Do ‘pollón’ e a sofisticación da idade

Unha non sabe a de tesouros que pode atopar facendo mudanza. Obxectos case borrados, lembranzas doutros tempos, trebellos vestidos de ferralla e pó, cousiñas non só esquecidas senón descoñecidas…

Atarefada entre caixa e caixa, ao fondo dun caixón atorado de vellas prendas interiores, desas que unha deixa de utilizar ou ás que, directamente, lles nega un primeiro uso, sentín algo que se me antollou cilindro con pel de pano. Palpei un chisco máis e non tardei en descubrir ao meu vello vibrador, agarimosa, delicada e discretamente bautizado como ‘pollón’ e máis propio da esfera do porno duro que do rutineiro auto desfrute erótico-festivo. Relegado ao almacén da obsolescencia, rosado, de grosor XXL, esaxerada lonxitude e con veas tridimensionais, ben gardadiño nunha toalla verde pastel -pero que delicado!-. Cunha mermada capacidade de vibración e sen baterías. Un deses obxectos case borrados da memoria, mais non descoñecido.

Iniciei entón unha viaxe pola biografía e visiografía do ‘pollón’ e decateime de como co paso dos anos nos vestimos dunha certa sofisticación que nos leva a discriminar os artiluxios máis agresivos en favor doutros máis delicados -con ou sen verde pastel- ou de aspecto menos evidente. Ao igual que se impón un novo fem porn, o público feminino demanda xoguetes que atendan á súa especificidade, diversidade e creatividade sexual.

O armario quedou finalmente baleiro e o meu vello amigo marchou. Non tivo a sorte de caer nunha desas tantas caixas que aquel día, e moitos dos seguintes, carrexei dunha porta a outra. Foi o fin dunha gran, e íntima, amizade. Unha amizade XXL.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: