Novia guapa, amante ‘sexy’

En que centran os homes a ollada cando teñen unha muller diante? Pregunta tan repetida como esta, sen desmerecer aquela de ‘Tes hora?’ non a hai, seguro que non. Que se os ollos, que se as nádegas, que se os peitos, que sei eu. Que priorizan? Unha cara bonitiña ou un corpo seductor?

A resposta é tan clara como ampla: depende. Se están buscando a relación estable, a compañeira de cama de contrato indefinido, unha nai para os seus fillos, centra a súa atención nos rasgos faciais: queren unha muller fermosa. Para unha cita ocasional ou unha noite de paixón desenfrenada, pola contra, unhas boas curvas maniféstanse esenciais.

Así o asegura un estudo publicado por Evolution and Human Behaviour, e recollido por Europa Press, no que se afirma que a forma do rostro é fonte de información sobre o nivel de fertilidade e constata que o caso das mulleres non dá lugar a tantos ‘dependes’: nun ou noutro suposto, o factor decisivo é a cara.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. Pedro

    “Unha noite de paixón” e “manifestánse esenciais”. Estaría ben que na facultade de xornalismo vos ensinasen a escribir.

  2. Nela

    Erros solventados. Grazas Pedro

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: