‘PornoChachas’

Se soubese a cantidade de mulleres casadas e con fillos que responden a estes anuncios sorprenderíase. Hai xente que non consegue pagar as contas a fin de mes e está agobiada. En trinta anos neste negocio nunca vira algo así
(Robert Doval, director da Asociación Española de Prostíbulos)

Con isto da crise, e xa sabido que as redes de prostitución masculina están en auxe hai unha semana desmantelábase a primeira rede destas características en España- agora atopamos o rexurdimento dun concepto que, se ben nunca esquecemos, criamos durmido, ou polo menos un tanto agochado: o das pornochachas.

‘Empregadas eróticas’, lin hai uns días nunha reportaxe en BBC Mundo. Un termo máis acertado, pois quizais aquelo das pornochachas é un concepto que roza o despectivo. Ou quizais non, este debate nunca está claro para min.

Polo visto, coa tan mentada crise económica, aléntase a tendencia á diversificación ocupacional das empregadas do fogar. Ou ao contrario: das mulleres que venden o seu corpo. O caso é que a situación se está producindo, e desde colectivos como a ONG Amunod xa alertan deste novo tipo de explotación que atopa na debilitada coxuntura económica a súa mellor aliada.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. PATXUXA

    Pobriñas…Que triste que alguén demande un servicio ásí. HAi que ser vicioso (por non dicir outra palabra máis forte). ¡Que vaian sachar!

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: