Notádesvos máis cachond@s? [again]

Non sei que pasa estes días que escoito tanto falar de sexo. Quizais é cousa do verán, que chegou así desta maneira, sen deixarse ver nin tan sequera asomar a patiña baixo a porta.

 Xa estades máis cachondos?. Hai un ano soltaba esta mesma pregunta neste daquela neonato blog. Facíao por cuestións científico-hormonais, non vaias pensar. E pola constatación de que o período estival dispara a libido masculina polas subidas de vitamina D que ofrece o sol que máis quence. Pura ciencia.

Outras teorías máis prácticas apuntan aos calores orgánicos e suores corporais, cos que un xa ten parte do traballo feito ou, polo menos, está aclimatado. Ás escasas teas que cobren os corpos femininos. Aos múltiples escenarios onde coleccionar orgasmos -aos galegos encántanos mollar na praia. Aos múltiples amantes aos que roubarlles orgasmos. Ás vacacións, ao tempo libre, ao bo humor… Ao San Xoán, que noite máis ardente non a hai.

As cacharelas, as nosas cacharelas, teñen moito de sensual e de sexual. Porque acenden cun pequeno toque, preciso e ben dado. Porque queiman e crecen, desde abaixo a arriba e de dentro cara a fóra. Porque nos arrincan os demos da alma. Porque podes alimentalas. Porque hai un punto de non retorno antes de que o orgasmo desfai o corpo en cinzas. Pola maxia, polos berros, porque hipnotiza…

Boa noite de San Xoán (a de mañá). Xogade con lume. E queimádevos…

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: