‘Voyeurismo’ e exhibición nas redes sociais

As redes sociais veñen satisfacer os morbosos desexos do voyeur pasivo e do exhibicionista inquedo que todos levamos dentro. ‘Pasivo’ pola nova categoría que a ferramenta social media (SM) lle imprime á actividade voyeurista: xa non hai que investigar, non hai que preguntar. O cotilla nin sequera se esforza xa polo seu obxectivo: agarda pasivamente a que a información lle chegue, e cambia o seu papel de inquisidor polo de filtro. Ten, nas redes sociais, o maior ficheiro de vidas privadas, a meirande vitrina de intimidades coas grandes facilidades de acceso e inmediatez que novos medios  ofrecen e troca o seu papel de ‘confidente’ polo de ‘amigo’. Virtual, enténdese.

As novas formas de comunicación socio-dixital democratizan os accesos temáticos e sitúan o sexo, a erótica caseira e o porno ao mesmo nivel doutros intereses menos agochados, véxase música, medio ambiente ou política. Arríncanos da gaiola construída a base de prexuizos, censura socio-familiar e olladas suxas e sitúao no mesmo escaparate que comparten cine, sanidade ou novas tecnoloxías. Xa non se gardan as revistas baixo o colchón; xa non se accede ás agochadas ás seccións escuras do video club; xa non se descifra a codificada película do Plus. O usuario troca tamén de papel: de voyeur a exhibicionista que enche o escaparate dixital de erotismo autoproducido. Hai algo semellante a unha retroactividade multimedia pola que o sexo entra nos fogares da man dos consumidores e por estes mesmos sae reciclado en autofotos e cintas de porno caseiro.

O sexo está on line, consúmese na rede e esparéxese por bitácoras, video-canais e social networking como a escuma. De feito, as redes sociais porno xa figuran entre as páxinas máis visitadas do mundo e están cambiando a industria do porno tradicional, que mesmo se acomoda aos novos medios. Actores e actrices do sexo publicitan os seus talentos e virtudes a través de websites de contido explícito. Son un ben de consumo máis e, como tal, teñen o seu espazo reservado.

O sexo -lexítimo, enténdese-, por presencia ou por ausencia, é unha parte indiscutible da vida. E espilo de tabúes unha tarefa necesaria que as novas formas de comunicación socio-dixital facilitan de forma especial.

(posteado en Xanvilar)
Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: