Demasiado estrés para querer sexo

A tensión e o cansazo son as principais razóns que levan as galegas a pasar do pracer. A timidez, a baixa autoestima e os traumas previos completan a lista. O 30 por cento está plenamente satisfeita e outro 30% merca xoguetes eróticos…

Por timidez, baixa autoestima ou traumas agochados. Son múltiples as razóns que levan as galegas a rexeitaren os momentos de pracer, pero se hai un factor que destaca sobre o resto, este é o estresante ritmo de vida actual. De feito, unha de cada catro apuntan ao cansazo e á tensión como os aspectos que máis directa e negativamente afectan ás súas relacións de parella.

Así se desprende dunha enquisa realizada entre máis de 1.300 mulleres de toda España e coordinada polo colectivo feminino La Maleta Roja, especializado en asesoramento sobre xoguetes sexuais. Concretamente, o 26% das galegas bótalle a culpa dos seus problemas sexuais á fatiga e outro 23% á tensión.

Xunto a estes, aparecen outros factores máis relacionados coa personalidade, como a timidez (puntada polo 20 por cento das participantes na enquisa), a falta de autoestima (16 por cento) e os traumas ocasionados por outras relacións de parella previas (8%), segundo advirte o estudo.

Na mesma liña, e fronte a estas limitacións que o ritmo de vida actual e as experiencias persoais impoñen á hora de obter pracer sexual, o aumento de tempo libre para centrarse nas relacións é a principal demanda das galegas, que o consideran clave para unha maior calidade nas relacións. En efecto, o 19% considera que, de ter máis tempo, gozarían máis do sexo, un obxectivo que sete de cada dez galegas comparten, fronte a un 30% que se manifesta plenamente satisfeita. Con todo, á metade gustaríalles ter relacións con maior frecuencia.

A análise dos resultados da enquisa amosa que ás galegas lles falta botar picante na súa vida sexual, e de feito son elas mesmas as que manifestan o desexo de innovar na intimidade, deixando voar máis a imaxinación e experimentando con novas posturas, un obxectivo mencionado polo 15 por cento das mulleres. Botan en falta, asemade, ter un maior poder de atracción (13%), seren máis atrevidas (12%) e incrementaren a confianza (11%), a comunicación (11%), e a a seguridade nelas mesmas (10%). Ao carón do pracer, o agarimo (9%) é outro dos factores esenciais que mencionan as as mulleres da nosa comunidade.

No entanto, un elevado setenta por cento aplaude o uso de xoguetes e artigos eróticos para mellorar a calidade das súas relacións, pero só un afastado trinta por cento recoñece que comprou durante o último ano algún destes produtos. Lencería, cremas e aceites de masaxe, así como vibradores, son os artigos estrela nas súas listas da compra.

Pero como son, na práctica, as mulleres galegas ante o sexo? A enquisa desvela un alto nivel de iniciativa: seis de cada dez enquisadas aseguran dar o primeiro paso na busca do pracer, mentres que o resto deixa que sexa a súa parella a que acenda os motores. Con todo, a pesar de que 7 de cada 10 galegas opinan que os compañeiros de relacións se preocupan por satisfacelas, só 4 de cada 10 enquisadas aseguran que culminan sempre alcanzando o orgasmo. Aínda así, case 5 de cada 10 mulleres alcanzan a éxtase con bastante frecuencia, fronte ó resto que non o consegue nunca ou o fai en escasas ocasións.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: