Con cubatas de máis e sen condón

Preservativo e pílula son os anticonceptivos estrela entre as as mozas galegas de 18 a 29 anos. Pero o alcol, tamén protagonista do seu tempo de lecer, ameaza con botar por terra a súa efectividade, sexa porque, embebedadas, esquecen de poñer o condón ou porque expulsan a pílula ao vomitar. Un aspecto que aos especialistas lle preocupa ao constatar que máis da metade das mozas nesa franxa de idade van de copas ou fan botellón todas ou case todas as fins de semana. En efecto, case catro de cada dez mozas (37%) recoñece que practicou sexo sen utilizar preservativo ou protección hormonal, motivadas polos efectos dos cubatas.

Así o determina o estudo Ring 2: Sexo, alcol e anticoncepción nas mozas, presentado onte polo Círculo de Estudo en Anticoncepción, e segundo o cal a metade das galegas de 18 a 29 anos consideran que o consumo de alcol elimina as barreiras para practicar sexo.

Existe, por esta realidade, “un maior risco de embarazo non de-sexado”, explicou Esther de la Viuda, xinecóloga adxunta do Hospital Universitario de Guadalaxara e presidenta da Sociedade Española de Contracepción (SEC), quen engadiu, rotunda: “Pódese dicir que existe unha relación entre o consumo de alcol e os embarazos non desexados”.

A especialista incidiu especialmente na necesidade de concienciar dos riscos que supón o alcol para a anticoncepción: o 41,5% das galegas recoñece que nunca se formulou o perigo de vomitar a pílula por mor da borrachera.

Respecto do uso de anticonceptivos, apunta ao condón como o máis utilizado entre as mozas galegas (44 por cento), seguido da pílula anticonceptiva (35%), e, moi de lonxe, o anel mensual e mais o parche semanal (4 por cento en cada un dos casos).

Con todo, os seus desexos e opinións non coinciden con esas porcentaxes: para o 47 por cento o método anticonceptivo ideal é algún de uso mensual, como é o anel, pola comodidade que representa.

Neste sentido, o xinecólogo Ezequiel Pérez Campos, presidente da Federación Española de Contracepción (FEC) destaca que efectivamente detectan “un número crecente de mulleres novas que demandan métodos anticonceptivos hormonais non diarios pola comodidade que representa.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. eu

    O estudo chámase Ring 2… Como a película de medo?

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: