Da Chencha: espertar sexual

Contábame a Chencha, en vésperas da máxica e galega noite de San Xoán, aventuras de anos pasados. E entre unha e outra anécdota, o sexo. Nada raro, por outra parte, porque a Chencha é moi de contar intimidades. ‘Amaña un blog’, dígolle eu. ‘Non oh!’, espeta ofendida. Mellor, non preciso nin quero competencia, que se a Chencha sacase a lingua a pasear…

Contábame ela, digo, como o seu espertar sexual coincidiu cunha desas máxicas e galegas datas da noite de San Xoán. Curiosa e interesada xa tempo antes por todo o que fosen as diferenzas xenitais de homes e mulleres, mais non decidida, aquela tarde botara man da morea de revistas aportadas pola veciñanza para avivar o lume das cacharelas. E o da Chencha, abraiada non tanto polos peitos das mozas de portada da Interviu como polos xogos de pernas, ollos e mans doutras mulleres nas páxinas do interior que descubría agochada tras aqueles muros. E conforme pasaba follas, entre risiñas acompasadas coas amigas, detectaba unha descoñecida sensación baixo ventre. Algo fervía aló polo sur. Algo que, con todo, daquela non chegaba a identificar. A Chencha cría sentir, e non se avergoñaba de explicalo, unhas necesidades ben diferentes ás do desexo sexual.

Non perdeu a curiosidade xenital, mais si a capacidade de sorpresa, co paso dos anos e das sexperiencias. Di ela. Tampouco lle desagrada ver o xogo de pernas dos fermosos corpos espidos en páxinas interiores. Pero hoxe sabe con certeza que o que poida sentir aló polo sur nada ten que ver coas ganas de mexar. Así o conta a Chencha…

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: