Primeiro bico ou bico da morte?

Presente no 90% das sociedades humanas en todas as súas variantes sociais, familiares, protocolarias, eróticas e íntimas, o bico, preliminar ou postcoital, é a chave que abre ou pecha a porta aos desexos e compatibilidades d@s amantes. Do estudo das súas orixes, tipoloxías e finalidades encárgase a filematoloxía, que en tempos recentes incorpora os últimos achados respecto da carga bioquímica desa universal unión dos beizos.

'O Bico' de Auguste Rodin

‘O Bico’ de Auguste Rodin

Moitas veces caemos no erro de esquecer que, ao fin e ao cabo, somos animais con resquicios instintivos. Alén do papel social e protocolario establecido ao seu redor, os bicos -os esquimais co nariz, os soviéticos na boca, os europeos nas meixelas…- son un auténtico e recíproco exame de compatibilidades e potencial reprodutivo de cara a perpetuar a especie. A clave, unha vez máis, está nas hormonas, vellas coñecidas deste blog de tan curta vida e portadoras de grandes segredos. Efectivamente, na saliva que os amantes comparten cos seus bicos pode estar a razón de que unha parella sexa compatible, a orixe dunha ruptura inmediata, mesmo antes de empezar, ou a causa de non querer repetir a experiencia. En cuestión de segundos, o que prometía ser o primeiro bico acaba por converterse no ‘bico da morte’.

Ao parecer, e segundo constatan varios estudos ao respecto, os homes prefiren dar bicos de boca grande e aberta, húmidos e con gran traballo da lingua. Buscan -e seguimos no plano animal- que a persoa á que bica reciba a maior cantidade posible de testosterona para espertar nela o instinto sexual e preparala para o apareamento. Ao mesmo tempo, recolle mostras dos estróxenos femininos para avaliar o seu potencial reproductivo. Un auténtico exame bioquímico.

Outras ‘drogas hormonais’ entran neste cóctel. Caso da oxitocina ou tamén chamada molécula do amor polos seus efectos de colocón -felicidade, autoestima, seguridade, relax…- que produce, ademais de estar asociada ao orgasmo feminino e ser un potenciador do vínculo emocional.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: