Iván Ferreiro

Nacía este blog hai máis de cen posts e facíao con música de fondo. Unha tímida cita na que esta que agora escribe prometía atopar un punto especial nos corpos e mentes dos que, supoñía daquela e sigo supoñendo, se unían á ruta do pracer e hoxe comparten espazo axexando no balcón da Fervenza. Unha primeira cita a cegas coa que considero a canción máis sensual e sexual das proezas musicais do galego Iván Ferreiro, quen, sexa dito de paso, saca disco.

Non está Audrey (por certo, video amateur de mdmbit vía Youtube) entre os tres discos do paquete Confesiones de un artista de mierda, pero na miña cabeza non deixa de xirar. ‘Recorriendo los caminos, respirando los latidos… Sé que deseas hacerme cosas…’ Audrey sabe a sexo paseniño, ben feito, de orgasmos sofisticados, movementos coordinados. Amantes que pestanexan a cámara lenta e se desfán en cada respiración, en cada latexo, anegados de suor entre ligas, terciopelo e nudos de cereza

Segue xirando o disco na miña cabeza -e nos auriculares- á espera de renovar os votos cos presuntos e silenciosos lectores de A Fervenza do Sur -camiño dos 300 en Facebook-. Para eles, para vós, son estas notas, a Chencha, o balcón, os segredos, as reflexións, as novas, as chiscadelas, os peitos, as ausencias… O pracer, máis que nunca, é voso.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: