Conchi Landeira: “O problema de base é a carencia dunha educación sexual positiva”

O modelo sexual imperante, xenital e coitocéntrico, da escola do vulgarmente definido como “mete-saca”, debúllase como unha das causas importantes do desexo hipoactivo ou falta de apetito sexual. Non só nas mulleres. A sexóloga Conchi Landeira atende na súa consulta Artem-Amandi de Bertamiráns (Ames, A Coruña) homes que se rebelan contra este modelo tan androcéntrico e contra un mercado de pornografía “moi xenital” que non lles gusta. Os uns e as outras buscan algo máis.

Conchi LandeiraQue papel xoga o stándar sexual actual, tan centrado no coito?
As mulleres veñen á consulta queixándose porque non lles gusta ese modelo sexual imperante, que pode conducir a unha falta de desexo porque todo é moi mecánico, sempre o mesmo. Tampouco ao home lle gusta ese modelo. Dos que veñen á consulta, ningún o defende porque se decatan de que lles gustan outras moitas cousas, son tamén prisioneiros dese modelo. O problema de base é a carencia, de sempre, dunha educación sexual positiva e de información.

Mesmo no mercado do sexo se constata ese “dominio xenital”. O cine porno pouco ten en conta que hai máis que o ‘mete-saca’…
Si, é unha pornografía moi xenital, que á xente lle produce un rexeitamento moi grande. Hai homes que xa se están queixando, que din que tampouco lles gusta. Eu rétoos a que vaian ao mercado a que busquen unha película erótica, que lles excite, pero veñen dicindo: “Non encontramos, é todo sempre o mesmo rollo, parece unha cousa de xinecoloxía…”. A propia sociedade e o propio mercado favorecen a pornografía vulgar, de pouca creatividade. É algo que vén moi de atrás, enraizado na cultura desde sempre, nunha sociedade moi machista. De todas formas, a sexualidade estivo sempre moi oculta e rodeada de tabús, e a iso se limita, a unha visión moi xenital e non á busca de formas de gozar do corpo, que é algo bo, algo san, algo fermoso… Quedou aí oculta, e o oculto faise pouco creativo, máis limitado…

Cúmprese a crenza de que lles custa máis a eles aceptalo ou acudir a buscar unha solución?
Non creas. Si que é verdade que hai homes aos que lles custa máis falar de cousas persoais cun descoñecido, no meu caso unha sexóloga…

E máis sendo muller, non?
Non, ao contrario, séntese moito mellor. E cando acode á consulta é moito máis rápido á hora de contar as súas cousas, vai máis directo, está encantado con que lle soluciones o problema. E segue ben as pautas que se lle marcan. As mulleres son máis dadas a dialogar abertamente, pero podes atoparte con donas ás que lles custa expresarse e dar o paso. Hai que romper o mito. Atendo homes moi sensibles, que queren mellorar e que están moi preocupados por darlle pracer á parella. Eu véxoo na consulta, que é onde se di a verdade. Aínda que logo haberá quen saia e diga por aí que é un macho e que non lle importa nada.

Podemos debullar un perfil do afectado por sexo hipoactivo?
Non. Pero si te podo dicir que quen está estresado laboralmente, ten problemas coa parella, dificultades laborales ou familiares… a unha ampla maioría báixalle o desexo sexual. Na consulta atendo casos de xente desde 18 a máis de 60 anos. De nivel cultural alto ou baixo, con ou sen idiomas, atractivos ou non atractivos…

‘VIAGRA FEMININA’
Actualmente, non existe medicamento para a falta de apetito sexual ou trastorno do desexo sexual hipoactivo (DSH), disfunción que afecta a ata un 40 por cento das mulleres e un 20% dos homes de máis de cincuenta anos en Galicia e cuxo tratamento actual se centra na psicoterapia e en complementos hormonais. Leer máis.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. Ramon Chete

    Excelente entrevista,
    Parabéns nela.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: