Materia pendente

Ante o risco de cumprir o mes sen asomar a cabeza pola balcoada da Fervenza, o meu rato dixital foi dar esta noite na pestana propia de Favoritos. Desaproveitar tal intre de lucidez poríame no camiño do risco de dous meses. Así que velaquí vai un anaco máis de -desesperada- inspiración fervenceira.

Suxestivo, canda menos. Non si? É de Aisos (Austrian International School of Sex’) / Escola Austríaca Internacional de Sexo’), a “primeira escola práctica de sexo” na que se educa en “posicións, teoría sexual,…” e, en xeral, en “como ser un mellor amante” a través dunha formación complementaria de teoría sexual moderna e historia do sexo, aseguran os seus responsables.

Coa matrícula xa aberta para os seus cursos, nomeadamente prácticos, invitan á reflexión:

“Canto tempo da túa vida gastas en desenvolver as destrezas mentais e físicas e canto invistes nas destrezas amatorias, que son as que realmente importan…?

Á par, e en referencia ao anuncio incrustado sobre estas liñas, botan ao aire outro cavilamento con tinguiduras de denuncia. Ao parecer, a publicación do video non foi nada ben recibida…

“Isto é (o video) o que o público de Austria non pode ver. Cada día hai unha media de doce asasinatos en TV como puro entretenemento. As nosas salas de estar están constantemente cheas de imaxes de violencia. Pero amosar imaxes fermosas (son realmente fermosas) dunha parella de amantes parecen ser máis do que os austríacos poden soportar (…) Pensen nisto: cantas mortes viu un neno de dez anos en TV? Un cento? Un milleiro?Se poidesemos empezar de novo e incorporar outros valores na nosa sociedade…”

Técnicas Sexuais, Coito Avanzado, Masaxes Sexuais, Técnicas Sexuais II e Historia do Sexo, son as disciplinas que oferta a escola austríaca, dirixida por Ylva Maria Thompson, nunha residencia preto de Viena e a un prezo aproximado de 1.500 euros, comidas -de plato- incluídas.

Ylva-Maria Thompson

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. Mason Xuzyxis

    Se não são eliminados, depositam se nas fendas dos tecidos pela lei da gravidade e, ao fermentarem, produzem doenzas mentais e físicas, levando a uma morte prematura.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: