Erotismo virtual. Simulación sexual

 kinect

Co bum das videoconsolas de movemento interactivo e, agora, de uso sen mando, era cuestión de tempo que a alguén se lle ocorrese mesturar videoxogos e erotismo. Fíxoo a compañía austríaca ThriXXX, que xa lanzou unha demo para o sistema da XBox (Microsoft) que escanea o corpo do xogador para ‘transportalo’ á pantalla, o coñecido como Kinect.

A “simulación sexual” é a proposta dos austríacos, cuxo ‘video demo’ mostra unha persoa real movendo a man e, de forma virtual, a través do seu avatar, tocando á muller dentro da pantalla. Unha nova revolución no mundo dos xogos eróticos no que, ademais, a parella virtual pode ser deseñada á carta.

O novo xogo, creado con software libre, non pasa, con todo, a ITV de Microsoft, que defende a súa videoconsola como ferramenta de carácter familiar e rexeita outorgar licencias a produtos puramente sexuais.

ThriXXX, compañía especializada no desenvolvemento de xogos eróticos virtuais en 3D, non tenen aínda unha data para o lanzamento da nova proposta para Kinect.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: