Sexo na terceira idade

Contábame un día miña avoa nun intre de sobremesa, entre escandalizada e abraiada, o que alguén lle contara das lesbianas… ‘Ti sabes o que fan? A unha lambéndolla á outra!!’ E eu ría con ela entendendo que non o entendese, permítaseme a redundancia, e tentándolle facer ver o natural do asunto. Misión imposible.

Non agardo que cos seus máis de 80 anos asuma realidades que no seu tempo, se ben estaban, non se vían. Pero sinto mágoa daquela súa mentalidade pechada e de que non comparta cama con outro corpo que lle dea calor sexual.

Liesbeth (76) and Cor (70) (Marrie Bot-Timeless love)

Liesbeth (76) and Cor (70) (Marrie Bot-Timeless love)

Doe, e moito, pensar nos pais tendo sexo. Pero é algo que, dunha forma ou otra, sempre xorde na mente dun mesmo ou dun súpeto comentario. ‘Claro que teus pais follan, naceches nun pesebre ou?’ Pero cando nos subimos unha xeración arriba nin sequera formulamos ou debullamos, ou non na mesma medida, que os avós poidan ter sexo. Eu mesma, e aquí me confeso, volvín a ollada cara á dereita desde o asento de copiloto do coche cando vin unha parella cáseque pasando á parte dos tres rombos peito contra peito e costas contra unha desas moitas e frías paredes que visten Compostela. El coa man en alto, afundindo as unllas na pedra. Ela, cun incontable número de brazos tentando abarcar todo canto corpo podía. Bicándose sen freo. Ollei dous segundos. Aviso ao piloto. Comentario tópico. E saltei: ‘Pero se son maiores’. Non tardei nada en avergoñarme do (pre)xuizo.

O sexo na terceira idade non só é unha posibilidade, senón unha realidade que, xa dito de paso, moi ben plasmou o obxetivo de Marrie Bot na colección Timeless Love (2004). Os avós tamén se aman, se tocan e se sinten vivos. Hurra por eles e por aqueles de nós que, co paso dos anos, sexamos capaces de espirnos de prexuizos e desfrutar dos nosos e vosos corpos, porque non seremos raros, nin suxos, nin pervertidos. Seremos afortunados.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: