Falometrics

  • Micro: menos de 7 centímetros
  • Pequeno: ata 13 cm.
  • Medio: 13-15 cm.
  • Ideal: 15-17 cm.
  • Grande: 17 e 20 cm.
  • Macro: máis de 20 cm.

O pene, ese crebacabezas masculino ferramenta de pracer e ao tempo orixe de grandes complexos. Falamos de falos en erección, segundo unha clasificación realizada pola Asociación Española de Androloxía, Medicina Sexual e Reprodutiva (Aesa). Os expertos sitúan en ao redor de 13,5 centímetros de lonxitude e nos ata 4 de diámetro o que se podería considerar un pene normal ou medio na nosa área de influencia xeográfica.

Alén de Galicia, os franceses son os que a teñen máis grande (16 cm), seguidos de Italia e Rusia (15), Alemaña (14), Xapón (13), Estados Unidos (12,9), Grecia (12), e Corea, que pecha o ranquin cunha media de 9,6 centímetros.

Obsesionado co tamaño? Importa, por suposto. Pero cómpre matizar: se unha vaxina media mide uns 14 centímetros de profundidade, a que ven soñar con macromedidas para uso diario? Cousa aparte son as necesidades profesionais do porno, os gustos estéticos ou as demandas máis esixentes, que as hai. A erección, no entanto, pode multiplicar por dous, por tres e ata por catro a lonxitude medida en repouso no caso de tamaños medios ou pequenos. A capacidade de extensión redúcese no caso dos falos máis grandes.

Tentado de medila (outra vez)? Faino en erección, desde o punto no que une co óso pubiano e ata a punta, coa regla á par, nin por riba nin por baixo. Ten presente que a cifra pode variar dunha erección a outra. E non esquezas que non hai falo pequeno senón home torpe. Ou vaxinas grandes de máis…

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. Luis

    Normal….e funciona ben…nunca a medín…

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: