‘Diario dunha muller pública’

Hai unha máxima topificada segundo a cal o sexo vende. Escoiteino cando botou a andar este blog e repítese sen descanso e ata a fatiga, aventúrome a calcular que competindo coa canción máis cantada -resérvome o dereito a redundar- cada día, segundo as ensinanzas do Trivial Pursuit.

Diario de una mujer públicaO caso de Valérie Tasso é esa máxima levada ao extremo. O seu primeiro libro, Diario dunha ninfómana, (2003), foi un verdadeiro bum. Porque o sexo, digan o que queiran, segue sendo tabú, falar del e ademais facelo en primeira persoa esperta nos ollos lectores certos desexos morbosos e mesmo diría que, en ocasións, didácticos. De experimentadora sexual a prostituta de luxo, a súa historia saltou á gran pantalla para gozo daqueles preguiceiros da lectura que gardan no peto o argumento de ‘xa farán a película’.

Xustamente no pico de éxito dese seu primeiro diario arrinca o que é o seu novo relato sexual, Diario dunha muller pública, que presentou onte en Madrid e no que asegura respectar un estilo literario improvisado -isto é, anotacións súpetas– respecto de todas as relacións xurdidas do ‘fenómeno Tasso’ de 2003. E en especial cun coñecido escritor francés, ao que identifica cun sinxelo e segredo, R. “Cobarde” pero, con todo, “salvador” do tsunami que lle veu enriba tras Diario dunha ninfómana.

Actualmente, e tal e como confesou nunha entrevista con Efe, a sexóloga e escritora está nun momento moi diferente da súa vida, cunha parella estable e cunha filosofía de vida tan tallante como efectiva: “Pase o que pase, todo vai acabar mal, así que deixei de ter medo”, explica Tasso. Hoxe reflexiona sobre a voráxine daquel primeiro éxito e decátase de como “facendo uso da miña liberdade de expresión individual, o que ocorreu é que, paradoxalmente, quedei escravizada por esa liberdade”.

En Diario dunha muller pública, o camiño de prostituta de luxo a estrela televisiva marca con forza as relacións de Valérie co sexo e os homes. No seu carácter insaciable está seguir buscando, con total liberdade, experiencias novas e excitantes…

Por certo. ‘Cumpreanos feliz’. Ese é o tema que máis se canta a diario :)

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. Essays like this are so important to brodienang people’s horizons.

  2. That insight’s just what I’ve been looking for. Thanks!

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: