30 anos de sida, 25 millóns de mortes

Entre o GRID (Gai Related Immune Disorder ou desorde inmunolóxica relacionada coa homosexualidade) e a SIDA (Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida) pasaron décadas. Concretamente tres. E é que foi tal día como mañá, 5 de xuño, no ano 1981 cando se coñeceron os primeiros casos de afectados, que se diagnosticaban como pacientes de GRID. Ese mesmo día facíase público o estudo ‘Cinco homes novos de Nova York e California, todos eles homosexuais activos’, documentado polo Centro de Control e Prevención de Enfermidades (CDC) de EEUU, e que recollía os casos de homes de 20 a 30 anos diagnosticados con tipos de pneumonía e do cancro de sarcoma de Kaposi que ata entón só afectaban a persoas co sistema inmunolóxico moi deteriorado.

Casos posteriores aos primeiros ‘GRID’ foron minando a teoría da ‘exclusividade gay’ ao descubrir afectación por consumo de drogas e en heterosexuais. Xurdía así, neses primeiros anos da década dos 80, unha nova descrición resumida baixo o rótulo da misteriosa ‘síndrome dos catro H’, con base no perfil de quen padecía a desconcertante doenza: homosexuais, heroinómanos, hemofílicos e haitianos. Tese tamén botada por terra.

Máis de 33 millóns de persoas (33,3) conviven actualmente coa sida, convertida co paso dos anos en terrible pandemia que deixou tras de si un balance de 25 millóns de mortos e un total de 60 millóns de infectados en todo o mundo. Na nosa comunidade, e desde que en 1984 se detectou o primeiro caso, máis de 2.108 galegos perderon a vida por esta enfermidade, que padecen ou padeceron 3.828 personas, segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) actualizados con data de finais do 2009.

Hoxe sabemos moito da sida e, non habendo curación, dispoñemos de tratamentos; pero os primeiros encargados de lidar co virus no laboratorio conviviron máis coa absoluta incerteza que cos datos.

Malia facer a súa primeira aparición trinta anos atrás, ata 1983 os científicos non acadaron pistas do virus que daba orixe a esa nova e estraña enfermidade. Tan importante e decisivo descubrimento, con todo, non estivo exento de polémica pola loita de autoría entre dous científicos: o francés Luc Montagnier e o estadounidense Robert Gallo, segundo lembra a axencia Efe. Foron dez anos de campaña por cada un dos seus países para facerse co trofeo de tal fito na historia da medicina. Finalmente, en 1994, Estados Unidos rendeuse e acabou por darlle a razón a Montagnier que, con todo, tivo que agardar 14 anos para que o seu traballo fose recoñecido co Premio Nobel de Medicina, que compartiu coa súa colaboradora Françcoise Barré-Sinousse  e co científico alemán Harald zur Hausen, investigador do cancro.

Foron os primeiros pasos dunha investigación que chega aos nosos días centrada na busca da polo de agora inexistente cura definitiva así como na produción de avanzados antirretrovirais máis accesibles e precisos contra o virus.

Malia os grandes avances queda, con todo, moito camiño por diante, posto que o da sida é un virus que chegou para quedar por moitos anos, segundo estiman e prevén os epidemiólogos de Onusida. “O gran fracaso é que, en 30 anos, non se puido crear unha vacina a pesar do moito diñeiro investido”, aseguran. Os logros, máis paseniños, debúllanse a través das cifras que a axencia da ONU facilitou onte mesmo: preto de 1,4 millóns de persoas iniciaron un tratamento con medicamentos antirretrovirais en 2010 e o índice anual de novas infeccións diminuíu un 25 por cento entre 2001 e 2009. Queda, porén, salvar outras que alertan de que cada día se infectan 2.500 mozos, o 65% dos afectados viven en África e o acceso universal ao tratamento está aínda lonxe de ser unha realidade.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: