Sexomnes (again)

Non é o mesmo durmirse tendo sexo que ter sexo durmidos. No primeiro dos casos, falamos dunha situación a medio camiño entre a frustración e a experiencia traumática –para o que fica esperto–. No segundo, dunha desas realidades documentadas mais non transformadas a cifras, desas que se sabe que están pero ninguén acaba de confirmar ou analizar máis en profundidade.

Aqueles que practican sexo durmidos e, xa que logo, de xeito inconsciente, reciben o nome de ‘sexomnes’ e a actividade en si xa foi bautizada como ‘sexomnia’. Son os que se coñecen como ‘sonámbulos do sexo’ e que, a diferenza dos seus colegas de trastorno do sono, cambian os simples paseos á fiestra ou á porta da casa por auténticos e intensos encontros sexuais dos que á mañá seguinte non teñen lembranza ningunha.

A experiencia vai alén dos coñecidos como soños lúcidos e, á vez, distáncianse desta ‘habilidade onírica’ tanto na forma como no nivel de control do afectado.

Catalogado como trastorno e tratado pola vía combinada da psicofarmacoloxía –diván+pílulas–, algunhas liñas relacionan o sexomnio –sexnambulismo, diría eu– con situacións de ansiedade, estrés ou consumo de drogas. Tamén se empeza a relacionar co abuso de alcol e drogas ou coa epilepsia. Non está, no entanto, exento de riscos como os que derivan do non uso de métodos de protección ou o non poder diferenciar, en plena inconsciencia, a parella escollida para a sesión de sexo onírico. Nin a intensidade…

Non hai, dicía, estatísticas como tal, nin grandes informes ou investigacións ao respecto, pero si pacientes documentados e mesmo aceptados xudicialmente, segundo recolle a publicación online de Muy Interesante: en 2005, o ‘sexomnio’ admitiuse como atenuante no xuízo contra un acusado de violación. A revista apunta tamén o caso reportado polo médico australiano Peter Buchanan (2004) dun paciente, con parella estable, que tiña por rutina manter relacións con outras persoas en estado sonámbulo.

Non queda claro, con todo, se os afectados de sexsomnia son vítimas ou beneficiados: para algunhas parellas, o sexo que experimentan nese estado de inconsciencia é máis intenso e pracenteiro que o que obteñen pola vía rutineira. Non é de estrañar tendo en conta que é o de durmir o intre no que os nosos soños e fantasías foxen do seu encarceramento diario e nos amosamos, aínda que sexa inconscientemente, espidos de prexuízos e mediacións. Se a esa actividade mental lle unimos unha acción corporal real, o resultado é, canda menos, interesante, revelador e, de certo, tamén algo intimidante…

(posteado en O Divino Ferrete)
Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: