O enigma do ‘meneo’ de Travolta

grease

Agachuuu demontuplayen… Ou algo semellante cantaba o lendario Danny Zucko no acto final de Grease mentres tod@s nos preguntabamos que tería ese rebelde envolto en coiro que volvía tolas as mulleres…

Unha investigación acaba de resolver o enigma: os seus vigorosos e nada estereotipados meneos corporais. E é que ao parecer ao público feminino excítano os bailes ‘versión Travolta’, é dicir enérxicos, alleos a coreografías e moi creativos.

Iso é o que conclúe o estudo elaborado por un grupo de investigadores da Universidade de Northumbria (Inglaterra), que destaca que é a maña para coordinar cadeiras, pernas e pescozo cos xiros, o que distingue un bo dun mal bailarín. Os que resultan menos atractivos son, xa que logo, os que apenas se moven e botan man do mesmo paso de forma repetida e continuada.

Os lendarios Elvis Presley, Fred Astaire e Michael Jackson entran con John Travolta na categoría de bailaríns atractivos para as féminas, que atopan nos seus movementos un sinal de boa saúde e unha garantía de gran potencial reprodutivo.

Para chegar a estas conclusións, o grupo de investigadores, liderado polo doutor Nick Neave, pediulles a varios homes con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos que bailasen igual que se estivesen nunha discoteca, pero co laboratorio como pista de baile. Tras captar  mediante gravación os movementos dos danzantes, xeraron unha imaxe dixital –ao estilo dos personaxes da película Avatar – para que fosen visionados, independentemente do físico, por 37 mulleres heterosexuais que, a modo de profesoras, lles puxeron nota aos seus ‘meneos’. Os resultados foron “sorprendentes”.

“Pensamos que os brazos e as pernas serían o máis importante”, explica Neave en declaracións recollidas por BBC Mundo, ao tempo que engade que constataron como “as mulleres poñen máis atención á rexión corporal central”, isto é, torso, pescozo e cabeza, e non só por criterios de velocidade dos movementos, senón pola variedade destes: “Xirar, torcerse, trasladarse e asentir coa cabeza”, apunta.

Pola contra, o público feminino rexeita aqueles con ‘tics’ ou tiróns e os “repetitivos”, que reproducen “a forma de bailar dun avó”.

Unha análise complementaria no marco desta investigación demostrou que, tal e como perciben as mulleres, os mellores bailaríns de entre o grupo de participantes son os que gozan dun mellor estado de saúde, segundo as probas de sangue realizadas nos voluntarios.

“Sabemos agora a que partes do corpo miran as mulleres á hora de valorar o atractivo dun home. Se este coñece cales son os movementos claves, poderá adestrar e aumentar as súas posibilidades de atraer unha muller co seu estilo de baile”, coméntalle o responsable da investigación á publicación Biology Letters, da Royal Society.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. Tu sabes donde está Paco

    Pois na foto está de un sexy que te esfurricas…

  2. Pingback: Cóntame como bailas… « a fervenza do sur

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: