú das redes sociais José Luis Orihuela guiado por un non menos xenial Marcus Fernández en ton de entrevista e con grandes sentenzas 2.0, ou as orixinais propostas de Buydeal e Publiwoman, da man de Carlos Toural. E a mesma cadeira que despois do sexo oral –osea falado- serviu para manter as sensacións pracenteiras (as que nos veñen desde un pouco máis para arriba, do estómago) co Coachinero e El marisco no es caro. Con este último tivemos un amago emprendedor por iso do punto afrodisíaco que ten o noso marisquiño… A mesma tarima que serviu para revisionar as xeniais cintas de Vivamos como galegos -pero non ‘falemos como galegos’, unha mágoa- con Briefing Galego, Mariano Munuera, Antonio Porto, ou descubrir as cifras do fenómeno dos videos virais na rede. A tarde foi para os grandes speakers dos que nada hai que dicir máis que son musos para calqueira que, coma min, estea poñendo os pés en chan blogueiro: Wicho, Serantes, Pumarola e Rocamora… que bos sodes, carallo!!

– Ai, Chencha, se queres máis detalles bótalle un ollo ao Blog de Serantes que explica perfectamente como foi. Ou á edición dixital de El Mundo Galicia, que tamén lle gardou oco ao Compostweets deste ano.

Hai que optimizar recursos -marketing total, ou yeah!-

—–

PD: con tod@s os que falei, que me escoitástedes, que me agasalláchedes cun sorriso mentres vos ofrecía o meu modesto sexo -verbal-, que déchedes ánimo, críticas construtivas e boas palabras. E a tod@s @s que tivéchedes as pelotas de subir ao escenario a defender as vosas propostas. Non estades mencionados tod@s, pero si implícit@s, non teñades dúbida.

Anuncios

  1. Pingback: Twittear en la vida… Estoy muy friki. | Sobre-Información

  2. Pingback: marcus.es » Compostweets 2012: adaptarse ou morrer

  3. Pingback: Orgasmos tuiteados « a fervenza do sur

  4. Pingback: MexilOnseTuits « a fervenza do sur

  5. Pingback: Compostweets 2013 | Non hai dous sen tres « a fervenza do sur

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: