Os Nuer de África

Dous aspectos destacan das relacións maritais-sexuais dos Nuer africanos: non buscan intimidade para practicar sexo e manteñen un estraño sistema de matrimonios segundo o cal as viúvas sen fillos casan con outras mulleres, ás que posteriormente lles procuran un esposo co que procrear para ter descendencia.

O sexo neste contexto é algo natural co que as persoas conviven desde ben cedo mesmo como espectadores das relacións entre os seus propios pais. A idade de iniciación, xa que logo, é relativamente precoz, e moitas mulleres nuer teñen fillos antes de casar, algo que se lle permite pero que lle rebaixa graos na linaxe: son consideradas como segundas esposas e as dotes a pagar por ela son de menor valor.

Admítese, ata certo punto, o adulterio, mesmo no caso dunha moza que intima co fillo que o seu marido tivo con algunha das súas moitas esposas. E  se queda empreñada, considéraselle vástago dese seu esposo, que sería para nós o avó, e non do pai biolóxico. Da mesma forma, en caso de procreación en situación de viudez -acostúmase ter relacións cos familiares do defunto-, o bebé é fillo do esposo morto.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: