Sexo e ximnasio

Curioso o dos videos musicais que poñen nos ximnasios. Mulleres esculturais, nádegas anti gravidade, camisetas molladas e movementos a cámara lenta –ou é quizais un efecto óptico por levar moita velocidade na bicicleta… – Na sala de máquinas, as usuarias súan visualizando un futuro e circular cu de pedra. Nos bancos de pesas, eles soñan con levar á cama as femias do televisor…

Pero alén de fantasías, subidas de temperatura e suores, sexo e ximnasia van da man en moitos aspectos. A práctica de exercicio físico favorece a producción de testosterona nos homes, eleva a autoestima e mellora o desexo sexual. Protexe, ademais, ante problemas como a disfunción eréctil. En termos de equivalencia, un coito permite queimar ata 150 quilorías e ten o mesmo efecto que subir a un segundo piso (Princeton Consensus Panel).

Sexo e exercicio físico, pola contra, divórcianse no caso do deporte de elite, malia que non sen controversia. Sitúanse, por unha banda, os que defenden a abstinencia absoluta para manter a tensión e evitar unha excesiva relaxación do deportista. Pola outra, os que consideran necesario suavizar con sexo a agresividade de xogadores de fútbol en risco de ser expulsados por actitudes violentas no campo, e lembran o efecto ‘anabolizante’ do coito, que mellora o rendemento físico. Non hai consenso.

Na banda oposta, os excesos anulan todo tipo de beneficio: o consumo de anabolizantes e tratamentos con testosterona asociados á vigorexia botan por terra tanto o desexo sexual como a capacidade de erección do deportista.

(posteado en O Divino Ferrete)
Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: