Submisión e dor

A excepción das actividades que atentan contra a integridade, física ou mental, das persoas, respecto todo tipo de prácticas sexuais. Participo de parte delas. Ante outras sitúome como simple observadora. Todas me causan curiosidade. Pero hai un pequeno grupo delas que me provocan certos debate internos.

É o caso do BDSM (Bondage Disciplina-Dominación, Submisión-Sadismo, e Masoquismo). Ao que correntemente nos referimos como sadomasoquismo – sadomaso – sado, e sobre o que versou este venres pasado o programa 21 días de Cuatro, co que me topei e que me forzou, a golpe de látego e coiro, a darlle unhas voltas máis ao asunto na cabeza.

O meu entendemento alcanza o pracer agochado na práctica da dominación, a inmobilización da parella sexual -e a propia- ou o uso da forza como parte do xogo erótico. Pola contra, non alcanzo a comprender a sexualidade da dor extrema. A éxtase da flaxelación ou o gusto por sentirse humillado. E iso que “hai moita tenrura no sado” (practicante dixit)

“Iso non é normal”, comentaba quen me acompañaba o venres noite. Pois non é que sexa práctica minoritaria. “Pois non é racional sentir pracer na dor”, insistía. Racional? Dime un sentimento que o sexa. Ao final debullamos unha conclusión que dicía algo así como que “non é san”. E tampouco me convence tal resumo.

Ao igual que a rapaza do programa, e tras 21 días no mundo do sado, non acabei por sentir pracer ao ver unha muller ‘momificada’ polo seu home -isto é, envolta completamente en film transparente cunha única vía de respiro a través dun buraco na boca-. O que para ela é extasiante, -“De súpeto sinto que deixo de ser a súa muller, que me convirto nun obxecto abandonado na habitación, é moi pracenteiro”- a min me esperta sentimentos totalmente opostos: tensión, anguria e desexos de fuxida.

Pero quen son eu para poñer en dúbida tales sensacións? Que pensará esa muller que adora a momificación respecto dos meus rituais sexuais? Posiblemente ela tampouco entenda calquera pracer alleo ao BDSM.

Como sexa, entre interrogantes poño una cuestión: Admitimos -alén de entender ou non entender- a dominación dun home sobre unha muller? Se o cadro é o dunha submisa ben amarrada e humillada por un violento amo… nos posicionamos realmente como simples observadores? Habería que discutilo.

En conclusión e como resumo dos 21 días en coiro(s), o que máis se me aproximou a unha escea realmente erótica foi ver á inocente e case infantil Adela Úcar enfundándose, da man da ama, no seu primeiro corsé en reglamentario e satinado vermello.

Finalizado o programa, fixo aparición Nacho Vidal para celebrar o 35 aniversario da histórica Sala Bagdad. Pero esa xa é outra historia…

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. XAN DASCRICAS

    Eu estas prácticas non acabo de entendelas, pero hai que respetalas. Iso sí non entendo como a dor poder ser placenteira?

  2. Nela

    Recollo unha reflexión posterior que me fixeron chegar hoxe mesmo:
    “En realidade o que domina é o submiso, pois é quen lle marca as pautas á ama, e esta non fará nada que o primeiro non queira”

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: