Sexsomnes

Durmirse un ou unha mentres practica sexo… Que mala cousa! Pero practicar sexo mentres está un durmindo… Xa falamos doutra cousa. Dun concepto co que topei hai escasos días e que me deixa tan abraiada como intrigada.

Hai pouco que lle puxen nome a esa habilidade que algúns temos para controlar as experiencias oníricas -os chamados soños lúcidos-. E agora descubro que existe unha variante sexual do sonambulismo: o sexsomnio. Isto é, suxeitos que, durmidos, manteñen sexo con eles mesmas ou con segundas persoas de forma inconsciente e sen conservar recordo algún ao sair o sol.

Catalogado como trastorno e tratado pola vía combinada da  psicofarmacoloxía -diván+pílulas-, o sexsomnio relaciónase con situacións de ansiedade, estrés ou consumo de drogas, e non está exento de riscos, como os derivados de non utilizar métodos de protección ou non diferenciar a quen se escolle, nese estado inconsciente, para a sesión de sexo onírico.

Cientificismos e precaucións fóra, non está moi claro se falamos de afectados ou beneficiados, de pacientes ou privilexiados dunha especial habilidade para cumprir as fantasías sexuais no plano físico e alén de simples soños húmidos. Se estes son lúcidos e os ‘sexomnes’ poden decidir como se desenvolven, a experiencia pode ser extasiante. Unha masturbación máis intensa e aberta, un desexo agochado de intimación lésbica ou unha perversión esmagada que se libera do xugo dos prexuizos e tabúes da rutina…

Non parece ser un tema explorando en profundidade. Desde A Fervenza seguiremos indagando. No entanto, non deixedes de soñar e sumar orgasmos…

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. XAN DASCRICAS

    Non me importaría que a miña partener fose sexsonámbula

  2. Pingback: Sexsomnia. Vivencias dos ‘sonámbulos do sexo’ « a fervenza do sur

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: