Carlos de la Cruz: “Hai que educar en sexo desde a infancia”

Parece que os sexólogos só nos dedicamos ao que pasa nas camas, cando iso é só unha parte do traballo, non é a única nin probablemente a máis importante”. Sexoloxía alén “de coitos, xenitais, lubricación, e erección”. Esa é a filosofía que promulga Carlos de la Cruz, responsable do Máster de Sexoloxía da Universidad Camilo José Cela (UCJC) e defensor dunha educación desde idades temperás por parte non só dos pais senón dos profesores e dos profesionais da pediatría. E advirte dos grandes erros que comete tanto a sociedade en xeral, limitada polo coitocentrismo, como os propios profesionais, que, malia apoiar a visión ampla da sexualidade, caen ás veces en simplificacións.
Que ten que ver o amor co sexo?
O amor tamén forma parte da sexoloxía, non só son xenitais, coitos, ereccións e lubricación. O sexo tamén son encontros e o que estes significan. E aquí é onde aparece o amor. Nunha relación erótica ou sexual mestúranse xenitais, pieis, fluídos, palabras… pero tamén enmocións e sentimentos, e o amor está moitas veces presente. Algunhas veces precisamente pola súa ausencia. Porque hai quen está nunha relación na que non hai amor pero na que lle gustaría que o houbese. O amor flota ou adoita estar moi preto dos encontros de parella.
 
Dirixe o máster na Universidad Camilo José Cela. Por que un máster en sexoloxía?
É unha necesidade. A sociedade reclama que haxa sexólogos con formación universitaria. Ata agora, a palabra sexólogo usouse de forma moi gratuíta e case por calquera. Pero hoxe en día, unha sociedade na que a sexualidade deixou de ser tabú e empeza a interesar, tamén esixe que as persoas que nos dedicamos a isto ao que se lle chama sexoloxía teñamos formación universitaria. De aí xorde o máster, de intentar ordenar a profesión.
 
Estamos falando dun novo perfil de sexólogo? Como é?
A sexoloxía trata máis cousas das que semella a simple vista. Parece que os sexólogos só nos dedicamos ao que pasa nas camas, e iso é só unha parte do traballo, pero non é a única nin probablemente a máis importante. Está relacionado con todo o que ten que ver cos homes, coas mulleres, con como son, como viven, como se expresan, como se relacionan… hai moitas máis cousas.
 
Promóvense máis máster que formen nesa mesma liña?
A nivel universitario hai algún máis, pero non son suficientes. Ata agora só se formou o que puido e onde puido, e moitos deses sitios son bos. Pero estamos nunha sociedade que regula as titulacións e os perfís profesionais, e fai falta que este tamén estea regulado.
 
Así que temos unha concepción incorrecta da sexoloxía…
A sexoloxía ten que ver con como vivo o de ser home ou muller, que penso que me pide a sociedade en canto a como ten que ser o meu corpo ou os meus comportamentos… É dicir, como son, como me vivo e como me expreso. E en como me expreso falamos de desexos, fantasías, condutas, crenzas, expectativas, medos… Con todas estas variables é imposible que haxa dúas relacións sexuais iguais, aínda que ás dúas lle chamemos coito, e en cada unha delas se mobilizan moitas cousas, corpos distintos, identidades distintas, e valores, crenzas, expectativas, medos… O que ocorre é que ás veces os sexólogos simplificamos ou damos a entender que isto da sexualidade e os encontros eróticos consiste en que acaben ben, querendo dicir con isto que a xente teña orgasmos e exacule, cando resulta que detrás hai outras moitas cousas.
 
A sociedade, a cultura, ata a televisión… Seguimos limitados para expresar a nosa sexualidade?
É a pescada que morde a cola e un nunca sabe quen ten culpa disto ou onde empezou. A tele limita e nós somos limitados, pero como nós somos limitados a tele reflicte a nosa realidade limitada, e entón limita… e aí andamos enredados. Moitas veces dedicámonos a dicir que hai moitas máis cousas, pero nunca as contamos, e acabamos falando de prevención de embarazo, sida e a primeira vez. Hai que romper esa pescada, e falar de amor é unha das vías para facelo. Non lle quitamos importancia ao coito, pero dámoslles importancia a máis cousas.
 
Desde que idades se debe empezar a educar en sexo?
Son categórico. Desde a infancia ata o final. Cando non se fala estase facendo educación sexual, pero a mensaxe que se está transmitindo é ‘isto mellor non falalo, mellor que non apareza’. O silencio mobiliza significados, o de que o sexo é algo que está agochado, do que non se fala. Se non quero transmitir esa mensaxe hai que empezar a falar desde a infancia. O seguinte é: que queremos contar? Facemos sexualidade desde a infancia e limitámonos ao conto da reprodución? Non. Hai tarefas para todas as idades e para todos, os pais e a escola teñen que dar educación sexual, pero tamén, por exemplo, os profesionais das consultas de pediatría.
 
O sexo é un dereito. Recoñecémolo e aceptámolo como tal?
Parece que só atendemos as sexualidades de quen reclama os seus dereitos. Ás persoas con discapacidade, como non piden nada, non lles facemos caso. E cos maiores pasa igual. É importante que tratemos de ver que a sexualidade está tanto en quen pide como en quen non pide. E debemos considerar a todas as persoas como sexuadas. Respectar o pudor dun maior cando o axudemos a espirse, ou que o médico lle advirta se a medicación afecta á súa sexualidade, que non o obvie por pensar que ‘total, como é viúvo ou viúva…’ O obxectivo é non deixalos fóra. Igual que incoroporamos os homosexuais ou a xente sen parella, hai que integrar os maiores e mais os discapacitados.

 Máis coitocentrismo

Carlos de la Cruz
é psicólogo
e sexólogo  

 
Bicos desde o balcón…
Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: