Marcha das Putas

Dicíao Santiago Segura no traxe dun corrupto político no comentadísimo filme Airbag: “… que as visten como putas”. Como broma, nese contexto, non deixa de ser anecdótico. Pero cando é un axente da lei e na vida real quen lles recomenda ás mozas “evitar vestir como putas” para non seren violadas, a reacción é previsible.

A polémica advertencia veu da boca dun policía canadense nunha conferencia a principios deste ano. Sete meses despois, xa son máis dunha decena os países que se uniron á chamada ‘Marcha das putas’ (Slut Walk), iniciativa nada en Toronto (Canadá) e exportada ao mundo enteiro.

O caso de México D.F. foi especialmente salientable dados os altos niveis de violencia contra as mulleres que rexistra: 1.200 violadas cada ano, a metade delas mozas con idades comprendidas entre os 10 e os 20 anos. Os feminicidios son hoxe unha lacra no país mexicano, onde perderon a vida de forma violenta máis de 1.700 mulleres entre xaneiro de 2009 e xuño de 2010, isto ante a pasividade das autoridades, segundo datos dos que dispón o Observatorio Cidadán Nacional do Feminicidio.

Con berros como ‘llevo faldita, no soy facilita” o “escucha, baboso, yo elijo a quien me cojo” e co ‘non significa non” por lema foron miles de persoas (entre 2.500 e 7.000 segundo as diferentes fontes oficiais) as que se lanzaron ás rúas na capital mexicana no mes de xuño convocadas a través do altofalante das redes sociais para protestar contra a lacra da violencia de xénero e defender o dereito das mulleres a escoller as súas roupas sen ser culpadas por incitar ás agresións sexuais.

Noutros países como Guatemala, Arxentina, Estados Unidos, Gran Bretaña ou Australia xa se produciron reaccións similares e multitudinarias. A última cidade en sumarse ao movemento ‘Slut walk’ foi Nova Delhi (India), o pasado 31 de xullo, cando centos de persoas encheron as rúas cos seus berros contra o acoso e as agresións sexuais.

posteado en O Divino Ferrete
Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: