Sexo e dereito

Non se acostuma tratar o sexo en termos de dereito. Pero cando a un se lle rexeita a opción de gozar libremente do seu corpo cómpre colocarse nese nivel. As persoas maiores e as discapacitadas tamén teñen vida sexual, pero a sociedade négalles sistematicamente o seu dereito a gozar plenamente do pracer. Guiada por un modelo de “coitocentrismo heterosexual” e aínda moi cegada polos tabús, censúralles a súa liberdade sexual igual que fai co colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.

Sobre este asunto e moitos outros disertarán máis de trescentos expertos invitados en Compostela ao XI Congreso Español de Sexoloxía e V Encontro Iberoamericano de Profesionais da Sexoloxía, que desde hoxe, xoves, e ata sábado converterán a Santiago en centro de operacións das sociedades científicas deste eido e en fala hispana.

Dereitos sexuais, baleiro educativo, disfuncións, sida e acoso online centran gran parte das ponencias de tan importante cita que, cun carácter eminentemente formativo, pretende involucrar os profesionais encargados da investigación, prevención, diagnóstico e tratamento dos principais problemas sociais e de saúde arredor do sexo.

Manuel Varela, uroandrólogo e presidente da Sociedade Galega de Sexoloxía e do Comité Organizador Local do Congreso, desvela as claves do encontro e incide na materia pendente, que se pide “obrigatoria”, da educación sexual desde idades moi temperás para os mozos galegos, que, segundo lamenta o experto, adquiren os seus coñecementos sexuais en internet, sen que conten estes co necesario rigor. Velaquí a radiografía sexual galega.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. PATXUXA

    Esperemos que non sexa como o dereito á folga e haxa piquetes informativos…

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: